sábado, 25 de diciembre de 2010

Discurso de Jorge Cubela na cea de NNXX en Cotobade

jueves, 16 de diciembre de 2010

O PP de Cotobade e NNXX celebran unha cea de Nadal para a xuventude en Viascón

•A cita será o xoves 23 de decembro, ás 21.30 no restaurante Manolo en Viascón

Cotobade, 16 de decembro de 2010.-

A seis meses das eleccións municipais, o Partido Popular de Cotobade consolídase e segue a traballar, cada vez con máis forza, unido e trazando novas estratexias, para acadar o obxectivo último: un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar de todos os veciños do municipio.

Despois de saír elixido por unanimidade presidente da nova xestora do PP en Cotobade e posiblemente o próximo candidato á alcaldía, Jorge Cubela conta agora co apoio de Novas Xeracións da provincia de Pontevedra e cos mozos do municipio nunha cea organizada para a ocasión. A cita será o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 no restaurante Manolo de Viascón.

Deste xeito, todos aqueles mozos interesados en asistir a esta cita, de importante relevancia para NNXX e o PP de Cotobade, poderán sacar a súa entrada chamando ao teléfono 605 043 967 ou ben poñéndose en contacto a través do correo electrónico jorge.cubela@hotmail.com, o prezo 20 euros por persoa.

lunes, 6 de diciembre de 2010

O PORTAVOZ DO PP EN COTOBADE SOLICITOU A COLABORACIÓN DA XUNTA NA EXECUCIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA DE VILANOVA EN TENORIO

Cotobade, 6 de decembro de 2010.-

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu nas últimas horas ao portavoz do Partido Popular de Cotobade, Jorge Cubela, quen lle transmitiu algunhas inquedanzas e solicitudes dos veciños do municipio en relación a futuros proxectos da administración autonómica.

Concretamente, Cubela presentoulle ao delegado territorial o proxecto de abastecemento e distribución de auga para as vivendas do lugar de Vilanova na parroquia de Tenorio.

“Este proxecto é prioritario e moi necesario para os veciños do lugar”, asegurou o portavoz popular en Cotobade. “Así o explicaron durante a asemblea que mantiven con eles recentemente”.

Jorge Cubela solicitoulle a Cores Tourís que dera traslado desta petición á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de cara a que se poida executar “canto antes”.

Trátase dun proxecto que roldaría os 63.000 euros e que permitiría levar auga a tódolos veciños da zona. “Suporía a execución da rede secundaria”, explicou o portavoz popular, quen avanzou que tamén solicitou, fai uns días, á Deputación de Pontevedra a execución do enganche da rede xeral ata o depósito.

Actualmente, segundo engadiu Cubela, esta poboación non dispón de rede de abastecemento de auga municipal polo que as únicas contribucións a tal efecto son as dos pozos artesáns, chegando a ter un pozo por vivenda como mínimo.

“O feito de non existir colectores de auga nin rede de saneamento complica a potabilidade da auga dos pozos e que no verán algúns destes pozos se sequen”, concluíu Jorge Cubela.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra comprometeuse a dar traslado desta solicitude á consellería correspondente.