viernes, 29 de octubre de 2010

O PP de Cotobade denuncia a despreocupación do Goberno local ante a paralización da obra da N- 541

• “A obra leva preto de 6 meses parada pola falta de compromiso do Ministerio de Fomento e a permisividade e pasividade do Goberno local co seu goberno amigo do PSOE”.

Cotobade, 28 de outubro de 2010. –

O PP de Cotobade denuncia a “despreocupación e a ineficacia” do Goberno local ante a paralización da obra de reparación da estrada N-541 ao seu paso por Viascón.

Os populares cualifican como “totalmente lamentable que cando se están a punto de cumprir dous anos e medio do desprendemento da N-541, só estea executado o 50% da obra, xa que “leva preto de 6 meses parada pola falta de compromiso do Ministerio de Fomento e a permisividade e pasividade do Goberno local co seu goberno amigo do PSOE”.


Desde o PP local consideran “preocupante que o alcalde, o socialista Manuel Loureiro, nunca esixira o impulso definitivo desta obra, nin mediara de maneira firme entre o Ministerio de Fomento e a empresa adxudicataria, a pesar de que os problemas con esta obra veñen desde o primeiro día”.

A mellora desta estrada, de competencia estatal, é unha demanda reiterada e constante desde hai varios anos, agravada desde o gran socavón que se produciu no 2008, e que continúa sen acabar pola “tranquilidade e a deixadez” do Goberno local que nunca deu pasos firmes que permitiran o remate final dunha obra que “xa nos cheira a todos os que pasamos a diario por esta estrada”.

Ante esta situación e as constantes peticións dos veciños, os populares esíxenlle ao Goberno local que explique o porqué da súa “pasividade ante a paralización desta obra e que axilice, coa maior brevidade posible, os labores de arranxo”, máxime tendo en conta que se trata dunha das vías de comunicación máis importantes da provincia, ao servir de enlace entre a capital e os concellos de Cotobade, Cerdedo, Forcarei e a área do Deza.

martes, 26 de octubre de 2010

Jorge Cubela nomeado presidente da xestora do PP de Cotobade

Cotobade, 26 de outubro de 2010-


A Xunta Directiva Provincial someteu onte a aprobación a conformación da xestora que se encargará da dirección do partido en Cotobade.

A militancia do PP xa propuxera, o pasado mes de setembro, a Jorge Cubela como posible candidato do Partido Popular á alcaldía de Cotobade, e á espera de que o Comité Electoral Provincial tome unha decisión definitiva, foi nomeado presidente da xestora do Partido Popular desta localidade.

A intención de Cubela é comezar agora “un traballo decisivo para o PP local de cara ás eleccións de 2011, xa que o obxectivo do Partido Popular neste momento é que os veciños coñezan de primeira man o proxecto do PP, independentemente de quen sexa o candidato”.


O novo presidente local asegura que “o labor do Partido Popular vai de seguro atraer e sumar máis xente á estrutura do partido, pois temos unha idea clara do que queremos para o noso municipio en sectores primordiais como o económico, laboral ou cultural que de seguro van resultar do interese de todos e que pensamos transmitir a través do percorrido por todas e cada unha das parroquias e con reunións veciñais”.


El PP nombra a Cubela presidente de la gestora en Cotobade (La Voz de Galicia)

El PPdeG ratifica la gestora de Cotobade y la candidatura de Jorge Cubela (Diario de Pontevedra)

domingo, 10 de octubre de 2010