miércoles, 21 de marzo de 2012

O CONCELLO DE COTOBADE DOU COMEZO AS ACTIVIDADES DE APOIO A OBTENCION DO TITULO DE GRADUADO EN ESO.



Como xa anunciou con anterioridade, onte comezaron as actividades formativas para favorecer a obtención do título de Graduado en ESO no Concello de Cotobade.

As clases comezaron con dous grupos de aproximadamente 25 alumnos, un de 09:30 a 11:30 da maña, e outro de 19:30 a 21:30 para poder ofertar un horario axeitado ás necesidades do alumnado, previa avaliación inicial mantida con cada un dos alumnos.

A duración das clases é de luns a sábado e dous mestres especializados prepararán aos alumnos nas áreas de comunicación : lingua española, estranxeira e literatura, de coñecemento científico - tecnolóxico: ciencias da natureza, e de coñecemento social: historia, xeografía, historia da arte e educación para a cidadanía.

Este programa atende a diversidade de mozos e adultos asesorando e apoiando o estudo das materias que teñan que superar para acadar o título, así como ás convocatorias das probas, materiais precisos, o acceso a estudos superiores, etc.

As clases teñen lugar no Multiusos de Carballedo e prolongaranse ata a segunda convocatoria de exames que caerá a principios do mes de setembro.

O Concello considera que é necesario elevar o nivel de formación básica e cualificación profesional da poboación adulta, e fomentar, á vez, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a participación democrática.

No hay comentarios: