domingo, 27 de febrero de 2011

Jorge Cubela llena la Sala Peña en el día de su presentación


jueves, 24 de febrero de 2011

O 26 de febreiro celébrase a presentación oficial de Jorge Cubela, candidato do PP á alcaldía de Cotobade

• A cita será ás 17.30 horas na antiga “sala Peña”, en San Xurxo de Sacos

Cotobade, 24 de febreiro de 2011.–

Tras ser proposto por unanimidade polos militantes do PP de Cotobade e ratificador polo Comité Local, O PP de Cotobade celebra o próximo sábado, 26 de febreiro, a presentación do candidato á alcaldía, Jorge Cubela. A cita será ás 17.30 horas na antiga “Sala Peña”, en San Xurxo de Sacos.

Está previsto que ao acto asista o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, a secretaria provincial, Begoña Estévez, Deputados Provinciais, Autonómicos e Estatais, polas Senadoras e por José Manuel Cores Tourís, membro da executiva provincial e delegado territorial.

Cubela estará arroupado tamén polos Alcaldes dos Concellos limítrofes, por outros candidatos populares da provincia, especialmente da comarca de Pontevedra, por membros de Novas Xeracións, así como tamén están convidados todos os veciños que desexen asistir.

jueves, 17 de febrero de 2011

O PP de Cotobade acusa ao BNG de “mentir con descaro” sobre a Lei de Augas

• Cubela, considera que “Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral con esta Lei, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

• O candidato popular garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga


Cotobade, 16 de febreiro de 2011. –

O PP de Cotobade acusa ao BNG local de “mentir con descaro” aos veciños sobre a Lei de Augas a través de charlas informativas.
O candidato popular á alcaldía, Jorge Cubela, considera que Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

Cubela incide en que esta Lei aplícase co fin de que Galicia cumpra coa normativa europea e lembra que o canon galego será o segundo máis barato de España.

Neste senso, Cubela garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga, ao igual que os usos gandeiros, agrícolas e forestais, que tamén quedan exentos do pago do canon”.

O candidato popular manifestou que “é lamentable que os nacionalistas teñan que utilizar falsidades e manipulacións para tentar achegarse aos veciños, en lugar de actuar e esixir responsabilidades no Goberno local”.

Así mesmo Cubela insta ao candidato nacionalista a que “se preocupe máis polos cartos que lle supoñen aos veciños as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas, cartos tirados cos que se poderían destinar para proxectos de traídas de augas en moitas parroquias, algo que en 8 anos non fixeron”.

sábado, 12 de febrero de 2011

Cubela: "A xuventude de Cotobade, desencantada coa política, volverá votar en maio"

O candidato popular á alcaldía de Cotobade participou nos encontros dixitais que se están a desenvolver na convención do PP en Santiago

Cubela: “A xuventude de Cotobade, desencantada coa política, volverá votar en maio”

• A razón principal que o motiva a presentarse como candidato á alcaldía é a necesidade de cambio que se vive en Cotobade


Cotobade, 12 de febreiro de 2011.-

“A xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero volverá votar en maio, porque verá un proxecto que os motiva e que ten futuro”. Así asegurou hoxe o candidato popular á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela, en resposta ás preguntas dos internautas que contactaron con el nos encontros dixitais que se están desenvolvendo na convención que o PP de Galicia está celebrando en Santiago.

Na sala dos ciberpopulares, Cubela respondeu a todas as preguntas que lle formularon, e deu algunhas pinceladas do programa electoral que o PP de Cotobade ten pensado presentar no municipio pontevedrés.

Cubela asegurou que a dotación de servizos básicos como o abastecemento de augas, a creación de solo industrial, para evitar que os empresarios e autónomos do concello se asenten noutros muncipios como ata agora, ou a construción dun centro médico novo nas parroquias da zona alta do concello van ser actuacións prioritarias se o PP logra a alcaldía.

NECESIDADE DE CAMBIO

O mozo popular asegurou que a principal razón que o motiva para presentarse como candidato a lograr a alcaldía de Cotobade é a necesidade de cambio que vive o municipio, “o actual alcalde non só non cumpriu as expectativas que creou senón que non soubo manter o que estaba xa feito”.

Unha das cuestións que máis interese suscitou é como un mozo de 21 anos se decidiu a presentarse como candidato do Partido Popular. Cubela definiuse como centrista, galeguista e liberal, ideoloxía recollida nos estatutos do PP, partido co que se identifica.

Jorge Cubela sinalou que conta con todo o apoio da familia, especialmente co do pai, que estivo involucrado directamente na política municipal ao desempeñar durante 16 anos o posto de tenente de alcalde. Nesta liña, asegurou ademais que os seus amigos e veciños máis novos tamén “están contentos e volcados coa decisión tomada”.

Apuntou ademais que actualmente “a xuventude de Cotobade está desencantada coa política, pero a ilusión e o compromiso do PP co futuro do noso concello, farán que volvan votar en maio”.

sábado, 5 de febrero de 2011

viernes, 4 de febrero de 2011

Cubela denuncia que “o concello de Cotobade paga a 4 alcaldes que non fan a función de un”

Os populares critican os salarios “astronómicos” do alcalde socialista e dos concelleiros nacionalistas.

Estes soldos supóñenlle ás arcas municipais un custo que ascende aos 124.943 euros anuais


Cotobade, 3 de febreiro de 2011.-

O PP de Cotobade critica a cifra de 124.943 euros anuais que lle supoñen ás arcas municipais os soldos do alcalde socialista, Manoel Loureiro, e de dous concelleiros do BNG, Lina Garrido e Emilio Iglesias, contanto este cunha asesora ás súas costas.
Jorge Cubela cualifica de “despilfarro” a cantidade destinada anualmente ao pago destes salarios “astronómicos”.

“Os veciños de Cotobade estamos pagando a 4 alcaldes, pero os 4 xuntos non fan a función de un”, “en Cotobade hai dous gobernos, o Goberno do PSOE e o Goberno do BNG, que traballan cada un por libre co absoluto beneplácito do Alcalde”.

Os populares consideran “excesivos” estes soldos e consideran que se deberían ter eliminado as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas Lina Garrido e Emilio Iglesias, “xa que cobran ao ano máis que moitos veciños de Cotobade, aínda que coa diferenza de que eles son traballan 4 horas semanais”.

A dedicación parcial do concelleiro de Promoción Económica, Emilio Iglesias, supón un custo anual de 22.365 euros, a mesma cantidade que cobra ao ano a tenente de alcalde e concelleira de cultura e deporte Lina Garrido.

“Os concelleiros nacionalistas pasaron de cobrar 1.200 euros ao ano na anterior lexislatura a cobrar máis de 1.200 euros ao mes, por traballar 4 horas á semana” apunta Cubela. “Todo un privilexio que hoxe en día non se pode permitir, e menos tendo en conta a difícil situación económica pola que están pasando tantos veciños de Cotobade”.

Os populares apuntan que o soldo do rexedor local ascende a 54.735, dos que percibe 40.545 euros máis 14.120 euros por seguridade social.

A suma destes soldos supuxeron nesta lexislatura un total de 500.000 euros, a cargo dos fondos municipais, e que evidencian “que o pacto de Goberno é máis un pacto de reparto de soldos ca de goberno, onde non hai nin plainificación nin xestión, máxime se consideramos a ineficaz e inexistente xestión que realizan os membros do actual goberno local”.