miércoles, 3 de marzo de 2010

A credibilidade dos gobernantes locais

Ás veces, ido pola idea práctica de que nos pobos se vota á persoa e non ao partido, pois son dos que prefire en moitos casos a calidade humana dunha persoa que a súa ideoloxía, cuéstionome si un individuo calquera sendo dun partido X por moi fiel que sexa votaría á súa opción política en todos os concellos... Creo non ocupar o espacio desa masa de homes que o faría, como diría Ortega e Gasset, aínda que tampouco aspiro a ser o home heroe da súa obra.

Deberían estar os soldos dos rexidores municipais regulados? sen ánimo intervencionista, penso que si.

Ninguén dubida de que o ente local é a administración máis próxima ao cidadán, mais creo que moitos alcaldes non son os máis próximos aos seus veciños en canto ás súas retribucións.

O caso de COTOBADE:

Xa no seu día critiquei firmemente que o goberno bipartito BNG-PSOE do meu pobo, Cotobade, dedicase no ano 2009 o 36,34% do orzamento municipal a gastos en persoal, 8 puntos porcentuais máis que a media estatal, que se sitúa en 28,13%.

Diminuíndo no apartado do gasto dedicado a investimentos reais un -84,15% con respecto a 2008, a friorenta cifra de -340.926,52 para o ano 2009 , dentro dun orzamento que non ascendeu a máis de 1.993.997,36 euros. De media nos concellos de España ( 2008 ) dedicouse un 23,98% a gastos en investimentos reais, MENTRES QUE no concello de Cotobade dedicouse un 3,22% do orzamento A INVESTIMENTOS, uns 20,76 puntos porcentuais menos que a media dos concellos de España.

Con estas desmesuradas cantidades no capítulo de gastos en persoal é lóxico que os investimentos, que é o que permite innovar e facer proxectos que benefien aos veciños, sexan irrisorios e que haxa que escoitar á inmensa maioría dicir "aquí non se fai nada..." e ler nos xornais ao alcalde dicir "que Cotobade dentro de pouco non terá nin para pagar o recibo da luz".

Entendo que un alcalde teña que ter un soldo digno, pero o primeiro que fixeron estes señores ao chegar ao goberno no 2003 foi triplicarlle o soldo ao alcalde entrante e éste asignar dedicacións aos concelleiros do BNG, nin máis nin menos que para poder asinar un pacto de goberno.

Que nun concello do rural galego de non máis de 4550 habitantes haxa no seu goberno un alcalde que gañe 46 mil euros ao ano e tres concelleiros con dedicacións de 1500 euros ao mes (=4.500 entre 3 ao mes), sumando gastos de móbil de 100 euros e gasolina por importe de 100 KM ao alcalde e a un concelleiro do BNG é susceptible de criticar moito, por dicilo nun tono suave. A única concelleira que aporta frescura a este goberno é Lina Garrido, membro de Máis BNG.

Moitos que foron goberno e oposición en anteriores lexislaturas terían que regresar ou sair de vez en cando a criticar estas prácticas, pois o anterior responsable do BNG en Cotobade, Manuel Reboredo, máis o anterior alcalde, Moncho, e outros moitos concelleiros e tenentes de alcalde (xa me entenden) tiñan outro estilo moi diferente como políticos e de xestionar os recursos públicos.


O caso de O Porriño:


Por exemplo, o novo Goberno local de Porriño, formado por Cidadáns-Independentes-PP, tardou exactamente 11 días en subirse e triplicarse o soldo tras a súa investidura e a moción de censura que se efectuou contra o anterior alcalde do BNG, Raúl Francés. Como primeira medida dun goberno é totalmente LAMENTABLE.

Que mensaxe aspiran a transmitir os políticos locais aos cidadáns nesta intensa crise económica?

Estou convencido que é moi necesaria unha regulación dos soldos dos alcaldes dos concellos según a súa poboación, pois a irresponsabilidade existe en moitas vilas de Galicia e do resto de España.

Os que entendemos a política doutra forma, dun xeito máis honesto, e os que admiramos aos polítos dedicados ao servicio da xente, a patear as rúas das cidades, das aldeas e dos pobos e a tratar de xestionar os recursos con eficiencia, criticaremos sempre actuacións destes mal chamados servidores públicos, pois ao único que parecen servir é ao seu peto, e, por iso, seremos consecuentes cunha maneira de pensamento que trascende ideoloxías.


Por iso, considero moi acertadas as verbas do mestre Tierno Galván cando dicía que "os políticos terían que ter as súas carteiras de cristal".

Tamén, recollía Plutarco nunha obra na que falaba sobre os ritos das mulleres dos maxistrados en Roma "que a muller do César non só ten que ser honrada, senón tamén parecelo..." os políticos igual.

Fin.


Unhas notiñas:

-Gracias Xinthia ou como te chamaran por truncarme a celebración no 27 de febreiro dos meus 21 anos (mellor dito: gracias aos metereólogos que pronosticaron o "finis mundi"...)

-Alégrome de que non lle pasara nada a un bo amigo que teño por Chile, César Abal, e mostrar a miña solidaridade coas familias que sufriron a catástrofe do terremoto.

-Anímovos a ir o venres en Santiago á cea solidaria pola catástrofe de Haití organizada pola Dirección Xeral de Xuventude.

-Primeiro ano de goberno popular, noraboa, pero aínda queda moito por facer, ánimo.
A miña aposta para o novo Decreto no ensino non universitario é de 50-50 para o galego e o castelán.

No hay comentarios: