Eu afirmaba que a UPG, organización fundada en 1964, definíase nos seus estatutos como "comunista patriótico", e Tevye, permonorizadamente dixo que iso fora nos estatutos da súa fundación... pois ben, deíxovos un link, bastante actualizado, cos actuais estatutos de dito movemento, os cales seguen expresando a afirmación que eu fixen de organización "independentista" e "comunista":
UPG
Artigo 2
A UPG como partido comunista e patriótico que asume a loita de liberación nacional ten por obxetivos:
A) O impulso e apoio dunha ampla frente nacionalista que mobilice e organice ao noso povo na loita pola autodeterminación e o exercício da soberania nacional.
B) A autoorganización do noso povo a nível político, sindical, asociativo, etc... que implique a total independéncia orgánica e política necesária para garantir a liberación nacional e social de Galiza...
Artigo 4
A U.P.G., como partido nacionalista galego, considera que o inimigo principal do povo galego é a burguesia monopolista española, que domina o aparatao do Estado, através do cal, contando coa colaboración da burguesia intermediária interna, mantén unha opresión capitalista colonial en Galiza.
Eu respeto o ideario dos partidos políticos democráticos, aínda que eu estea nas antípodas das súas principais ideas, pero ante os meus principios non podo manterme calado.
Se o PSOE na súa deriva por conquistar o poder e manterse nel a toda costa, incluso a costa da opinión de moitos dos seus líderes; a costa de liquidar a Constitución, o benestar de Galicia, o galeguismo integrador, e a aceptación constitucional de Galicia, quere facelo, o PP non pode caer nas mesmas tentacións.
Ante as vindeiras eleccións autonómicas, o mapa político de Galicia pode variar sensiblemente en favor dun ou doutros partidos.
O nacionalismo e a apropiación dos símbolos patrimoniais por parte do BNG é un invento de pouca monta para xustificar posicións mal entendidas sobre os nosos maiores devanceiros galeguistas -como Castelao- e para xustificar obras mal comprendidas como Sempre en Galiza, no que Castelao defendía un Estado federal español, no que estaría integrado Galicia, pero non para defender un estado plurinacional co recoñecemento como tales de Galicia, País Vasco e Cataluña, e quedarse o resto do país en "castela" ou a saber que outro nome lle porían ás comunidades do resto de España.
Que vaia quedando claro que as primeiras posturas do Partido Galeguista foron autonomistas e federalistas, non nacionalistas.
O PPdeG foi sempre un partido caracterizado pola súa fidelidade ós principios que inspiran a Constitución española e o Estatuto de Autonomía, normas fundamentais dos cidadáns galegos, máis tamén se caracterizou por ser o único partido estatal que mantivo o poder dunha maneira estable e coa fortaleza que dan as urnas nunha nacionalidade histórica, gracias a que sempre os seus dirixentes Fraga, Cuíña, Palmou, etc... traballaron en prol do pobo, do seu progreso e nas verdadeiras necesidades de Galicia coas ideas do galeguismo reformista, do galeguismo constitucional, é dicir, do recoñecemento da identidade de Galicia dentro dos límites da Constitución, e da defensa da nosa identidade sen a exclusión dos demais.
Se por iso, se para que o Goberno da nosa autonomía volva a recuperar o rumbo, temos que seguir traballando sobre estas ideas para volver ao Goberno da Xunta de Galicia así o faremos, pero se pola contra hai que renunciar a elas como fixo o PSOE, se dado o caso non se loga unha maioría suficiente para gobernar, pactando cun partido, o BNG, cuia sombra política encuberta reside na UPG e que defende coas ideas contidas nos seus estatutos a liquidación do Estado, dos acordos contidos na Constitución aprobada polas Cortes Xerais e ratificada polos cidadáns -como titulares da soberanía nacional- e do verdadeiro espíritu de Galicia non nacionalista, todo aquilo polo que se loitou durante tanto tempo en Galicia e en España -a igualdade dos españois e o recoñecemento da identidade de Galicia dentro da Constitución- darían visto o seu final se seguimos cun goberno paralelo a Esquerra Republicana de Cataluña. Por sorte, o PP prefire pasarlle en 24 escanos ó nacionalismo e non gobernar, que aceptar a sumisión e o abandono dos principios como fixo o señor Touriño no seu afán de aparecer nas páxinas da historia galega.
Nin a maioría dos galegos somos nacionalistas, nin independentistas, nin queremos que nos impoñan o seu catecismo ideolóxico.
A día de hoxe só unha persoa como Feijoo cun partido político forte, moderado, cohesionado, e coas ideas claras pode devolver a Galicia ó sitio que lle corresponde en España e en Europa, fóra das ocorrencias ás que nos acostumaron Quintana e Touriño durante 3 anos.









