viernes, 28 de mayo de 2010

Polas tradicións

Momentos hisóricos trascendentais: Os mártires de Carral; o provincialismo; o Rexurdimento; O rexionalismo; As Irmandades da Fala; O Seminario de estudos galegos; O Partido Galeguista; A Xeración Nós; ou a Editorial Galaxia...

Temos escritores como: Rosalía de Castro; Pondal; Pintos; Cabanillas; Fole; Otero Pedraio..

Ideólogos como: Brañas; Murguía; Bóveda; Castelao; Casares Quiroga; Piñeiro; Albor...

Historias boas e non tan boas; gloriosas e algunhas que terían mellor destino no ostracismo.

Valores, crenzas e costumes heredadas dos nosos antergos.

Tradicións que as nosas xeración heredamos das anteriores e que, por estimalo valioso, legaremos ás seguintes.
Tradicións que pola súa vitalidade seguen a renovarse na súa duración no tempo.

Galicia, na historia, é o resultado da tradición e da modernidade.

martes, 25 de mayo de 2010

Con case o 60% dos votos, Casares Reitor.



Onte tivo lugar na USC a segunda volta das Eleccións a Reitor, nas que Juan Casares Long obtivo a victoria co case 60% dos votos, arrasando en Dereito tanto en Profesores coma en Alumnado.

Dende aquí felicitalo pola claridade e a limpieza da súa victoria.

Moita sorte!!

domingo, 23 de mayo de 2010

Debate entre os candidatos a Reitor da USC. Parte I



Debate entre os candidatos ao Reitorado da Universidade de Santiago, Juan Casares Long e Lourenzo Fernández Prieto, celebrado na Facultade de Medicina .

Debate entre os candidatos a Reitor da USC. Parte II



Lourenzo Fernández Prieto - Juan Casares Long.

As miñas preguntas foron feitas á partires do minuto 26.

lunes, 17 de mayo de 2010

Gallaeciae Regnum


Este 17 de abril cúmprense 147 anos desde que a nosa escritora máis celebrada en Lingua Galega, Rosalía de Castro, publicase na Habana: Cantares Gallegos, motivo que deu orixe ao Rexurdimento das nosas letras e da defensa da nosa cultura, non antes sen un traballo previo dos nosos precursores como Juan Manuel Pintos coa súa obra A Gaita Gallega; ou Francisco Añón, ademais doutros provincialistas como Faraldo, que promoveu as letras dende a Universidade de Santiago, na que eu estudio.

Contaxiados por este pensamento aparecerían os futuros herdeiros rexionalistas con Manuel Murguía á cabeza; obras como Queixume dos Pinos de Eduardo Pondal; ou Aires da Miña Terra de Curros Enríquez. Obras, todas elas, cun galego moi alonxado a normativas de mínimos e reintegracionistas que minorías afastadas da fala da nosa terra tratan de ensinar en moitos colexios de Galicia.

Por isto, coa man no corazón, reivindico a lingua dos poetas do Rexurdimento como Marcial Valladares e de todos aqueles que se esforzaron en dignificar a lingua do pobo, e tamén mencionar a loita que mantiveron no seu día escritores máis tardíos como Eladio Rodríguez e Lugrís Freire, persoeiros que terían que ter un lugar no ceo das nosas letras.

Algo moi parecido ao que defendeu o noso poeta 2010, Uxío Novoneyra, un poeta e escritor do Courel, como Anxel Fole.

Todos eles son persoas que hoxe en día loitarían contra o Galego de laboratorio e contra o uso partidario que o nacionalismo radical, afastado da galeguidade da nosa fala, quere facer dos nosos poetas, manipulando en multitude de ocasións o verdadeiro espírito galeguista dos nosos autores, a maioría defensores da nosa oralidad e da lingua tradicional das nosas vilas, aldeas e parroquias, dos nosos labregos e canteiros, dos nosos avós e antepasados.

Tamén de seguro, loitarían e criticarían a aqueles galegos que se avergoñan da nosa cultura e da nosa lingua, persoas que deben vencellar a nosa historia á propia da longa noite de pedra.

O 17 de maio ten que ser a perpetua homenaxe a persoas como Rosalía, Curros, Pondal, Valladares, Cabanillas, Fole ou Novoneyra, entre as ducias de homes e mulleres que loitaron polo recoñecemento legal da nosa Lingua propia e de poder vivir en Galego con liberdade, sen exclusións e sen imposicións na rúa, coa honra de saber que somos herdeiros de todo o anteriormente escrito.

Eu celebrei este 17 de maio entre Lalín e Forcarei.

En Lalín, onde o meu amigo Pablo Ferradás, Presidente de NNXX de Lalín, leu un manifesto co posicionamento de NNXX en defensa do noso Galeguismo, en defensa do Galego e en defensa da liberdade lingüística.

En Forcarei, concello onde é alcalde David Raposeiras, un dos tótems da política municipal, tivemos o pracer de contar entre os "activistas" con Gerardo Fernández Albor, a quen ninguén de ningún partido lle pode dar leccións de defensa e amor ó Galego.

miércoles, 12 de mayo de 2010

lunes, 10 de mayo de 2010

Graciñas

Outra convocatoria electoral dentro da USC.

