jueves, 14 de julio de 2011

Visita Institucional á Deputación


Cotobade, 14 de xullo de 2011.


O Alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, foi recibido no día de hoxe polo Presidente da Deputación, Rafael Louzán, para comezar a pór en marcha os proxectos que Cubela quere axilizar para o seu municipio como resposta ás demandas dos veciños.

Entre as propostas a tratar, o Presidente Da Deputación comprometeuse con Cubela a apoiar a creación dunha primeira fase dun Polígono Industrial, co fin de asentar poboación e impulsar economicamente Cotobade, tendo en conta a súa proximidade a Pontevedra.

Entre outras cousas, Cubela expúsolle a Louzán o seu interese en impulsar un Campo de Tiro Olímpico en Cotobade, para o que xa conta co apoio da Federación Galega de Tiro e da Comunidade de Montes de Borela.

Cubela solicitou tamén o acondicionamento das Carballeiras de Famelga e San Xusto, así como o campo da festa de Parada de Tenorio, o que Louzán apuntou como prioritario tendo en conta a proximidade das festas e a xuntanza da terceira idade.

O proxecto de Internet a banda ancha, Repoblar, foi outra das cousas das que Cubela lle plantexou ao Presidente.

No hay comentarios: