martes, 27 de octubre de 2009

De costas ao país

[Artigo publicado no Diario de Pontevedra na páxina 26 do día 29 de outubro]

[Artigo pubicado en La Voz de Galicia, edición Pontevedra, na páxina L15 do día 30 de outubro]



A pasada fin de semana as mocidades do BNG celebraron a súa undécima asemblea para renovar aos dirixentes da súa organización, Galiza Nova.

Democraticamente, Iria Aboi, actual secretaria xeral da organización, que lideraba a lista da UPG, obtivo o 60% dos apoios, demostrando a hexemonía que a sección que lidera o BNG ten entre a militancia nova da súa organización.
Pola súa banda, as listas de Proposta Militante, liderada por Noa Presas, e de "Entre tod@s, Galiza Nova", sumaron ao redor do 40% conxuntamente.

Alégrame que, sobre todo, os mozos que conformaban a lista auspiciada por Máis BNG desmarcáranse da radicalidade e do desnorte ideolóxico das teses que defendeu Iria Aboi e que se puideron ler nunha entrevista concedida a Faro de Vigo a pasada semana. Critican que os actuais dirixentes queiran integrarse nunha federación internacional da que forma parte a liga xuvenil socialista Kim Il Sung de Corea do Norte.

Iria Aboi e o seu equipo teñen toda a lexitimidade para propor estas formulacións, pero defender a "respectables personalidades garantes dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas" como Fidel Castro, Hugo Chávez, ou os gobernantes de Corea do Norte, ou os modelos de Iraq e Afganistán, é estar nas máis neglixentes posicións políticas e ancorarse en ideoloxías afastadas da rúa, da sociedade civil e, por riba de todo, do carácter integrador dos galegos e da galeguidade.

Non teño nada especial contra Iria Aboi, mais, sen embargo, se estas son as posicións ultras que marcan o BNG, a actual dirección de Galiza Nova e, polo tanto, o aparello extremista da UPG, que controla ao principal partido nacionalista galego, nunca poderán ser referencia para os mozos nin garantía de moderación para Galicia e para a defensa dos máis elementais principios democráticos si ao que se aspira é a ser a "Esquerra Republicana Catalá-Galega". A deriva ideolócixa xa se puido observar nas pasadas eleccións europeas rompendo o pacto Galeuscat por apoiar unha fronte con Esquerra Republicana e Aralar. Este novo rumbo emprendido polo BNG semella que é seguido polos mozos da formación que aspiran ó poder e non a representaren á mocidade

Poño de exemplo en congresos que a actual Presidenta de Novas Xeracións, María Seoane, conseguiu triunfar e gañar un congreso rexional a unha candidatura oficial, cousa que vexo improbable ocorrese en Galiza Nova, xa que aquí manda o aparato e non as bases.

Antepor as ideas e os principios ao peloteo para sumarse á traizón e ao carro dos cargos considéroo acto de admiración, pois rastreros hainos en tódolos sitios e xente que só aparece cando hai poder sobra.

Dende aquí o meu aplauso e o meu recoñecemento aos mozos de Máis BNG, que representan a modernidade dentro do seu partido, por ser a alternativa máis coherente e por declarar os principios da actual Galiza Nova de costas ao país.

Pódense gañar congresos democraticamente, mais outra cousa é se as ideas que gañan son democráticas, non?

15 comentarios:

Anónimo dijo...

La última frase lo resume y describe perfectamente.
Enhorabuena Jorge

Ikarus dijo...

Sin duda, alegra ver que dentro de tanta oscuridad y segundas verdades como oculta esa facción de Galiza Nova aún queda gente menos radical.

Anónimo dijo...

hola jorge!
un articulo muy bueno, no pudiste plasmar mejor hacia que camino esta llendo el BNG, defendiendo esas izquierduzcas bananeras gobernados con PERSONAJES ajenos a toda logica y hacen de su nacion una dictadura.
Pero tambien se puede leer en tu articulo la manera de ganar o dejar de ganar congresos y elecciones internas en tu partido, dando una vez mas como ya lo diste hace un par de meses buen ejemplo de democracia y valentia. y con unas ideas claras y compañerismo que a otros arruinan.
Un abrazo muy fuerte, fiel amigo.
PEPON

Anónimo dijo...

Eu síntome membro da dinastía histórica dos grandes galeguistas. O que hai por agora son membros e membras no BNG.

Anónimo dijo...

Non tes nin idea paisano.

1: Iria Aboi non concedeu entrevista ningunha ao Faro de Vigo.

2: Toda a información que os medios usaron para contaminar o proceso procede de envíos de notas de prensa e filtracións interesadas das mocidades do quintanismo (MSG).

3: Nas teses de Galiza Nova non se menta en ningún caso a Corea do Norte.

4: Tampouco en ningún caso se toman como "modelos" os casos de Iraq, Afganistán, Cuba ou Venezuela.

