martes, 3 de julio de 2012

O CONCELLO DE COTOBADE RECIBE UNHA SUBVENCION DO 80 % PARA APOIAR AS ACTIVIDADES DE APOIO A OBTENCION DO TITULO DE GRADUADO EN ESO.

As clases comezaron no mes de marzo, con dous grupos de aproximadamente 25 alumnos, un de maña e outro de tarde, para poder ofertar un horario axeitado ás necesidades do alumnado, previa avaliación inicial mantida con cada un dos alumnos. Pero a demanda de formación elevou ata 60 participantes. A duración das clases é de luns a sábado e dous mestres especializados prepararán aos alumnos nas áreas de comunicación : lingua española, estranxeira e literatura, de coñecemento científico - tecnolóxico: ciencias da natureza, e de coñecemento social: historia, xeografía, historia da arte e educación para a cidadanía. Este programa atende a diversidade de mozos e adultos asesorando e apoiando o estudo das materias que teñan que superar para acadar o título, así como ás convocatorias das probas, materiais precisos, o acceso a estudos superiores, etc. As clases teñen lugar no Multiusos de Carballedo. A Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, concedeulle ao Concello de Cotobade unha axuda que abarca o 80 % do custe da actividade, que ten necesaria se ve desde o municipio, polas novas demandas de mellor competitividade, que a actual situación está a formular aos individuos e empresas. O Alcalde, Jorge Cubela, manifesta a súa satisfacción, xa que esta actividade supuña un gran esforzo do Concello de Cotobade para poder respostar a unha demanda. Ademais os participantes deixaron constancia do seu esforzo e interese, xa que na convocatoria de exames do mes de abril, con apenas un mes de preparación, mais do 80 % dos presentados aprobaron ao menos un ámbito. O Concello considera que é necesario elevar o nivel de formación básica e cualificación profesional da poboación adulta, e fomentar, á vez, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a participación democrática.