lunes, 17 de mayo de 2010

Gallaeciae Regnum


Este 17 de abril cúmprense 147 anos desde que a nosa escritora máis celebrada en Lingua Galega, Rosalía de Castro, publicase na Habana: Cantares Gallegos, motivo que deu orixe ao Rexurdimento das nosas letras e da defensa da nosa cultura, non antes sen un traballo previo dos nosos precursores como Juan Manuel Pintos coa súa obra A Gaita Gallega; ou Francisco Añón, ademais doutros provincialistas como Faraldo, que promoveu as letras dende a Universidade de Santiago, na que eu estudio.

Contaxiados por este pensamento aparecerían os futuros herdeiros rexionalistas con Manuel Murguía á cabeza; obras como Queixume dos Pinos de Eduardo Pondal; ou Aires da Miña Terra de Curros Enríquez. Obras, todas elas, cun galego moi alonxado a normativas de mínimos e reintegracionistas que minorías afastadas da fala da nosa terra tratan de ensinar en moitos colexios de Galicia.

Por isto, coa man no corazón, reivindico a lingua dos poetas do Rexurdimento como Marcial Valladares e de todos aqueles que se esforzaron en dignificar a lingua do pobo, e tamén mencionar a loita que mantiveron no seu día escritores máis tardíos como Eladio Rodríguez e Lugrís Freire, persoeiros que terían que ter un lugar no ceo das nosas letras.

Algo moi parecido ao que defendeu o noso poeta 2010, Uxío Novoneyra, un poeta e escritor do Courel, como Anxel Fole.

Todos eles son persoas que hoxe en día loitarían contra o Galego de laboratorio e contra o uso partidario que o nacionalismo radical, afastado da galeguidade da nosa fala, quere facer dos nosos poetas, manipulando en multitude de ocasións o verdadeiro espírito galeguista dos nosos autores, a maioría defensores da nosa oralidad e da lingua tradicional das nosas vilas, aldeas e parroquias, dos nosos labregos e canteiros, dos nosos avós e antepasados.

Tamén de seguro, loitarían e criticarían a aqueles galegos que se avergoñan da nosa cultura e da nosa lingua, persoas que deben vencellar a nosa historia á propia da longa noite de pedra.

O 17 de maio ten que ser a perpetua homenaxe a persoas como Rosalía, Curros, Pondal, Valladares, Cabanillas, Fole ou Novoneyra, entre as ducias de homes e mulleres que loitaron polo recoñecemento legal da nosa Lingua propia e de poder vivir en Galego con liberdade, sen exclusións e sen imposicións na rúa, coa honra de saber que somos herdeiros de todo o anteriormente escrito.

Eu celebrei este 17 de maio entre Lalín e Forcarei.

En Lalín, onde o meu amigo Pablo Ferradás, Presidente de NNXX de Lalín, leu un manifesto co posicionamento de NNXX en defensa do noso Galeguismo, en defensa do Galego e en defensa da liberdade lingüística.

En Forcarei, concello onde é alcalde David Raposeiras, un dos tótems da política municipal, tivemos o pracer de contar entre os "activistas" con Gerardo Fernández Albor, a quen ninguén de ningún partido lle pode dar leccións de defensa e amor ó Galego.

1 comentario:

xesús lópez fernández dijo...

Amigo:
Sí que existe ese himno. Tes razón.
Coido que basado en "¡En pé!"