miércoles, 19 de octubre de 2011

Homenaxe do Concello de Cotobade aos irmáns Varela


O Concello de Cotobade homenaxeará o vindeiro sábado aos seus veciños, os pilotos Toño e Cheko Varela, polos títulos obtidos esta tempada na montaña.

Tanto pola afección ao automobilismo que sempre houbo en Cotobade, como polo orgullo de ver a dous veciños levando o nome do concello nos seus vehículos e obtendo títulos tan importantes neste deporte, o actual rexedor do Concello de Cotobade, D. Jorge Cubela e toda a corporación en pleno queren recoñecer o traballo e o esforzo polos títulos colleitados por Toño Varela, Campión Galego absoluto de Montaña 2011, e Cheko Varela, irmán do primeiro, Campión Galego de Montaña en categoría CM e terceiro na clasificación xeral do campionato 2011.

O acto terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro ás 11:30h na Casa Consistorial de Cotobade, onde se lle fará entrega a estes campións e veciños dunha placa conmemorativa co escudo das terras do “Canón de Pau”.

No hay comentarios: