sábado, 1 de mayo de 2010

Os nosos candidatos

Os nosos candidatos:


Este mércores 5 de maio poderedes exercer o voso dereito a voto na Universidade votando, por unha parte, a unha lista de candidatos a reitor da Universidade, por outra parte, a representantes no Claustro Universitario e, por ultimo, a representantes nos Consellos de Departamentos.

Con este tuenti-evento, FAD pidevos o voto para así lograr unha boa representanción do alumado da Facultade de Dereito no Claustro e nos Consellos de Departamentos.

Os nosos candidatos a representantes no Claustro Universitario son:
· JORGE CUBELA LÓPEZ
· RUBÉN BARROS IGLESIAS
· RUBÉN MIRANDA GONÇALVES

Para estas eleccións comprometemonos a seguir traballando arreo na creación de máis CURSOS CONVALIDABLES por créditos de libre configuración, FOROS DE DEBATE, máis TORNEOS DE FÚTBOL, CHARLAS INFORMATIVAS sobre temas que interesen ó alumnado relacionados ca universidade (como os cambios que se van producir co Plan Bolonia), loitaremos para levar a cabo unha MELLORA NO MÉTODO DE CAMBIO DE GRUPO, colaboraremos co PASO DE ECUADOR da facultade e intentaremos negociar co concello para a OBTENCIÓN DUN CARNET DE ESTUDANTES para a denominada "ZONA ORA".



Os nosos candidatos a representantes nos Consellos de Departamentos son:
No departamento de Dereito Público e Teoría do Estado:
· YOLANDA BUSTO PADÍN
· RUBÉN MIRANDA GONÇALVES

No departamento de Dereito Común:
· PABLO CADARSO REBOLLEDO
· DIEGO GARCÍA GONZÁLEZ
· LORENA NOVO SECO