Diego Gago é o próximo Presidente Provincial de NNXX de Pontevedra.
É o único candidato. Foi capaz de aunar a todos e seguro que formará unha candidatura forte e potente, onde toda a provincia estará representada.
Cando unha persoa é capaz de garantir a unidade interna dunha organización ten un mérito enorme, sobre todo, nos procesos congresuais, onde en moitos casos as posibilidades de máis candidaturas, síntoma de riqueza e de debate, poden acabar nalgúns casos en guerras fraticidas entre compañeiros.
Estou seguro que Diego o fará moi ben, porque ten ilusión, forza e vai seguir revitalizando e formando xuntas locais no marior número de concellos posibles como xa viña facendo Javi Dorado, o Presidente sainte.
O día 11, sábado, agardo que vaiades á Biblioteca de Marín, onde se celebrará o Congreso Provincial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario