Outra convocatoria electoral dentro da USC.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/descargas/CLT_ELECTOS_PROV.pdf
Se en decembro a Facultade de Dereito conseguira chegar ao 25% de participación nas Eleccións a representantes de alumnos na Xunta de Facultade, coa cifra de 499 votantes, algo sen precedentes na nosa Facultade, estas últimas Eleccións a Claustro conseguiuse chegar ao 30% de participación, uns 540 votantes, cifra récord nestas Eleccións nunha Facultade.
Cando a media de participación nos centros da USC é do 10%, a Facultade de Dereito, hexemónica en canto a prestixio e excelencia entre as titulacións xurídicas de Galicia, pode estar moi satisfeita por conseguir que por fin os alumnos da nosa Facultade participen cada día máis na elección dos seus representantes. E estou convencido, como así tamén o manifestou o noso Decano, que o aumento da participación está moi directamente vinculada á aparición de Foro Alumnos de Dereito, asociación gañadora indiscutible das últimas dúas Eleccións, tanto a Xunta de Facultade como a Claustro.
Esta é a miña segunda etapa dentro do Claustro da USC, xa participei activamente nos dous últimos anos e así penso seguir facéndoo, polo compromiso que teño cos meus compañeiros e coa Institución Académica que representa a USC.
Para min é un orgullo poder dicir que en todas as listas nas que concorrín cos meus compañeiros en Dereito foron as gañadoras.
A nosa lista, Foro Alumnos de Dereito, obtivo un resultado moi compacto, de non máis de 9 votos entre o primeiro dos nosos candidatos e o terceiro, o cal me agrada especialmente xa que se demostra que os nosos compañeiros apostan unitariamente na súa papeleta por FAD, como así tamén ocorreu coas Eleccións a Consellos de Departamentos.
Finalmente, como Presidente de FAD, douvos as gracias por confiar en nós e por manifestarvos a favor nosa cando as críticas superaban o político e chegaban ao persoal, sobre todo, contra a miña persoa, polo cal vos estou especialmente agradecido.
Graciñas.
*Comparación dos votos que tivemos en decembro e os que tivemos agora. Ambos case entre os 230 e os 240 votos.
Decembro:
Jorge Cubela López, 238 votos.
Rubén Miranda Gonçalvez, 237 votos.
Rubén Barros Iglesias, 236 votos.
6 de maio:
Rubén Miranda Gonçalves, 237 votos.
Jorge Cubela López, 233 votos.
Rubén Barros Iglesias, 228 votos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario