jueves, 17 de febrero de 2011

O PP de Cotobade acusa ao BNG de “mentir con descaro” sobre a Lei de Augas

• Cubela, considera que “Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral con esta Lei, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

• O candidato popular garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga


Cotobade, 16 de febreiro de 2011. –

O PP de Cotobade acusa ao BNG local de “mentir con descaro” aos veciños sobre a Lei de Augas a través de charlas informativas.
O candidato popular á alcaldía, Jorge Cubela, considera que Anxo Santomé, candidato do BNG, está facendo campaña electoral, pero baseándose en mentiras e medias verdades”.

Cubela incide en que esta Lei aplícase co fin de que Galicia cumpra coa normativa europea e lembra que o canon galego será o segundo máis barato de España.

Neste senso, Cubela garantiu que “a pesar dos importantes esforzos do BNG por manipular a realidade, o certo é que os pozos particulares e as traídas veciñais e comunitarias non terán que pagar polo consumo de auga, ao igual que os usos gandeiros, agrícolas e forestais, que tamén quedan exentos do pago do canon”.

O candidato popular manifestou que “é lamentable que os nacionalistas teñan que utilizar falsidades e manipulacións para tentar achegarse aos veciños, en lugar de actuar e esixir responsabilidades no Goberno local”.

Así mesmo Cubela insta ao candidato nacionalista a que “se preocupe máis polos cartos que lle supoñen aos veciños as dedicacións parciais dos concelleiros nacionalistas, cartos tirados cos que se poderían destinar para proxectos de traídas de augas en moitas parroquias, algo que en 8 anos non fixeron”.

2 comentarios:

chispitas dijo...

Realmente non me queda clara esta noticia... e dicir, ¿que é o que esta vendendo o BNG?¿que dixo Anxo realmente?

Anónimo dijo...

solo tienes que leer el facebook bng cotobade para hacerte una ligera idea