5: Destacados membros da lista da MSG votaron a favor de recoller a independencia de Galiza nos textos (a UMG non). Carallo coa moderación.

6: Precisamente, as mocidades de +BNG non se destacan pola súa coherencia. Boa mostra é o seu apoio en varias comisións a unha feroz crítica á xestión de Teresa Táboas á fronte de Vivenda e Solo. Dase a circunstancia de que a propia Táboas é unha das súas grandes referentes.
Dependendo con quen falen, poden ser de esquerda radical ou moderada, anti ou independentistas, todo vale para adquirir a simpatía do obxectivo.

En definitiva, que non somos parvos, esa forma de actuar ten o percorrido que ten, e asi lles vai: 60 votos (10 máis que os integrantes que tiña a súa lista), 20% e 5 membros na Dirección nacional, a dous ou tres votos de quedarse en 4.

Anónimo dijo...

Chámalle bluff.

Jorge Cubela dijo...

Este artigo está feito contrastando informacións aparecidas no Xornal, na Voz de Galicia, lendo foros e demais testimonios dos participantes na Asamblea.

Iria Aboi xa ten loubado en moitas ocasións aos rexímenes de Cuba, Venezuela e demais. O da federación internacionalista é certo, ou polo menos non houbo contra réplica nos medios por parte da executiva de GN.

Un saúdo "amiga"

Anónimo dijo...

"lendo foros"...la leche.

No es que sorprenda ya a alguien que no tengas ni puta idea en general, lo que sí que nunca deja de sorprender es la ambivalente y extraña relación que mantienes con el nacionalismo, especialmente sabiendo que pese a tu triste intento de parecer moderado, todo el mundo sabe que no lo eres.

Anónimo dijo...

Buff, sí. María-"nonestoulicenciada"-Seoane é toda unha heroína (pola adicción que crea). E non hai dúbida ningunha de que o PP é un gran exemplo de democracia interna.

Sísar dijo...

Viendo la cantidad de anónimos aquí reflejados parece que esta vez has dado en la diana Jorge. Hoy te leí en La Voz, sigue así. Un abrazo

Jorge C. dijo...

No suelo perder mucho tiempo en responder a anónimos "valientes", pero contigo haré una excepción por cobarde.

"especialmente sabiendo que pese a tu triste intento de parecer moderado, todo el mundo sabe que no lo eres".

Te invito a decir nombres. No creo que para todo el mundo sea un radical cuando puedo tener el honor de haber recibido el apoyo del 56% de los participantes en mi facultad, tú? "señor moderado".

Luis dijo...

La verdad es que el artículo de opinión me ha parecido bastante acertado, aunque no hubiera estado de más introducir un poco del batiburrillo ideológico que tienen los cachorros de los "moderados" de +BNG o +Galicia o como diantre se llamen.

Que conste que la talibán de Iria Aboy ha mejorado con los años, si la escucharas hace 8 años te parecería Kim Gon Il, pero de todas formas el radicalismo creciente de la organización es lo más preocupante. Porque entre otras cosas no creo que represente ni de lejos al votante joven del bloque más o menos prototípico que como muchísimo será federalista, por lo menos entre los que yo conozco, que no creo que sean pocos.

Los cachorros de los moderados son unos radicales, los de la UPG son castristas... y los de Isca andan cerca deponer bombas.

Yo me pregunto si los electores del BNG saben realmente a quién están votando, porque cuándo llega la campaña ellos se hacen socialdemócratas, no separatistas y lo que haga falta... pero mira lo que pasa en sus congresos...mira lo que sale de sus estatutos...mira con quién van a las europeas...

Y a la gente le da igual.

Anónimo dijo...

Había otra "candidatura oficial" a la que María Seoane venció en un congreso "democrático"?...
Acabo de enterarme... Tal vez sea cierto ese de que "ganan las ideas y no el peloteo"... coño Jorge! como a Sísar no dejas de sorprenderme...

Jorge C. dijo...

Dá la cara con tu nombre y me molestaré en contestarte. Pero a lo mejor tú ya sabes mejor que yo todo. No me hagáis perder el tiempo que estoy muy ocupado.

Emmanuel dijo...

"Iria Aboi e o seu equipo teñen toda a lexitimidade para propor estas formulacións, pero defender a 'respectables personalidades garantes dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas' como Fidel Castro, Hugo Chávez, ou os gobernantes de Corea do Norte, ou os modelos de Iraq e Afganistán, é estar nas máis neglixentes posicións políticas e ancorarse en ideoloxías afastadas da rúa, da sociedade civil e, por riba de todo, do carácter integrador dos galegos e da galeguidade."

Gracioso que diga esto un que toma como referente a Adolfo Suárez, ex-secretario xeral de Falange, e ex-ministro do movemento, esas formacións que tanto representaban á galeguidade e a democracia.