O candidato popular á alcaldía de Cotobade participou nos encontros dixitais que se están a desenvolver na convención do PP en Santiago
Cubela: “A xuventude de Cotobade, desencantada coa política, volverá votar en maio”
• A razón principal que o motiva a presentarse como candidato á alcaldía é a necesidade de cambio que se vive en Cotobade
Cotobade, 12 de febreiro de 2011.-
“A xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero volverá votar en maio, porque verá un proxecto que os motiva e que ten futuro”. Así asegurou hoxe o candidato popular á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela, en resposta ás preguntas dos internautas que contactaron con el nos encontros dixitais que se están desenvolvendo na convención que o PP de Galicia está celebrando en Santiago.
Na sala dos ciberpopulares, Cubela respondeu a todas as preguntas que lle formularon, e deu algunhas pinceladas do programa electoral que o PP de Cotobade ten pensado presentar no municipio pontevedrés.
Cubela asegurou que a dotación de servizos básicos como o abastecemento de augas, a creación de solo industrial, para evitar que os empresarios e autónomos do concello se asenten noutros muncipios como ata agora, ou a construción dun centro médico novo nas parroquias da zona alta do concello van ser actuacións prioritarias se o PP logra a alcaldía.
NECESIDADE DE CAMBIO
O mozo popular asegurou que a principal razón que o motiva para presentarse como candidato a lograr a alcaldía de Cotobade é a necesidade de cambio que vive o municipio, “o actual alcalde non só non cumpriu as expectativas que creou senón que non soubo manter o que estaba xa feito”.
Unha das cuestións que máis interese suscitou é como un mozo de 21 anos se decidiu a presentarse como candidato do Partido Popular. Cubela definiuse como centrista, galeguista e liberal, ideoloxía recollida nos estatutos do PP, partido co que se identifica.
Jorge Cubela sinalou que conta con todo o apoio da familia, especialmente co do pai, que estivo involucrado directamente na política municipal ao desempeñar durante 16 anos o posto de tenente de alcalde. Nesta liña, asegurou ademais que os seus amigos e veciños máis novos tamén “están contentos e volcados coa decisión tomada”.
Apuntou ademais que actualmente “a xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero a ilusión e o compromiso do PP co futuro do noso concello, farán que volvan votar en maio”.
8 comentarios:
A xunventude de Cotobade está desencantada porque Cotobade é un concello que non ten nada, e a non ser que veña un xeque árabe desos, compre todo e empece a construir e a facer cousas...estamos apañados...ninguén da un duro por Cotobade...
¿Cales son as medidas concretas que propós para fomentar o emprego xuvenil? Non fagas o mesmo que Rajoi cando lle fixeron esta pregunta...(ehh...ummm...ehhh...no entiendo mi propia letra...lamentable!)
Volverán a votar para volver a desencantarse... ¡¡¡¡y que siga la rueda de esta fantástica, sexy y joven democracia!!!!!!!!!
Eso es cierto, porque para estas elecciones...vaya opciones...
PP - Cubela
BNG - Anxo
PSOE - ese...
En fin!lo mejor es no votar!
Si la gente está desencantada por algo será.
Alvaro. F
Cubela, vuelve...
Publicar un comentario