jueves, 12 de mayo de 2011

Cultura, Educación e Xuventude

POLÍTICAS CULTURAIS, EDUCATIVAS E DE XUVENTUDE

• Brindar dende o Concello todas as facilidades para que a cultura sexa un movemento vivo,
que recorra as arterias da sociedade e chegue ata o último rincón do municipio.
• Reforma do Local da Banda de Música en Auditorio con aulas, e un espazo onde facer concertos.
• Creación dunha Escola Municipal de Música que atraía ós nenos e nenas ó coñecemento da
música e ó mundo dos instrumentos.
• Creación da Casa da Cultura e espazos para a difusión cultural descentralizados.
Mellora e acondicionamento dos Locais Parroquias, colaboración coas Casas do Pobo para o
fomento de actividades.
• Apoio para proxectos dinamizadores da cultura nas prazas e nos lugares das parroquias.
• Recuperación da Memoria dos persoeiros máis destacados de Cotobade.
• Recuperación e posta en valor do patrimonio histórico cultural de Cotobade.
• Fomentar a creación e a participación de entidades que formen un tecido asociativo amplo e
plural.
• Fomento do asociacionismo de mulleres, maiores, veciños e culturais, a través do asesoramento
na creación de asociacións, adaptación dos estatutos á nova lei, solicitude
de axudas, etc.
• Actos culturais: Animación á lectura, presentación de libros polos seus autores, exposicións
de pintura e fotografía, cursillos, charlas-coloquios, fomento de debates.
• Defensa do patrimonio
• Posta en valor dos saberes populares e a súa transmisión como valores.
• Creación, promoción, desenrolo e autoxestión de colectivos culturais (grupos de música, artísticos,
folclóricos…)
• Programa de Apertura dos centros educativos públicos fóra do horario escolar: clases de
reforzo escolar gratuítas para o alumnado dos CEIP.
• Apoio ás iniciativas xuvenís.
• Apoio de intercambios europeos para os xóvenes de Cotobade.
• Promoción de actividades extraescolares.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Medio Ambiente

SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGAS

• Dotar de rede de saneamento integral a todas parroquias do concello.
• Renovación e ampliación de redes de distribución de auga nas traídas de augas municipais.
• Colaboración coas traídas de augas parroquiais na súa modernización.

POLÍTICAS MEDIO AMBIENTAIS, PROXECTOS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO
NATURAL, AGRICULTURA E GANDERÍA

• Compromiso inequívoco de axilizar os trámites e entregar nos dous primeiros meses de
mandato os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Carballedo-Rebordelo ós
seus propietarios.
• Promover concentracións parcelarias con acordos veciñais.
• Revalorizar as fincas concentradas, facilitar os accesos ós propietarios e servir de impulso
económico ás parroquias concentradas.
• Desenvolvemento de proxectos que protexan os nosos petroglifos e conxuntos prehistóricos
e etnolóxicos (Ferraduras de Fentáns, Outeiro do Lombo da Costa, Portela da Laxe, Porteliña
da Corte… Petos de Ánimas, Menhires, Mámoas…
• Creación dunha aula da natureza.
• Aposta polas enerxías renovables.
• Promoción e revalorización dos Espazos da Rede Natura.
• Rutas medioambientais: Creación, sinalización, mantemento e promoción de rutas medioambientais.
Promover o seu coñecemento en guías turísticas.
• Modernización de infraestructuras rurais (cercas, vaiados, límites, pasos de gando en liberdade).
• Comprometer o apoio do Concello para o impulso de proxectos dinamizadores.
• Comprometer o apoio do Concello para o acceso a líneas de axuda de todo canto xestiona
AGADER.
• Agricultura ecolóxica: Creación de plantas de compostaxe para a reutilización do lixo orgánico
dos fogares e a súa transformación en compost orgánico para usar nas ortas.
• Incentivar o cooperativismo agrícola e gandeiro mediantes acordos coas administracións
provincial e autonómica.
• Mantemento dun sector agrario sostible.
• Promoción e impulso da cría de razas gandeiras e avícolas autóctonas.
• Promoción da gandería ecolóxica en feiras e eventos de gastronomía en Cotobade.
• Incentivar a actividade cinexética como medio de atracción turística e dinamización social da
zona.



Con Alfonso Rueda, Begoña Estévez e Carlos Boullosa no Mitin de Presentación da Candidatura en Tenorio.

martes, 10 de mayo de 2011

Jorge Cubela, como pez en el agua

Jorge Cubela, como pez en el agua (Voz de Galicia)

Es joven, muy joven, tiene solo 22 años. Y quiere ser alcalde. Quizá por eso, por el entusiasmo de la juventud y esas ganas de hacer cosas, Jorge Cubela, candidato popular a la alcaldía de Cotobade, conoce desde hace años el funcionamiento de las redes sociales mejor que todos aquellos que ahora, en el momento de la verdad, se han dado cuenta de que, o se ponen las pilas, o se quedan atrás.

Van de la mano con su generación, crecieron a su ritmo, las conoce desde que tímidamente empezaron a nacer y ahora, ante los comicios del próximo 22 de mayo, Cubela no desperdicia su destreza, se remanga la camisa, y compagina su campaña a pie de calle con una enérgica y eficiente actividad en sus perfiles virtuales. En ellos, el cabeza visible de los populares de este municipio pontevedrés es osado, decidido, se expresa casi siempre en gallego y se autodefine como «xoven», «comprometido» y «galeguista». Son sus tres pilares básicos. Él mejor que nadie demuestra que la juventud no es incompatible con la experiencia.

El blog es el arma más fuerte del niño bonito y aplicado de los populares. Fue puesto en marcha en el año 2007 bajo el lema «El centro es el sitio ideal en política». Desde entonces, aquel chaval que ya apuntaba maneras en política comenzó el relevo de entradas, actualizadas con regularidad, que se suceden hasta el día de hoy sobre una foto de un paisaje gallego de fondo. A la derecha, una larga lista de etiquetas adelanta los eslabones sobre los que se encadena el blog: Galicia, España, Pontevedra, ideología, deportes y universidad encabezan el repertorio de informaciones.

Sus perfiles virtuales, tanto en el adolescente Tuenti, como en Facebook y Twitter, se balancean entre su actual campaña política y un, cada vez más sutil, carácter personal. Algo que la mayoría de los candidatos dejan de lado y que, sin embargo, es un punto a favor si de verdad quieren mostrarse cercanos a los ciudadanos. Porque siempre resultará más creíble un perfil menos serio y rígido que el típico perfil desbordado de propaganda política que acaba por saturar a sus seguidores y contactos.

La carta de presentación de Cubela en Facebook no es más que una única frase extraída del discurso Alba de Gloria de Castelao: «Podemos imaxinar unha Santa Compaña de Inmortais Galegos en interminable procesión...». Por lo que se ve en su perfil, es fan de Los Suaves, no le importa lo más mínimo la vida de Belén Esteban, estudia derecho en la Universidade de Santiago y es fiel seguidor del Real Madrid. Más de mil amigos siguen cada uno de sus movimientos en la red social y en sus álbumes de fotos hay tema para rato: desde el cartel de su candidatura con un sonriente Jorge «centrado en ti» hasta instantáneas formales en actos del partido, pasando por recortes de periódico, posados con otros miembros populares, divertidas fotografías del popular de fiesta con amigos, en un equipo de fútbol y echando unos bailes disfrazado de vaca. Sentido del humor no le falta.

