miércoles, 1 de abril de 2009

Arranca a oitava lexislatura da Autonomía Galega



Ademais de Pilar Rojo, a Mesa tamén está composta por José Manuel Baltar Blanco (PP), que exercerá como vicepresidente primeiro; Ricardo Varela (PSOE), vicepresidente segundo; José Manuel Balseiro (PP), secretario; e un vicesecretario do BNG, que será o ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Arranca deste xeito unha lexislatura que se augura dura, difícil e comprometida pola gran situación de crise económica.

Espero que o novo Goberno do PP aprensa dos erros cometidos no pasado e tamén dos cometidos polo Bipartito para establecer un Goberno digno, forte e unido en torno á moderación e ós intereses xerais de Galicia.

Unha sociedade tan unida como o foi en antano a galega, gracias á sensibilidade e á personalidade incluínte que exerceu Manuel Fraga, que conxugaba perfectamente a defensa de Galicia coa defensa de España, ten que volver a non sumerxirse en problemas e non volver fragmentarse en cuestións como o da lingua e outros temas máis cos que nunca houbera contradiccións. E nesa teima deberán estar tódolos partidos e os seus correspondentes parlamentarios.

1 comentario:

tevye dijo...

Eu tamén espero que aprenda deses erros, pero non poría a man no lume, 16 anos de clientelismo (véxase o caso das declaracións de José Luis Baltar gabándose de terlle cambiado as papeletas a unhas persoas) serven para sementar a dúbida en calquera persoa.

Sensibilidade e personalidade incluínte a de Fraga? Non tomes isto como condescendencia pero, Jorge, ao mellor és noviño e non te lembras de declaracións do tipo "los hijos de buena familia son más listos y cuando concursan en una oposición tienen más posibilidades de alcanzar el éxito... en una casa de personas prominentes los hijos salen con más posibilidades", "si se ponen tontos se les pega un cañonazo y punto", "tóqueme usted l... las narices", "porque eres mujer si no te daba un par de...", "que pasen los antidisturbios"... e o xa clásico "la calle es mía".
Si, expresións propias dunha persoa tolerante e cunha personalidade incluínte querendo que todos, independentemente do noso ideario, participemos no avance do país; que participemos calados.

E o da defensa de Galicia, que hai dos problemas que houbo coa PAC? e as subvencións para o peche de explotacións agrogandeiras? e a expulsión de capital humano? e a morte da nosa flota pesqueira?

E faime graza que digas que a sociedade galega se fragmentou en cuestións como a da lingua, cando quen, en grande parte, fomentou esa fragmentación (ficticia) foi o propio PP ao darlle cancha á campaña antigalega de organizacións como Galicia Bilingüe, cuxo bilingüismo se fundamenta no feito de que "que una comunidad sea bilingüe no significa que todos sus ciudadanos deban serlo"... que bilingüismo é ese?
Claro, o idioma é un dos poucos sinais identitarios que nos quedan, e non está ben iso de que España non sexa un estado uniforme.

Saúdos, e que Galiza sufra pouco nos tempos que nos veñen. Eu xa vexo privatizada totalmente a autoestrada dende Ourense a Santiago.

Tevye.