domingo, 1 de noviembre de 2009

Reitorables na USC

Hoxe, La Voz de Galicia cóntanos quenes son tódolos posibles candidatos ás Eleccións a Reitor que os Compoñentes da Comisión Electoral do Claustro convocaremos para o segundo cuatrimestre.

1. Lourenzo Fernández Prieto. Por Universidade Aberta, de corrente nacionalista. É profesor de Historia e formou parte do actual equipo reitoral até a súa dimisión en marzo.

2. Laura Sánchez Piñón. Concorrerá como independente. É Exconselleira de Educación. Catedrática de Xenética. Conta co apoio de Carlos Pajares, Ex-Reitor.

3. Juan José Casares Long. Presentarase outra vez tras empatar en votos nas pasadas Eleccións a Reitor con Senén Barro. Farao como independente e xa mantivo os seus primeiros contactos con Converxencia. É Catedrático de Química.

4. Juan Viaño Rei. Contará previsiblemente co apoio da PUPA, plataforma do actual Reitor. É Vicerreitor de Profesorado e con anterioridade foi Decano de Matemáticas.

Nun escenario con 4 candidatos tan fortes espero que se estableza un debate aberto, sinceiro e integrador, onde as asociacións de estudantes e os alumnos teremos moito que dicir e decidir.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Jorge, debías de estar pensando no escritor...

Anónimo dijo...

Claro, agora que censuraches o comentario no que se indicaba o tu error sobre o nome de Casares Long cambiándoo como quen non se entera, o anterior comentario queda descontextualizado.

Anónimo dijo...

Jorge, Casares estará encantado de recibir a calquer alumno, fai a proba...

Un saúdo.

Anónimo dijo...

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/decano-bioloxia-anuncia-suma-larga-lista-candidatos-rector-usc/idEdicion-2009-11-14/idNoticia-487154/

Anónimo dijo...

Ser reelegido en un cargo que no se tiene parece complicado (por lo de casares).