Ben é coñecido pola chaira desta terra que o recoñecemento da libre sindicalización como un dereito fundamental recollido pola norma constitucional, que segue estando vixente, é un exercicio que os traballadores deste esnaquizado Estado teñen dereito a seguir promovendo.
Pero...
Nun Estado cunha débeda pública, un déficit orzamentario, un paro abismal e unha crise que xa non afecta só ao sistema produtivo e laboral do páis, senón tamén ao sistema administrativo do conxunto do Estado, o noso Goberno, elixido democraticamente, manda a golpe de decretazo, co silencio irresponsable dos sindicatos durante estes dous anos.
A folga do pasado martes xa só evidencia o escaso peso social que os líderes sindicais se gañaron gracias a converterse en señoritos de moqueta na Moncloa, deixando á súa sorte a millóns de parados, sabedores estes últimos de que a forza das subvencións do Estado para as organizacións sindicais farían dos necios aquel negocio do que cala outorga.
Creo firmemente que cando se exercen cargos de representación o ben dos teus representados debe estar por encima de intereses de poltrona propios se dunha coherencia ética queres seguir presumindo.
Xa só queda que o Goberno do Presidente máis irresponsable que elixiron as urnas do noso país nomee a eses señores de moqueta compoñentes activos ou, mellor dito, pasivos do Ministerio de Traballo e abandonen o liderado dos seus respectivos sindicatos.
Por que en lugar de conxelar as pensións, reducir o 5% do soldo aos funcionarios e subir o IVE, o Goberno da Nación non reduce a partida de 16 millóns de euros que concede para actividades sindicais? total...
ou que?
No hay comentarios:
Publicar un comentario