domingo, 25 de julio de 2010

Día de Galicia

Noutro 25 de xullo para a grandeza histórica do noso pobo.

Os que somos firmes amantes da nosa terra non nos é alleo a celebración dun día que para nós dura todo o ano.

Os que cremos en Galicia e nos seus feitos propios sen complexos abordaremos sempre o leal compromiso coa terra dos nosos avós fronte aos que propugnan por asemellarnos máis a outra cousa próxima á que propugnan "os sacerdotes do independentismo" cun idioma que o Pai Sarmiento, gran investigador da fala popular galega, Novoneyra e a propia Rosalía de Castro non apadriñarían.

Galicia, sempre aberta a Europa e ao Mundo.

domingo, 18 de julio de 2010

Despois das "Dúas", está a Terceira España

Hoxendía os nosos dilemas resólvense xeralmente de maneira pacífica, aínda que non sempre ocorreu isto na nosa historia.

As situacións políticas de crispación e división adoitaban resolverse coa indecente interpretación das armas e a forza contra os declarados como subversivos ou, simplemente, contra os que pertencían a bandos ideolóxicos diferentes.

Se por algo debemos render tributo é por nacer nunha época de gloriosa liberdade de expresión.

Sempre se falou das históricas dúas Españas como dunha relación a matar que foi real e que marcou, posiblemente, a máis cruel e terrible descrición da España recente, como o foi a Guerra Civil, quedando no medio esa España que buscaba a prosperidade, a que eu chamo a terceira España.

Esa España que se quería sumar ás nacións cun réxime liberal e constitucional que respetase os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, esa España que para min é na que vivimos agora.

A España que puxo en escena a Separación de Poderes (agora moi cuestionada); a reposición da soberanía nacional; e o recoñecemento da diversidade e pluralidade de todos os pobos de España con feitos diferenciais como as dispares linguas, culturas e tradicións que existen.

É o bando ao que pertenzo hoxe, a esa España que lle permitiu á miña terra, Galicia, ter o que lle debe ser propio, o autogoberno das súas administracións políticas e a protección da súa existencia como pobo, sen exclusións nin confrontacións contra os nosos irmáns do resto de España.

jueves, 15 de julio de 2010

Celestino Pichel

Este é un dos vídeos subidos a youtube coa emotiva homenaxe a Celestino Pichel con motivo do Premio Entre-Culturas que lle outorgou a Deputación Provincial.

Emigrante cotobadés que cruzou o Atlántico cara o ano 53, e quen neste momento é o gaiteiro de maior idade da nosa emigración.


lunes, 12 de julio de 2010

Campeones del Mundo



Ya lo pronosticó un cefalópodo.

Lo viví con mis amigos en la Plaza de A Ferrería en Pontevedra.

Estamos afónicos.

Iker, Pedrito, Ramos, Villa, Iniesta, Xavi, Cesc, Alonso... han honrado a tantos otros futbolistas que no pudieron gozar de la gloria celestial que supone tocar el campeonato del mundo.

Han hecho olvidar por unos días las penas de muchos que lo están pasando mal y también recordar que la inmensa mayoría de ciudadanos de esta vieja nación sigue teniendo un espíritu identificador con ella.

Para mí 4 jugadores claves que, por ciertas acciones concretas, han sido decisivos para España: Casillar, Puyol, Villa e Iniesta.

España, Campeona del Mundo.

sábado, 3 de julio de 2010

O poder municipal a debate

Hai sectores políticos en España, tanto da esquerda con representación minoritaria como da dereita recentralizadora, que están a aproveitar o debate da crise para atacar a Organización Territorial de España.

Entre este debate xorden, ao mesmo tempo, voces serenas e reflexivas sobre a conveniencia ou non da fusión de municipios pequenos ou da posibilidade de mancomunar certas prestacións, así como, segundo a quen lle interesa, a supresión das Deputacións Provinciais.

Falando de fusión, aínda que puidese haber certo consenso entre os partidos políticos do arco parlamentario sobre o réxime local , que alcalde daría o seu beneplácito sen oposición a unha posible fusión con outro municipio, dándose o debate identitatio que supón cambiar os límites territoriais do pobo e os termos municipais para ser absorvido por outro?

Son un defensor da fusión de municipios pequenos. Mesmo, e sería o máis realista, mancomunar certas prestacións, creando redes de prestación de servicios entre concellos limítrofes, o que aforraría custos, multiplicaría a eficiencia e tamén a optimización dos resursos.

O concello, como administración máis próxima ao cidadán, é prestadora de servicios que responden ás necesidades específicas dos seus veciños.

O que si tería que estar máis controlado son as actuacións dos gobernos municipais que en certos casos gobernan a man de prevaricación e adxudicando obras e servicios sen concurso e, en moitos casos, nos que sí o hai non hai seguridade xurídica, dándose cuestións en que un concurso de adxudicación se publica e dura o tempo xusto para que só as empresas amigas poidan optar nestes casos.

jueves, 1 de julio de 2010

VIII Congreso de Novas Xeracións

Hoxe a Xunta Directiva das Novas Xeracións convocou un Congreso Rexional para o día 31 de xullo, que servirá para suceder ó equipo que estes anos liderou María Seoane Romero.

Co visto bo do Secretario Xeral dos populares, Alfonso Rueda, as NNXX prepararanse para un tempo ilusionante, de fonda actividade, onde os candidatos que se queiran presentar terán por diante a obriga de patear toda Galicia, as locais de NNXX e exercer un contacto permanente cos miles de afiliados da organización política xuvenil do PPdeG, aínda que, sobre todo, será un período de debate interno, no que agardo non haxa moitos exabruptos que desperten diferencias persoais, para as que algúns non nos prestaremos nin estaremos presentes, mais sí para o debate interno se alguén quere pasar consulta.

Novas Xeracións ten que ser a parte máis viva e activa do partido, na que as persoas que queiran aportar sumen; que os compañeiros que teñan puntos de vista diferentes non sexan vetados ou condeados ao ostracismo, accións máis propias doutras organizacións como a laboura de control que exerce a dirección da UPG en Galiza Nova.

Dou por seguro que será un debate sosegado, tranquilo e prudente, mais co firme compromiso de ser a correa de transmisión entre os sectores xuvenís galegos e o noso partido.

Sumar por adicción.

É a humilde opinión dun simple militante desta organización.

Saúdos.