miércoles, 19 de octubre de 2011

Homenaxe do Concello de Cotobade aos irmáns Varela


O Concello de Cotobade homenaxeará o vindeiro sábado aos seus veciños, os pilotos Toño e Cheko Varela, polos títulos obtidos esta tempada na montaña.

Tanto pola afección ao automobilismo que sempre houbo en Cotobade, como polo orgullo de ver a dous veciños levando o nome do concello nos seus vehículos e obtendo títulos tan importantes neste deporte, o actual rexedor do Concello de Cotobade, D. Jorge Cubela e toda a corporación en pleno queren recoñecer o traballo e o esforzo polos títulos colleitados por Toño Varela, Campión Galego absoluto de Montaña 2011, e Cheko Varela, irmán do primeiro, Campión Galego de Montaña en categoría CM e terceiro na clasificación xeral do campionato 2011.

O acto terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro ás 11:30h na Casa Consistorial de Cotobade, onde se lle fará entrega a estes campións e veciños dunha placa conmemorativa co escudo das terras do “Canón de Pau”.

martes, 18 de octubre de 2011

Aposta pola colaboración entre Concellos. Neste caso, coa A Lama

O alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela e o a alcalde do Concello de A Lama, Jorge Canda mantiveron unha reunión hoxe nas dependencias municipais de Cotobade co fin de mancomunar servizos e mellorar a prestación dos mesmos aos veciños, debido as boas relacións exitentes entre os dous concellos.




Primeiramente intentarase mancomunar o servizo do Centro de Información a Muller (CIM), asumindo un dos compromisos electorais en materia de Servizos Sociais do actual alcalde. O CIM presta servizos de asesoramento xurídico e psicoloxio en temas de violencia de xénero. Tamén promove accións de igualdade, corresponsabilidade e conciliación laboral, ofrecendo unha atención integral ás mulleres.

Nesta reunión tamén asinaron un convenio de colaboración para a realización de prácticas das alumnas do curso de AFD da Xunta no Concello de Cotobade.

viernes, 14 de octubre de 2011

COMPOSTAXE NA CASA e FESTA DO PETOTE


O Alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, presenta as actividades a desenvolver polo proxecto COMPOSTAXE NA CASA.

Esta iniciativa pretende que dende o ámbito doméstico se traballe na compostaxe, xa que mediante este proxecto transformanse os residuos orgánicso nun substrato con moitas mais cualidades que as dun simple abono.

Para eso traballarase de mediante unhas charlas coloquio dirixidas aos residentes en Cotobade, os días venres 28 e sábado 29 de outubro, por un educador ambiental a un total de 50 persoas. Para poder participar deben inscriberse ben persoalmente ou por teléfono na casa do Concello.

Os participantes en esta actividade recibirán un compostador por casa, así como un cadro resume do que se debe botar, e un manual.

Tamén se fará un seguimento da actividade en cada fogar.

III FESTA DO PETOTE

Este venres día 14 reuniuse o alcalde, Jorge Cubela, e o tenente de alcalde, Fernando Vázquez cos bares, restaurantes e casas de turismo rural para promover a Festa do Petote para o 2012.

Nesta primeira reunión a maiores da aclaración dos aspectos técnicos, sobresale a nova data da festa que pasaría a ter lugar o primeiro fin de semana de febreiro, mais acorde coa tradicional degustación do petote no cocido.

Polo tanto no 2012 esta festa terá lugar o día 05 de febreiro, respetando a súa ubicación.
Este é o primeiro contacto, dos moitos que se levarán a cabo para potenciar a festa gastronómica de Cotobade, onde ademais se resaltarán os postres típicos do concello como son a filloa e o requeixo.

jueves, 6 de octubre de 2011

ANA VÁZQUEZ E CUBELA VISITAN AS OBRAS DE REPARACIÓN DO ACCESO Á PARROQUIA DE PARADA DE TENORIO EN COTOBADE

A deputada Ana I. Vázquez, acompañada do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, visitou as obras de reparación do acceso á parroquia de Parada de Tenorio. Por mor das chuvias e dos continuos desprendementos rexistrados na zona, a Deputación decidiu actuar de urxencia e construirá un muro de contención e reparará o firme en 25 metros liñais de estrada para asegurar que os veciños de Parada non se vexan incomunicados.

“Trátase dunha actuación preventiva despois de que se rexistrasen desprendementos de terra na zona que están deteriorando a estrada. Por iso decidimos actuar de urxencia ante a posibilidade de que coa chegada das chuvias se poida producir un derrube de terra maior sobre a estrada que corte as comunicacións”, explicou Ana I. Vázquez.
O acceso está situado nun ramal da N540 e “trátase da única vía en condicións coa que contan os veciños xa que a outra existente non é apta para a circulación de tráfico rodado”, sinalou.

