•A cita será o xoves 23 de decembro, ás 21.30 no restaurante Manolo en Viascón
Cotobade, 16 de decembro de 2010.-
A seis meses das eleccións municipais, o Partido Popular de Cotobade consolídase e segue a traballar, cada vez con máis forza, unido e trazando novas estratexias, para acadar o obxectivo último: un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar de todos os veciños do municipio.
Despois de saír elixido por unanimidade presidente da nova xestora do PP en Cotobade e posiblemente o próximo candidato á alcaldía, Jorge Cubela conta agora co apoio de Novas Xeracións da provincia de Pontevedra e cos mozos do municipio nunha cea organizada para a ocasión. A cita será o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 no restaurante Manolo de Viascón.
Deste xeito, todos aqueles mozos interesados en asistir a esta cita, de importante relevancia para NNXX e o PP de Cotobade, poderán sacar a súa entrada chamando ao teléfono 605 043 967 ou ben poñéndose en contacto a través do correo electrónico jorge.cubela@hotmail.com, o prezo 20 euros por persoa.
3 comentarios:
que ben se vos da esto de comprar votos a base de churrascadas!É típico no rural e polo que vexo en cas todos os sitios de Galicia.Moita sorte.
Panem et circenses!
Compra de votos ningunha, é unha cena á que asiste quen quere, pagando o seu prato.
Panem et circenses, Iso facíao o Bipartito cando QUintana organizaba os bailes e bailaba cos maiores para facerse a foto.
Saúdos.
Publicar un comentario