jueves, 25 de febrero de 2010

Rosa Rosae...


Sentí por ella el respeto que me producen esos ciudadanos que se dedicaron al noble arte de hacer política en ese sitio llamado País Vasco, personas que son amenazadas por los deplorables portadores del pensamiento único, los comunmente llamados filoterroristas.

Creo que no hay nadie, ni dentro de UPyD, que considere gallega en el sentido más hermoso después de sus palabras a Rosa Díez.

Los que no somos identificados como nacionalistas de ninguna clase, sea gallego o español, nos reconocemos decididamente y sin complejos como gallegos y españoles, con un especial amor por lo propio, por nuestra historia más cercana, por nuestra cultísima lengua y por nuestra cultura milineria.

Ser gallego no es algo peyorativo, es un placer, es un orgullo.

Son gallegos los del rural, la gente de las ciudades, los que viven en la costa o en la montaña, son gallegos quienes sienten a Galicicia y la aman.

Non son dos que lle fan as beiras a Galicia Bilingüe nin a ningún grupo de xente que xustifican as palabras de Díez, e que pensan que o noso é de foráneos, como non penso facer argumentarios persoais a favor de ideoloxías propias da esquerda centralista.

Rosa Díez, líder del partido UPyD, ha hecho con sus declaraciones sobre el término "gallego" sus 3 próximas campañas en Galicia.

lunes, 15 de febrero de 2010

Galicia ten dereito

Corre nos nosos días unha crise económica de gran calado, provocada entre outras cousas polo frenesí psicolóxico que tomou o mercado no seu día, causando burbullas e crises especulativas ao aumentar os precios porque moitos pensaban que ían a subir no futuro. Sabemos que a nosa historia está marcada por burbullas que provocaron aumentos dos precios especulativos moito máis alá do valor do activo. Como no seu día pasou en EEUU na década dos anos 20, que deu paso á desfeita de 1929 e á Gran Depresión dos anos 30. Bancos e banqueiros á deriva.

Con sorte, hoxendía, contamos con instrumentos que non permitirán que o sangue chegue ao río e que nos axudarán a saír desta profunda situación na que tampouco os nosos Gobernantes de turno están moi duchos a conquistar.


Como é sabido podemos diferenciar entre Bancos e Caixas de Aforro. A primeira diferencia que hai entre ambos é o seu diferente carácter lexislativo. Os Bancos son Sociedades Anónimas mentres que as Caixas de Aforros se rexen pola Lei de Sociedades Limitadas de carácter fundacional, razón pola que estas entidades deben destinar unha parte dos seus fondos a fins de carácter social.

Coa Reforma Económica levada a cabo polo Ministro dos Pactos da Moncloa, Fontes Quintana, as Caixas de Aforro cumpren, con escasas diferencias, as mesmas funcións que os Bancos correntes, destinadas á prestación de servicios e de créditos, mais son estas as que peor o están a pasar nesta fonda crise financeira.

As Caixas de Aforros regúlanse hoxendía polas CCAA, cuios poderes públicos elixen a unha parte dos representantes dos seus órganos de goberno dependendo en que Comunidade radique o seu domicilio social. Por lóxica, en Galicia eliximos ós das Caixas galegas.

Nesta nova hora que vive o mapa financeiro español, Galicia non pode permitir dobregarse ante o Goberno de Zapatero (noutros tempos chamado Goberno da nación) que si está a tratar de forma diferente os casos das Caixas de Cataluña e Andalucía, cando non de Castela A Mancha, comunidades, todas elas, gobernadas polo seu partido, aquí a dobre vara de medir segundo quen goberne segundo onde e segundo cando.

Galicia ten dereito.


Sinto un enorme orgullo ó ver a gran fronte política e social que lideraron a semana pasada Alfonso Rueda; Guillerme Vázquez; Carlos Pardo; Antonio Fontenla; ou Xexús Seixo; a favor da fusión das Caixas Galegas e en contra do Recurso de Inconstitucionalidade presentado polo Goberno contra a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento de Galicia.

Con este posicionamento galeguista por parte de PP e Bng, o Psoe quédase só cunha tetrarquía mandando conxuntamente neste partido en Galicia -Vázquez, Branco, Losada e Caballero- cada un enfrontado entre si co outro.

A procura do consenso e do acordo por enriba da loita partidaria permitiu a unión entre dúas forzas opostas ideoloxicamente, pero que interpretan igualmente a idea dunha Galicia forte que se mire a si mesma con orgullo e sen complexos fronte a personaxes populistas como o alcalde de Vigo, máis preocupado en lograr unha maioría absoluta que na defensa dos intereses de Vigo, que como parte activa de Galicia é estar dentro dunha Gran Caixa Galega e non meterse nunha cuneta co risco de que Galicia e, por tanto, Vigo desaparezan do mapa financeiro, algo que os homes que construíron a nosa autonomía traballando a eito non perdoarían.

Todos sabemos que nun panorama no que outras comunidades xa empezaron coas primeiras concentracións das súas caixas, as Caixas Galegas, Caixanova e CaixaGalicia, non tendo garantida a súa solvencia, non poderán aguantar moito tempo sen fusionarse ante os ollos albiscados doutras Caixas como CajaMadrid.

Si Caixanova ou CaixaGalicia son adsorbidas por outras Caixas de fóra perderemos o noso domicilio social, polo tanto, perderemos a nosa capacidade de decisión nas direccións das caixas, perderemos un gran activo social, Galicia quedará sen ningunha e constituirá un atentado sen precedentes contra o noso autogoberno ó quedármonos sen un sistema financeiro regulado polo noso Parlamento.


Para rematar, gustaríame manifestar que, aínda que non sexamos igual de "zapateristas" que Cataluña ou Andalucía, somos galegos, polo que, tamén, como españois, merecemos o mesmo respeto e trato que os territorios anteriormente citados como fillos dunha mesma nai que somos.