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/descargas/CLT_ELECTOS_PROV.pdf

Se en decembro a Facultade de Dereito conseguira chegar ao 25% de participación nas Eleccións a representantes de alumnos na Xunta de Facultade, coa cifra de 499 votantes, algo sen precedentes na nosa Facultade, estas últimas Eleccións a Claustro conseguiuse chegar ao 30% de participación, uns 540 votantes, cifra récord nestas Eleccións nunha Facultade.

Cando a media de participación nos centros da USC é do 10%, a Facultade de Dereito, hexemónica en canto a prestixio e excelencia entre as titulacións xurídicas de Galicia, pode estar moi satisfeita por conseguir que por fin os alumnos da nosa Facultade participen cada día máis na elección dos seus representantes. E estou convencido, como así tamén o manifestou o noso Decano, que o aumento da participación está moi directamente vinculada á aparición de Foro Alumnos de Dereito, asociación gañadora indiscutible das últimas dúas Eleccións, tanto a Xunta de Facultade como a Claustro.


Esta é a miña segunda etapa dentro do Claustro da USC, xa participei activamente nos dous últimos anos e así penso seguir facéndoo, polo compromiso que teño cos meus compañeiros e coa Institución Académica que representa a USC.

Para min é un orgullo poder dicir que en todas as listas nas que concorrín cos meus compañeiros en Dereito foron as gañadoras.

A nosa lista, Foro Alumnos de Dereito, obtivo un resultado moi compacto, de non máis de 9 votos entre o primeiro dos nosos candidatos e o terceiro, o cal me agrada especialmente xa que se demostra que os nosos compañeiros apostan unitariamente na súa papeleta por FAD, como así tamén ocorreu coas Eleccións a Consellos de Departamentos.

Finalmente, como Presidente de FAD, douvos as gracias por confiar en nós e por manifestarvos a favor nosa cando as críticas superaban o político e chegaban ao persoal, sobre todo, contra a miña persoa, polo cal vos estou especialmente agradecido.

Graciñas.

*Comparación dos votos que tivemos en decembro e os que tivemos agora. Ambos case entre os 230 e os 240 votos.

Decembro:

Jorge Cubela López, 238 votos.
Rubén Miranda Gonçalvez, 237 votos.
Rubén Barros Iglesias, 236 votos.

6 de maio:

Rubén Miranda Gonçalves, 237 votos.
Jorge Cubela López, 233 votos.
Rubén Barros Iglesias, 228 votos.

jueves, 6 de mayo de 2010

Gracias compañeiros

Neste momento só podo e teño palabras para agaredecer infinitamente o apoio sen precedentes nunhas eleccións a claustro para a Asociación Universitaria da que son Presidente Fundador, Foro Alumnos de Dereito, cunha participación histórica, un 30% do censo, cando a media do resto de centros da USC é dunha participación do 10%.

Gracias.

Sabedes o moito que levamos traballado por vós, gracias.

Hoxe só podo dicir isto, a fin de semana reflexionarei sobre o acontecido nun artigo.

Unha aperta amigos.

sábado, 1 de mayo de 2010

Os nosos candidatos

Os nosos candidatos:


Este mércores 5 de maio poderedes exercer o voso dereito a voto na Universidade votando, por unha parte, a unha lista de candidatos a reitor da Universidade, por outra parte, a representantes no Claustro Universitario e, por ultimo, a representantes nos Consellos de Departamentos.

Con este tuenti-evento, FAD pidevos o voto para así lograr unha boa representanción do alumado da Facultade de Dereito no Claustro e nos Consellos de Departamentos.

Os nosos candidatos a representantes no Claustro Universitario son:
· JORGE CUBELA LÓPEZ
· RUBÉN BARROS IGLESIAS
· RUBÉN MIRANDA GONÇALVES

Para estas eleccións comprometemonos a seguir traballando arreo na creación de máis CURSOS CONVALIDABLES por créditos de libre configuración, FOROS DE DEBATE, máis TORNEOS DE FÚTBOL, CHARLAS INFORMATIVAS sobre temas que interesen ó alumnado relacionados ca universidade (como os cambios que se van producir co Plan Bolonia), loitaremos para levar a cabo unha MELLORA NO MÉTODO DE CAMBIO DE GRUPO, colaboraremos co PASO DE ECUADOR da facultade e intentaremos negociar co concello para a OBTENCIÓN DUN CARNET DE ESTUDANTES para a denominada "ZONA ORA".



Os nosos candidatos a representantes nos Consellos de Departamentos son:
No departamento de Dereito Público e Teoría do Estado:
· YOLANDA BUSTO PADÍN
· RUBÉN MIRANDA GONÇALVES

No departamento de Dereito Común:
· PABLO CADARSO REBOLLEDO
· DIEGO GARCÍA GONZÁLEZ
· LORENA NOVO SECO