domingo, 25 de abril de 2010

Todos van ó seu, nós defendemos o teu!!



O vindeiro 5 de maio renóvase o Claustro da USC.

Dende a Circunscripción de Dereito pídovos, 1º como compañeiro, 2º como Presidente de FAD, o apoio nas urnas para a candidatura que defendemos.

Xa obtivemos un abrumador apoio sen precedentes no pasado decembro.
Hoxe, máis que nunca, convoco a todos os compañeiros da Facultade aun exercicio de reflexión.

Despois de acadar o triunfo nas pasadas eleccións á Xunta de Facultade gracias ó voso apoio, en tan só tres meses cumplimos todo que figuraba no noso programa electoral.
Elaboramos as "I XORNADAS SOBRE DEREITO ACTUAL" ofertando 2 créditos de libre configuración, levamos a cabo o "I TORNEO DE FÚTBOL FAD" con equipos formados por alumnos desta facultade,volvimos a organizar en colaboración co Decanato o "II FORO DE EMPREGO", estamos a negociar cos canditatos a reitor a cuestión dos CAMBIOS DE GRUPO, HORARIOS DE BIBLIOTECAS e a creación de BOLSAS DE COLABORACION ca USC...

Por isto e por vós.