Algo más monótono, su muro se estructura con mensajes comprometidos, promesas de cambio, comentarios de apoyo a su candidatura y enlaces a su otro perfil público de Facebook: «Cotobade Desperta, Cubela Alcalde!». Cubela se define en esta página como liberal y centrista. Su película favorita, La lista de Schindler. Sus gustos: las novelas históricas, Internet, el cine, salir con los amigos, los eventos culturales y estar con la familia. Una ventana abierta a su labor política de donde se descuelgan vídeos, apariciones en medios de comunicación o enlaces a informaciones de otros candidatos de su misma color político.

En Twitter, Cubela se tira a la piscina y escoge como nombre de usuario @alcaldecubela. Si algo tiene el veinteañero es las cosas claras y una entrega evidente a su vocación política. Su perfil en el microblogging, creado hace escasos dos meses, todavía no ha terminado de arrancar. Quizá el popular ha esperado demasiado para unirse a la última red social. Hasta hoy cuenta con solo 20 tuits, 52 seguidores, y más de 60 usuarios a los que seguir. Tímidas cifras si se comparan con las de otros aspirantes a las alcaldías gallegas.

sábado, 7 de mayo de 2011

Carta ós veciños

Amigas e amigos,
como candidato á alcaldía do noso pobo quero presentarvos ós compoñentes da candidatura
do Partido Popular de Cotobade, un equipo formado por persoas ilusionadas, comprometidas
con este concello e dispostas a dalo todo para situar a Cotobade no lugar que realmente lle corresponde e que actualmente non ten.

Queremos representar a Cotobade e ós seus veciños con ilusión e con orgullo e, sobre
todo, queremos poñer todo o noso esforzo e traballo ó servicio do municipio. Por iso,
tras un percorrido directo por todas as parroquias do noso concello e despois de manter
numerosas reunións e xuntanzas veciñais, dende a candidatura do Partido Popular de
Cotobade elaboramos un programa de actuación que tamén vos queremos presentar e
no que se recollen as nosas principais liñas de traballo e os obxectivos de xestión para
acadar a transformación do noso municipio. Un proxecto baseado en 10 puntos claros.
Querido veciños, queremos traballar por un futuro mellor, co compromiso firme de facelo
para todo o pobo, para que Cotobade non perda o tren do avance, para que recupere a súa
forza, a súa vitalidade e o seu peso nas administracións.
Ese é o meu único obxectivo: loitar por colocar a Cotobade no lugar que lle corresponde
na provincia e en Galicia. Mentres Cerdedo, Ponte Caldelas, Campo Lameiro, A Lama e
Forcarei medran, Cotobade leva 4 anos totalmente durmido, pero iso é o que non queren
os nosos veciños, o que queren e necesitan os veciños é ter os mesmos servicios que
os municipios do lado, o que queren é que Cotobade teña o mesmo que os Alcaldes dos
concellos do noso contorno impulsan e xestionan nos seus concellos.
Vimos a servir a Cotobade e non a ser servidos. Algo que queremos reiterar a todos os
veciños e veciñas de Cotobade.
Nós vimos a traballar a eito por impulsar Cotobade, por patear os despachos da Deputación
e da Xunta de Galicia para buscar investimentos e para atraer ó noso pobo proxectos
que nos fagan medrar.
Cotobade necesita ter novas ilusións, e por iso queremos contar co teu apoio o vindeiro
22 de maio.

COTOBADE

Jorge Cubela
Candidato á Alcaldía polo Partido Popular

viernes, 6 de mayo de 2011

miércoles, 4 de mayo de 2011

martes, 26 de abril de 2011

O PP de Cotobade súmase á concentración convocada polos veciños para esixir o remate das obras da N-541

Os populares alédanse de que “por fin, o alcalde dea a cara” ao lado dos veciños

O PP de Cotobade súmase á concentración convocada polos veciños para esixir o remate das obras da N-541

• Jorge Cubela incide en que “o PP seguirá defendendo sempre aos veciños de Cotobade” e reclama a implicación directa de Loureiro “que tiña que ser o que liderase as reclamacións ante o Goberno de Madrid e non ir a rebufo”


Cotobade, 26 de abril de 2011. –

O Partido Popular de Cotobade respalda, como xa fixera nunha asemblea veciñal celebrada en Viascón, a convocatoria promovida polos veciños desta parroquia, de Parada e de Tenorio para esixir o remate das obras da N-541.

O presidente local do PP en Cotobade e candidato á alcaldía, Jorge Cubela, amosou hoxe o “seu apoio total e o de todo o partido” a unha reclamación veciñal que consideran “de xustiza”. “Non é de recibo que a pouco menos de 2 anos desde que se abriu o socavón nesta estrada, os condutores que transitan por esta vía e os veciños do municipio sigan tendo que sufrir as consecuencias da parálise e da ineficacia do Goberno central e o esquecemento no que ten a este municipio”, asegura Cubela.

O candidato popular alédase de que “por fin, o alcalde dea a cara e se poña ao lado dos veciños”. “Non sabemos onde estivo ata agora”, asegura Cubela, para quen o rexedor local “tiña que ser o que liderase as reclamacións dos veciños e veciñas ante o seu goberno amigo de Madrid e o que se erguese en defensor dos intereses do seu pobo, que é ao que se debe, e non ir a rebufo da iniciaitva social”.

O presidente local dos populares, que asegura que “o PP seguirá defendendo sempre, como fixo ata agora, os intereses dos veciños e veciñas de Cotobade”, está convencido de que a concentración do vindeiro un de maio “vai ser un verdadeiro clamor, que esperamos que sirva para que, dunha vez por todas, se atendan as máis que xustas reclamacións dos veciños”.

Por iso, agarda que os veciños reciban o apoio de todos os partidos políticos “porque é moi importante a suma de forzas”.

domingo, 24 de abril de 2011

O PP de Cotobade renova ao 100% a súa candidatura

Cotobade, 22 de abril de 2011.-

O Partido Popular de Cotobade preséntase aos próximos comicios municipais de maio cunha candidatura renovada ao 100% con respecto á presentada nas eleccións municipais do 2007.

O candidato popular, Jorge Cubela, proposto por unanimidade polos militantes do PP de Cotobade nunha xuntanza celebrada en setembro, elixiu con total liberdade, e co apoio dos afiliados, aos integrantes da candidatura que o PP presenta no municipio.
Cubela intentou ademais que todas as parroquias do concello estiveran representadas así como a incorporación de membros de colectivos veciñais, culturais e deportivos do concello, e explica que “escolleu a xente que quere traballar por Cotobade, que están en contacto cos veciños, e que por suposto, coñecen os verdadeiros problemas do concello”. “Unha candidatura de 38 anos de media”.

A lista componse de 21 membros. Tralo primeiro e segundo posto ocupados por Cubela e Fernando Vázquez Corbacho, no terceiro posto figura Jaime Godoy Paz, natural de Tenorio, presidente da Comunidade de Augas da Laxe, membro da directiva das escolas deportivas de Cotobade e membro da banda de música de Tenorio.

O cuarto e quinto posto ocúpano dúas mulleres, María Pichel Lois, veciña de Viascón, diplomada em Ciencias Humanas e encargada da Biblioteca de Viascón, e Mª Galiza Aguete Dorrío, veciña de Valongo autônoma e licenciada en psicoloxía.

O neto do ex alcalde Moncho Abal, Javier Lois Abal, que traballa nos Almacéns de Tenorio Celso Míguez e vive en Caroi, figura no sexto lugar. O sétimo e oitavo posto ocúpano Julio Jácome Maias, de Borela e Fren Rivas Suárez de Sta. María de Sacos.
Nos números 9, 10 e 11 figuran tres mulleres, Mª Carmen López Gesteira e Nely Fernández Viñas, ambas de Almofrei e Margarita Rodríguez Arosa empregada na Piscifactoría de Carballedo e membro da Comunidade de Augas de Loureiro.

En canto aos suplentes figuran Nicasio Rivas Ogando de Aguasantas, Juan Carlos Pazos Barros de Fentáns, Mª Josefa Fontenla Rodríguez, autónoma da hostelería, Bruno Portela Leiro Borela, Ruth Barros Barros, Casiano Cuiñas Domínguez, Raquel Touriño Casal. Carballedo., secretaria de organización do PP de Cotobade, Jorge Diz Ventín, Jose Pichel Iglesias, ambos de Tenorio, e Miriam Tierno Rey.

O candidato á Alcaldía do Partido Popular dará a coñecer publicamente a candidatura do PP nos próximos días, cun acto aberto a todos os veciños de Cotobade.

miércoles, 6 de abril de 2011

• Os populares reuniranse o próximo sábado cos veciños de Parada e Viascón

Tras o accidente ocorrido esta mañá na N-541
O PP de Cotobade lamenta que a pasividade de Fomento ante o socavón da N-541 poña en risco a vida dos condutores
• Os populares reuniranse o próximo sábado cos veciños de Parada e Viascón

Cotobade, 6 de abril de 2011.–
O candidato popular á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela, denuncia que a pasividade do Ministerio de Fomento ante o socavón da N-541 en Viascón, estea a poñer en risco a vida dos miles de conductores que circulan a diario por esta estrada.

Tras varios accidentes ocorridos nesta vía, o último esta mañá, Cubela insta ao alcalde de Cotobade, Manoel Loureiro, a que esixa de maneira urxente a finalización desta vía, antes de que se produza unha traxedia na que haxa que lamentar consecuencias maiores. “Por sorte, no accidente ocorrido hoxe, non houbo feridos graves, pero non se pode esperar a que haxa un accidente grave para tomar medidas”.

Nesta liña, Cubela sinala que “é inasumible e vergonzoso que non se arranxara aínda un socavón que leva aberto case dous anos, a pesar de tratarse dunha estrada nacional pola que transitan miles de condutores ao día”, sinala Cubela.

O PP de Cotobade convocará aos veciños de Parada e Viascón a unha reunión o vindeiro sábado ás 20 horas, na casa do Pobo de Viascón para recoller as opinións dos veciños e apoialos se cren necesaria unha mobilización.

“Debería ser o propio alcalde o que esixira a actuación do Ministerio de Fomento, pero despois de tanto tempo está claro que, ou non lle fan nin caso, a pesar de que teñen a mesma cor política, ou está tan despreocupado por este tema que non esixe as responsabilidades que debería como alcalde”, “non se pode consentir que o Alcalde de Cotobade antepoña os intereses do seu partido que os do propio concello” conclúe Cubela.

jueves, 31 de marzo de 2011

Fernando Vázquez Corbacho intégrase como nº2 na lista do PP de Cotobade

Cotobade, 31 de marzo de 2011.-

Fernando Vázquez Corbacho será o número dous na candidatura do PP, así o confirmou o candidato á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela. Fernando súmase ao proxecto do PP porque está convencido de que o noso proxecto é a única alternativa de goberno válida neste momento.

Un gran coñecedor da realidade de Cotobade porque leva traballando 25 anos como carteiro nas parroquias de Carballedo, Caroi, A Corredoira, Rebordelo e As Lagoas. “Súmome con absoluta lealdade a un proxecto integrador, ilusionante e comprometido con todos os veciños de Cotobade e porque estou convencido que Jorge Cubela é o Alcalde que Cotobade necesita ”, asegura Fernando Vázquez.

Os demais nomes da lista daranse a coñecer nos próximos días, aínda que Cubela asegura que a candidatura do PP será o reflexo de todos os veciños de Cotobade e das súas parroquias, sumando a xente de diferentes asociacións, colectivos veciñais, culturais e deportivos, xente representativa de nosos pobo, ilusionada, seria e comprometida con Cotobade e co seu futuro.

Este concello necesita aire fresco e o PP pódello ofrecer con persoas que saben das necesidades dos veciños e que cren no proxecto que o PP ten para os próximos anos.

En palabras de Cubela “Para Cotobade é o momento do cambio. É o momento en que se vai a decidir o futuro dos próximos 4 anos do noso concello e estamos asumindo o reto comprometidos con todos os veciños, por enriba de ideoloxías, traballaremos para todos”.

jueves, 24 de febrero de 2011

O 26 de febreiro celébrase a presentación oficial de Jorge Cubela, candidato do PP á alcaldía de Cotobade

• A cita será ás 17.30 horas na antiga “sala Peña”, en San Xurxo de Sacos

Cotobade, 24 de febreiro de 2011.–

Tras ser proposto por unanimidade polos militantes do PP de Cotobade e ratificador polo Comité Local, O PP de Cotobade celebra o próximo sábado, 26 de febreiro, a presentación do candidato á alcaldía, Jorge Cubela. A cita será ás 17.30 horas na antiga “Sala Peña”, en San Xurxo de Sacos.

Está previsto que ao acto asista o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, a secretaria provincial, Begoña Estévez, Deputados Provinciais, Autonómicos e Estatais, polas Senadoras e por José Manuel Cores Tourís, membro da executiva provincial e delegado territorial.

Cubela estará arroupado tamén polos Alcaldes dos Concellos limítrofes, por outros candidatos populares da provincia, especialmente da comarca de Pontevedra, por membros de Novas Xeracións, así como tamén están convidados todos os veciños que desexen asistir.

jueves, 17 de febrero de 2011

O PP de Cotobade acusa ao BNG de “mentir con descaro” sobre a Lei de Augas

• Cubela, considera que “Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral con esta Lei, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

• O candidato popular garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga


Cotobade, 16 de febreiro de 2011. –

O PP de Cotobade acusa ao BNG local de “mentir con descaro” aos veciños sobre a Lei de Augas a través de charlas informativas.
O candidato popular á alcaldía, Jorge Cubela, considera que Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

Cubela incide en que esta Lei aplícase co fin de que Galicia cumpra coa normativa europea e lembra que o canon galego será o segundo máis barato de España.

Neste senso, Cubela garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga, ao igual que os usos gandeiros, agrícolas e forestais, que tamén quedan exentos do pago do canon”.

O candidato popular manifestou que “é lamentable que os nacionalistas teñan que utilizar falsidades e manipulacións para tentar achegarse aos veciños, en lugar de actuar e esixir responsabilidades no Goberno local”.

Así mesmo Cubela insta ao candidato nacionalista a que “se preocupe máis polos cartos que lle supoñen aos veciños as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas, cartos tirados cos que se poderían destinar para proxectos de traídas de augas en moitas parroquias, algo que en 8 anos non fixeron”.

sábado, 12 de febrero de 2011

Cubela: "A xuventude de Cotobade, desencantada coa política, volverá votar en maio"

O candidato popular á alcaldía de Cotobade participou nos encontros dixitais que se están a desenvolver na convención do PP en Santiago

Cubela: “A xuventude de Cotobade, desencantada coa política, volverá votar en maio”

• A razón principal que o motiva a presentarse como candidato á alcaldía é a necesidade de cambio que se vive en Cotobade


Cotobade, 12 de febreiro de 2011.-

“A xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero volverá votar en maio, porque verá un proxecto que os motiva e que ten futuro”. Así asegurou hoxe o candidato popular á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela, en resposta ás preguntas dos internautas que contactaron con el nos encontros dixitais que se están desenvolvendo na convención que o PP de Galicia está celebrando en Santiago.

Na sala dos ciberpopulares, Cubela respondeu a todas as preguntas que lle formularon, e deu algunhas pinceladas do programa electoral que o PP de Cotobade ten pensado presentar no municipio pontevedrés.

Cubela asegurou que a dotación de servizos básicos como o abastecemento de augas, a creación de solo industrial, para evitar que os empresarios e autónomos do concello se asenten noutros muncipios como ata agora, ou a construción dun centro médico novo nas parroquias da zona alta do concello van ser actuacións prioritarias se o PP logra a alcaldía.

NECESIDADE DE CAMBIO

O mozo popular asegurou que a principal razón que o motiva para presentarse como candidato a lograr a alcaldía de Cotobade é a necesidade de cambio que vive o municipio, “o actual alcalde non só non cumpriu as expectativas que creou senón que non soubo manter o que estaba xa feito”.

Unha das cuestións que máis interese suscitou é como un mozo de 21 anos se decidiu a presentarse como candidato do Partido Popular. Cubela definiuse como centrista, galeguista e liberal, ideoloxía recollida nos estatutos do PP, partido co que se identifica.

Jorge Cubela sinalou que conta con todo o apoio da familia, especialmente co do pai, que estivo involucrado directamente na política municipal ao desempeñar durante 16 anos o posto de tenente de alcalde. Nesta liña, asegurou ademais que os seus amigos e veciños máis novos tamén “están contentos e volcados coa decisión tomada”.

Apuntou ademais que actualmente “a xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero a ilusión e o compromiso do PP co futuro do noso concello, farán que volvan votar en maio”.

sábado, 5 de febrero de 2011

viernes, 4 de febrero de 2011

Cubela denuncia que “o concello de Cotobade paga a 4 alcaldes que non fan a función de un”

Os populares critican os salarios “astronómicos” do alcalde socialista e dos concelleiros nacionalistas.

Estes soldos supóñenlle ás arcas municipais un custo que ascende aos 124.943 euros anuais


Cotobade, 3 de febreiro de 2011.-

O PP de Cotobade critica a cifra de 124.943 euros anuais que lle supoñen ás arcas municipais os soldos do alcalde socialista, Manoel Loureiro, e de dous concelleiros do BNG, Lina Garrido e Emilio Iglesias, contanto este cunha asesora ás súas costas.
Jorge Cubela cualifica de “despilfarro” a cantidade destinada anualmente ao pago destes salarios “astronómicos”.

“Os veciños de Cotobade estamos pagando a 4 alcaldes, pero os 4 xuntos non fan a función de un”, “en Cotobade hai dous gobernos, o Goberno do PSOE e o Goberno do BNG, que traballan cada un por libre co absoluto beneplácito do Alcalde”.

Os populares consideran “excesivos” estes soldos e consideran que se deberían ter eliminado as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas Lina Garrido e Emilio Iglesias, “xa que cobran ao ano máis que moitos veciños de Cotobade, aínda que coa diferenza de que eles son traballan 4 horas semanais”.

A dedicación parcial do concelleiro de Promoción Económica, Emilio Iglesias, supón un custo anual de 22.365 euros, a mesma cantidade que cobra ao ano a tenente de alcalde e concelleira de cultura e deporte Lina Garrido.

“Os concelleiros nacionalistas pasaron de cobrar 1.200 euros ao ano na anterior lexislatura a cobrar máis de 1.200 euros ao mes, por traballar 4 horas á semana” apunta Cubela. “Todo un privilexio que hoxe en día non se pode permitir, e menos tendo en conta a difícil situación económica pola que están pasando tantos veciños de Cotobade”.

Os populares apuntan que o soldo do rexedor local ascende a 54.735, dos que percibe 40.545 euros máis 14.120 euros por seguridade social.

A suma destes soldos supuxeron nesta lexislatura un total de 500.000 euros, a cargo dos fondos municipais, e que evidencian “que o pacto de Goberno é máis un pacto de reparto de soldos ca de goberno, onde non hai nin plainificación nin xestión, máxime se consideramos a ineficaz e inexistente xestión que realizan os membros do actual goberno local”.