viernes, 4 de febrero de 2011

Cubela denuncia que “o concello de Cotobade paga a 4 alcaldes que non fan a función de un”

Os populares critican os salarios “astronómicos” do alcalde socialista e dos concelleiros nacionalistas.

Estes soldos supóñenlle ás arcas municipais un custo que ascende aos 124.943 euros anuais


Cotobade, 3 de febreiro de 2011.-

O PP de Cotobade critica a cifra de 124.943 euros anuais que lle supoñen ás arcas municipais os soldos do alcalde socialista, Manoel Loureiro, e de dous concelleiros do BNG, Lina Garrido e Emilio Iglesias, contanto este cunha asesora ás súas costas.
Jorge Cubela cualifica de “despilfarro” a cantidade destinada anualmente ao pago destes salarios “astronómicos”.

“Os veciños de Cotobade estamos pagando a 4 alcaldes, pero os 4 xuntos non fan a función de un”, “en Cotobade hai dous gobernos, o Goberno do PSOE e o Goberno do BNG, que traballan cada un por libre co absoluto beneplácito do Alcalde”.

Os populares consideran “excesivos” estes soldos e consideran que se deberían ter eliminado as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas Lina Garrido e Emilio Iglesias, “xa que cobran ao ano máis que moitos veciños de Cotobade, aínda que coa diferenza de que eles son traballan 4 horas semanais”.

A dedicación parcial do concelleiro de Promoción Económica, Emilio Iglesias, supón un custo anual de 22.365 euros, a mesma cantidade que cobra ao ano a tenente de alcalde e concelleira de cultura e deporte Lina Garrido.

“Os concelleiros nacionalistas pasaron de cobrar 1.200 euros ao ano na anterior lexislatura a cobrar máis de 1.200 euros ao mes, por traballar 4 horas á semana” apunta Cubela. “Todo un privilexio que hoxe en día non se pode permitir, e menos tendo en conta a difícil situación económica pola que están pasando tantos veciños de Cotobade”.

Os populares apuntan que o soldo do rexedor local ascende a 54.735, dos que percibe 40.545 euros máis 14.120 euros por seguridade social.

A suma destes soldos supuxeron nesta lexislatura un total de 500.000 euros, a cargo dos fondos municipais, e que evidencian “que o pacto de Goberno é máis un pacto de reparto de soldos ca de goberno, onde non hai nin plainificación nin xestión, máxime se consideramos a ineficaz e inexistente xestión que realizan os membros do actual goberno local”.

No hay comentarios: