martes, 23 de marzo de 2010
I Xornadas sobre Dereito Actual
Dende Foro Alumnos De Dereito presentamos as Primeiras Xornadas sobre Dereito Actual, coa convalidación de 2 Créditos de Libre Configuración para todas as Titulacións da USC.
Cunha temática moi interesante, participarán entre 30 e 40 relatores ao longo das 9 sesións que duran as xornadas.
En resumo, falaremos dende "Medidas de conciliación da vida familiar e laboral", pasando polo "Concerto Económico Vasco", "A vixencia e reforma Constitucional", ou un debate entre Deputados das diferentes forzas políticas parlamentarias sobre "A necesidade ou non de Reformar o Estatuto de Autonomía", "A Lei de Caixas", "O Tratado de Lisboa", etc... entre outros moitos interesantísimos temas.
Para calquera cuestión, contactade connosco en fad.usc@gmail.com
Un saúdo compañeir@s!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario