jueves, 31 de marzo de 2011

Fernando Vázquez Corbacho intégrase como nº2 na lista do PP de Cotobade

Cotobade, 31 de marzo de 2011.-

Fernando Vázquez Corbacho será o número dous na candidatura do PP, así o confirmou o candidato á alcaldía de Cotobade, Jorge Cubela. Fernando súmase ao proxecto do PP porque está convencido de que o noso proxecto é a única alternativa de goberno válida neste momento.

Un gran coñecedor da realidade de Cotobade porque leva traballando 25 anos como carteiro nas parroquias de Carballedo, Caroi, A Corredoira, Rebordelo e As Lagoas. “Súmome con absoluta lealdade a un proxecto integrador, ilusionante e comprometido con todos os veciños de Cotobade e porque estou convencido que Jorge Cubela é o Alcalde que Cotobade necesita ”, asegura Fernando Vázquez.

Os demais nomes da lista daranse a coñecer nos próximos días, aínda que Cubela asegura que a candidatura do PP será o reflexo de todos os veciños de Cotobade e das súas parroquias, sumando a xente de diferentes asociacións, colectivos veciñais, culturais e deportivos, xente representativa de nosos pobo, ilusionada, seria e comprometida con Cotobade e co seu futuro.

Este concello necesita aire fresco e o PP pódello ofrecer con persoas que saben das necesidades dos veciños e que cren no proxecto que o PP ten para os próximos anos.

En palabras de Cubela “Para Cotobade é o momento do cambio. É o momento en que se vai a decidir o futuro dos próximos 4 anos do noso concello e estamos asumindo o reto comprometidos con todos os veciños, por enriba de ideoloxías, traballaremos para todos”.