domingo, 1 de abril de 2012

En Cotobade hai xente que aínda non tiña liña telefónica




No ano 2012 no rural galego aínda hai xente á que non lle chega a liña telefónica.

Cotobade é un deses casos. Hai unha parella moi nova que pasou moitos anos agardando a que alguén se preocupase en xestionar que ata a súa casa poidera chegar o teléfono.

Tras varias xestións coa compañía Telefónica, dende o día de onte poderán contar con servicios tan básicos como poden ser disfrutar das comunicacións.

Mentres en Cotobade haxa un veciño que teña problemas coma estes, trataremos de apoialo e de axudalo.