domingo, 28 de marzo de 2010

DÍA 6 DE MAIO


9ª Sesión

16.15. Últimas tendencias en Dereito Rexistral. Prof. Herrero Oviedo.

17.15. A Importancia do Dereito Civil de Galicia. Prof. Rebolledo Varela.

18.15. Actuación Notarial e Protección das Situación de Discapacidade. Director da Academia Galega do Notariado.

19.15. Conclusións. Clausura: Jesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación; Luís Míguez Macho, Decano da Facultade de Dereito; Prof. Lirola Delgado, Vicedecana; Jorge Cubela López, Presidente de FAD.



http://foroalumnosdedereito.wordpress.com/

sábado, 27 de marzo de 2010

DÍA 5 DE MAIO

7ª Sesión

10.00. O Rexistro Mercantil na actualidade. Rexistradora Mercantil.

11.00. A nova Ley de Caixas de Aforros. Prof. Hernández Rodríguez.

12.00. Novas máis relevantes no eido mercantil no ano 2009. Prof. Gómez Segade.

13.00. A Crise Económica. Prof. Vázquez Taín (Vicerreitor).

8ª Sesión

16.15. Dereitos Humanos e Ordenamento Xurídico Internacional. Prof. Teijo García.

17.15. Kosovo. Prof. Lirola Delgado.

18.15. O Tratado de Lisboa. Prof. Ponte Iglesias.

19.15. A persecución da piratería nas costas de Somalia. Prof. Jorge Urbina

viernes, 26 de marzo de 2010

DÍA 28 DE ABRIL

5ª Sesión

10.00. A Eutanasia: Cuestións Penais. Prof. Lorenzo Salgado.

11.00. Biotecnoloxía e Dereito Penal. Prof. Rebolo Sánchez.

12.00. A Mediación Penal. Prof. Vázquez Portomeñe.

13.00. O Blanqueo de Capitais. Prof. Abel Souto.


6ª Sesión


16.15. O Deshaucio Exprés. Prof. Villaboy Lois.

17.15. Dereitos Fundamentais e Novas Tecnoloxías no Proceso. Prof. Noya Ferreiro.

18.15. A Lei de Axuizamento Criminal. Unha Lei desfasada. Prof. Varela Gómez.

19.15. Violencia de Xénero. Prof. Castillejo Manzanares.

jueves, 25 de marzo de 2010

DÍA 21 DE ABRIL

3ª Sesión

10.00. Técnica legislativa en materia financieira e tributaria. Prof. López Díaz (Conselleiro de Contas).

11.00. O concerto económico vasco. Prof. Nieto Montero.

12.00. Liberdades comunitarias e xustiza fiscal en tempos de crise. Prof. García Nóvoa.

13.00. O Cánon Eólico. Prof. Iglesias Casais.

4ª Sesión

16.15. A reforma do Estatuto de Autonomía Galego. Representantes dos partidos políticos máis un Profesor de Dereito Constitucional.

18.15. Vixencia e reforma da Constitución Española. Prof. Blanco Valdes.

19.15. Os principios de protección de datos. Prof. Fernández Rodriguez (Vicevaledor do Pobo)

miércoles, 24 de marzo de 2010

DÍA 14 DE ABRIL.

1ª Sesión do Ciclo sobre Actualidade Xurídica.


9.30. Inauguración

10.00. A actuación da inspección de traballo. Jefe Inspección de Traballo de Galicia.

11.00. O acoso moral no posto de traballo. Prof. Mella Méndez

12.00. Medidas de conciliación da vida familiar e laboral. Secretaria Xeral de familia e benestar. Susana López Abella.

13.00. Os fraudes a Seguridade Social en tempos de crise. Jefe Inspección Pontevedra

2ª Sesión

16.15. As últimas novidades en materia de tráfico e seguridade vial. Prof. Concheiro teijido

17.15. A protección do medio ambiente no eido administrativo. Prof. Gómez Reino

18.15. O plan de ordenación do litoral. Prof. Valcarcel Fernández.

19.15. A regulación da enerxía eólica en Galicia. Prof. Sánz Larruga

martes, 23 de marzo de 2010

I Xornadas sobre Dereito Actual




Dende Foro Alumnos De Dereito presentamos as Primeiras Xornadas sobre Dereito Actual, coa convalidación de 2 Créditos de Libre Configuración para todas as Titulacións da USC.

Cunha temática moi interesante, participarán entre 30 e 40 relatores ao longo das 9 sesións que duran as xornadas.

En resumo, falaremos dende "Medidas de conciliación da vida familiar e laboral", pasando polo "Concerto Económico Vasco", "A vixencia e reforma Constitucional", ou un debate entre Deputados das diferentes forzas políticas parlamentarias sobre "A necesidade ou non de Reformar o Estatuto de Autonomía", "A Lei de Caixas", "O Tratado de Lisboa", etc... entre outros moitos interesantísimos temas.

Para calquera cuestión, contactade connosco en fad.usc@gmail.com

Un saúdo compañeir@s!

domingo, 21 de marzo de 2010

Aston Birra



Este é o equipo que uns cantos amigos de Santiago montamos para participar na liga Universitaria de Fútbol Sala da USC, aínda que xogamos na que sería a Terceira Rexional...

O Aston Birra.

Agachados, de esquerda a dereita: Rubio, Cameselle, Otero, Javi, Posse e Nacho.
De pé, de esquerda a dereita: Dani, Iago, Cadarso, Cubela, Denís e Rey.

Sorte para o martes... para nós non, home, para os rivais. xD

sábado, 20 de marzo de 2010

'Made in Real Madrid'

Aunque prefiero los partidos sin sustos, me gustan las emociones fuertes, y empezar perdiendo ante un rival que tiene un presupuesto 6 veces menor que el de Florentino es una turbación bien fuerte.

Madrid 3 - Sporting 1.

Aún sin superar el bajón que supone no poder ver los colores blancos del Madrid en la próxima final europea del Bernabéu, la Liga empieza a dar alegrías a los que somos madridistas.





La que puede ser la última Liga de Raúl vestido con el galón de eterno Capitán debe significar el comienzo de una nueva versión del Real Madrid en Europa la temporada venidera.


Hala Madrid.

lunes, 15 de marzo de 2010

viernes, 12 de marzo de 2010

A Miguel Delibes



Me quedaría corto para catalogarlo sólo entre lo mejor del Siglo XX.

Una maldita enfermedad, llamada cáncer, truncó los último años de vida de este genial novelista de la literatura española. Uno de los grandes de la generación posterior a la Guerra Civil.


Al de Valladolid le llegarán una multiplicidad de homenajes que, con certera seguridad, le tuvieron que haber sido concedidos en vida.

Participo más de otro tipo de novela, pero quizá, en el recuerdo a este gran escritor, vuelva a tener pronto "Los Santos Inocentes" en la mesilla de noche.


No lo fue, pero para mí será siempre un Nobel.

martes, 9 de marzo de 2010

Los etarras viven como los dirigentes castristas



Ya dije en un artículo que me publicaron en la página Cubademocraciayvida.org que Zapatero le debe muchos favores a Cuba.

"Este acercamiento a la dictadura cubana puede entenderse como precio político, ya que ha sido uno de los lugares en donde el gobierno se reunió con ETA, siendo probablemente uno de los paíese en donde estén asentados los etarras sin ningún tipo de control por parte de la dictadura".

Este párrafo que en su día expuse con total convencimiento se constata con estas declaraciones de una persona que fue espía cubano.

Las conexiones de ETA con los Gobiernos Bananeros de Iberoamérica llegan hasta Venezuela.

La extrema-izquierda reunida hacia una historia común.



miércoles, 3 de marzo de 2010

A credibilidade dos gobernantes locais

Ás veces, ido pola idea práctica de que nos pobos se vota á persoa e non ao partido, pois son dos que prefire en moitos casos a calidade humana dunha persoa que a súa ideoloxía, cuéstionome si un individuo calquera sendo dun partido X por moi fiel que sexa votaría á súa opción política en todos os concellos... Creo non ocupar o espacio desa masa de homes que o faría, como diría Ortega e Gasset, aínda que tampouco aspiro a ser o home heroe da súa obra.

Deberían estar os soldos dos rexidores municipais regulados? sen ánimo intervencionista, penso que si.

Ninguén dubida de que o ente local é a administración máis próxima ao cidadán, mais creo que moitos alcaldes non son os máis próximos aos seus veciños en canto ás súas retribucións.

O caso de COTOBADE:

Xa no seu día critiquei firmemente que o goberno bipartito BNG-PSOE do meu pobo, Cotobade, dedicase no ano 2009 o 36,34% do orzamento municipal a gastos en persoal, 8 puntos porcentuais máis que a media estatal, que se sitúa en 28,13%.

Diminuíndo no apartado do gasto dedicado a investimentos reais un -84,15% con respecto a 2008, a friorenta cifra de -340.926,52 para o ano 2009 , dentro dun orzamento que non ascendeu a máis de 1.993.997,36 euros. De media nos concellos de España ( 2008 ) dedicouse un 23,98% a gastos en investimentos reais, MENTRES QUE no concello de Cotobade dedicouse un 3,22% do orzamento A INVESTIMENTOS, uns 20,76 puntos porcentuais menos que a media dos concellos de España.

Con estas desmesuradas cantidades no capítulo de gastos en persoal é lóxico que os investimentos, que é o que permite innovar e facer proxectos que benefien aos veciños, sexan irrisorios e que haxa que escoitar á inmensa maioría dicir "aquí non se fai nada..." e ler nos xornais ao alcalde dicir "que Cotobade dentro de pouco non terá nin para pagar o recibo da luz".

Entendo que un alcalde teña que ter un soldo digno, pero o primeiro que fixeron estes señores ao chegar ao goberno no 2003 foi triplicarlle o soldo ao alcalde entrante e éste asignar dedicacións aos concelleiros do BNG, nin máis nin menos que para poder asinar un pacto de goberno.

Que nun concello do rural galego de non máis de 4550 habitantes haxa no seu goberno un alcalde que gañe 46 mil euros ao ano e tres concelleiros con dedicacións de 1500 euros ao mes (=4.500 entre 3 ao mes), sumando gastos de móbil de 100 euros e gasolina por importe de 100 KM ao alcalde e a un concelleiro do BNG é susceptible de criticar moito, por dicilo nun tono suave. A única concelleira que aporta frescura a este goberno é Lina Garrido, membro de Máis BNG.

Moitos que foron goberno e oposición en anteriores lexislaturas terían que regresar ou sair de vez en cando a criticar estas prácticas, pois o anterior responsable do BNG en Cotobade, Manuel Reboredo, máis o anterior alcalde, Moncho, e outros moitos concelleiros e tenentes de alcalde (xa me entenden) tiñan outro estilo moi diferente como políticos e de xestionar os recursos públicos.


O caso de O Porriño:


Por exemplo, o novo Goberno local de Porriño, formado por Cidadáns-Independentes-PP, tardou exactamente 11 días en subirse e triplicarse o soldo tras a súa investidura e a moción de censura que se efectuou contra o anterior alcalde do BNG, Raúl Francés. Como primeira medida dun goberno é totalmente LAMENTABLE.

Que mensaxe aspiran a transmitir os políticos locais aos cidadáns nesta intensa crise económica?

Estou convencido que é moi necesaria unha regulación dos soldos dos alcaldes dos concellos según a súa poboación, pois a irresponsabilidade existe en moitas vilas de Galicia e do resto de España.