A intervención consistirá no levantamento dun muro de contención de mampostetería para evitar desprendementos sobre a estrada. A continuación procederase ao saneamento do subsolo e do firme e reposición do mesmo. Por último pintarase a nova superficie e instalarase nova sinalización horizonal.

O prazo de execución das obras é de 15 días. Na actualidade estase procedendo á escavación do terreo onde se colocará o muro. “A Deputación provincial ten como unha das súas funcións axudar aos pequenos e medianos concellos en actuacións importantes para os veciños como é esta reparación. Tamén é importante que as administracións actuemos de forma áxil e preventiva. Seguro que con esta intervención evitamos males maiores”, asegurou a deputada provincial.

Compromiso con Cotobade

Na súa intervención, Ana I. Vázquez salientou o firme compromiso da institución provincial con Cotobade. “A pasada fin de semana visitamos o núcleo de Vilanova na parroquia de Tenorio onde colaboramos coa Xunta na realización de acometidas de auga para particulares”, dixo.

Ademais, está previsto que a Deputación colabore na construción dun Campo de Tiro Olímpico solicitado polo alcalde, na mellora do saneamento e abastecemento de auga e na reparación de distintos camiños.

martes, 4 de octubre de 2011

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA PARA QUE DEMANDE DO MINISTERIO DE FOMENTO A REANUDACIÓN INMEDIATA DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA ESTRADA N-541 EN COTOBADE

A Comisión de Obras Públicas aprobou esta mañá unha proposición non de lei presentada polo deputado popular Jacobo Moreira

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA PARA QUE DEMANDE DO MINISTERIO DE FOMENTO A REANUDACIÓN INMEDIATA DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA ESTRADA N-541 EN COTOBADE

• A proposta demanda unha solución definitiva aos corrementos de terras, así como a instalación dunha adecuada sinalización do lugar para garantir a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns

Santiago, 4 de outubro de 2011.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular, que contou co apoio dos grupos da oposición, a través da que se insta á Xunta de Galicia para que solicite do Ministerio de Fomento a reanudación inmediata das obras de reparación da estrada N-541, no punto quilométrico 82, dentro do termo municipal de Cotobade. A proposta, defendida polo deputado popular Jacobo Moreira, demanda unha solución definitiva aos corrementos de terras, así como a instalación dunha adecuada sinalización do lugar para garantir a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Jacobo Moreira recordou que as obras de arranxo do corremento de terras e afundimento da estrada N-541, no seu punto quilométrico 82, ao seu paso por Cotobade “levan paradas máis de un ano, sen que dende o Ministerio de Fomento se teña dado sinal algún de retomar as obras e rematalas cunha solución definitiva”.

DESDE XUÑO DE 2009

O afundimento desta estrada producíuse no mes de xuño de 2009 á altura da Ponte da Rocha, sobre o río Cabanelas. “O destrozo foi de tal magnitude que deixou aberto un burato de máis de 20 metros e a día de hoxe os vecinos da bisbarra e os usuarios deste viario non se explican como é posible que o Ministerio de Fomento abandoara unha obra en curso e deixara o lugar cunha sinalización provisional e un trazado en zig-zag, que xa ten causado varios accidentes de tráfico”, sinalou o deputado.

“Nin os accidentes, nin a inseguridade permanente, nin tan sequera a manifestación que os veciños do lugar levaron a cabo o pasado 1 de maio conseguiron que o Ministerio de Fomento mostrara a máis mínima sensibilidade por esta preocupante situación, mantendo unha preocupante indiferencia e dando a impresión que está á espera de que ocorra unha desgracia para reaccionar”, afirmou o deputado popular.

domingo, 2 de octubre de 2011

Cumprindo un compromiso de campaña, Abastecemento de Auga de Vilanova





Este sábado, o Delegado da Xunta, Cores Tourís, estivo en Vilanova de Tenorio visitando comigo as obras da inversión do Abastecemento de Auga de Vilanova.

O proxecto trata de executar a cometida xeral, que fará a Xunta de Galicia, e a liña secundaria, que fará o Concello a través dunha subvención da Deputación, os ramales os asumirá a CC de Montes, que puxo todo o seu empeño en sacar este proxecto adiante co apoio unánime de todos os veciños.

Este proxecto, que ascende a 130000 euros, dotará dunha nova canle de abastecemento que dará cobertura a máis de 250 veciños.

Como Alcalde cumpro o primeiro compromiso que adquirin como candidato.

Valoro a inversión como histórica polos tempos que corren, xa que era un problema que viña dende que no ano 2006 os incendios arrasaron as traídas deste lugar.

En tempos de crise, as administracións, máis que nunca, deben de garantir e investir nos servizos básicos, e nun concello do rural, como Cotobade, estase a facer unha inversión de futuro.