Os que entendemos a política doutra forma, dun xeito máis honesto, e os que admiramos aos polítos dedicados ao servicio da xente, a patear as rúas das cidades, das aldeas e dos pobos e a tratar de xestionar os recursos con eficiencia, criticaremos sempre actuacións destes mal chamados servidores públicos, pois ao único que parecen servir é ao seu peto, e, por iso, seremos consecuentes cunha maneira de pensamento que trascende ideoloxías.


Por iso, considero moi acertadas as verbas do mestre Tierno Galván cando dicía que "os políticos terían que ter as súas carteiras de cristal".

Tamén, recollía Plutarco nunha obra na que falaba sobre os ritos das mulleres dos maxistrados en Roma "que a muller do César non só ten que ser honrada, senón tamén parecelo..." os políticos igual.

Fin.


Unhas notiñas:

-Gracias Xinthia ou como te chamaran por truncarme a celebración no 27 de febreiro dos meus 21 anos (mellor dito: gracias aos metereólogos que pronosticaron o "finis mundi"...)

-Alégrome de que non lle pasara nada a un bo amigo que teño por Chile, César Abal, e mostrar a miña solidaridade coas familias que sufriron a catástrofe do terremoto.

-Anímovos a ir o venres en Santiago á cea solidaria pola catástrofe de Haití organizada pola Dirección Xeral de Xuventude.

-Primeiro ano de goberno popular, noraboa, pero aínda queda moito por facer, ánimo.
A miña aposta para o novo Decreto no ensino non universitario é de 50-50 para o galego e o castelán.

lunes, 1 de marzo de 2010

A orlando Zapata


[http://www.cubademocraciayvida.org/web/article.asp?artID=10564 Pincha]

Conocía el caso de Orlando Zapata por artículos de internet y de la oposición cubana.

No creo que yo sea el único que en estos días se haya acordado de la huelga de hambre más famosa de los últimos años en España, famosa entre otras cosas por ser una huelga de hambre muy fina, con su queso y su jamón york a la misma hora.

Fuera de individuos, como Iñaki de Juana Chaos, que nunca deberían salir de la cárcel por asesinar cobardemente a más de 20 personas por el neandertal valor de no reconocer que los demás puedan pensar distinto a uno, sí hay, en cambio, otra serie de personas que no deberían ir a la cárcel por el mero pseudodelito de pensar diferente, uno de los principios más elementales de los derechos humanos. Tanto los que matan a pistolazos en España como los que matan con el poder del Estado Cubano usan el terror como medio para sus fines.

Una huelga de hambre se hace cuando la desesperación colma el alma de un hombre.

Después de convivir con ratas en su celda, ser atrozmente torturado tal como relata la disidencia, Zapata no murió por su decisión, lo mató la dictadura y todos los que la apoyan.

El funeral, silenciado desde Cuba.

¿Las democracias? La única con firmeza, Francia. ¿La española? tardó dos días en reaccionar, gracias a un finiquito del Presidente de la República Francesa, "O sales ya a denunciar lo de Cuba como Presidente de turno de la UE, o será Francia quien lo denuncie..."

Este régimen fue el que la dirección de las juventudes del Bloque Nacionalista Galego, Galiza Nova, puso como ejemplo de modelo social no hace mucho tiempo, afirmaciones criticadas como desnorte ideológico por otros miembros de la organización.

Para los que condenamos todas las dictaduras y sistemas totalitarios también nos seguiremos diferenciando de otra gente en estos aspectos.

Desde mi juventud no puedo imaginarme el dolor que se incrementa estos días en la disidencia cubana; pero me gustaría que todas las historias que conocemos por nuestros abuelos que en sus días enfrentaron a hermanos contra hermanos no vuelvan a suceder ni en España ni en Cuba, nación hermana de mi patria común, España, y de Galicia, mi tierra natural.

Finalmente, por la libertad, quiero mostrar mi admiración y mi respeto a todos los disidentes que están exiliados en todo el mundo, especialmente en España, por la lucha que siguen llevando a cabo estos días, si cabe con más impulso y vehemencia, contra los tiranos que rigen los destinos de Cuba.