sábado, 12 de diciembre de 2009

Chamábase voto da emigración...


Acaba de chegar o noso Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, dunha viaxe polas Américas galegas.

Seguín con maior atención esta viaxe polo compromiso que manifesta Núñez Feijoo para que os galegos do exterior poidan votar en urna e non como se fai ata agora onde calquera pode levar o voto dunha persoa e envialo por correo (verídico), máis propio dos tempos caciquís da Galicia de finais do XIX que a do século XXI.

Os políticos que máis trabas poñen á consecución deste dereito deben de entender a emigración exclusivamente como botín electoral, como aquelas fraudes nas que se inscribían a persoas xa falecidas no censo. A pesar disto, para a maioría, a emigración forma parte do país como símbolo de dignidade e de sacrificio dos que non atoparon en Galicia unhas boas condicións para vivir.

É necesario que se reforme a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que o voto emigrante sexa igual de segredo e seguro que o noso, principios electorais básicos nun Estado democrático como o noso.

Non son moitas as remisións que a Constitución fai ao réxime electoral.
Pola súa banda, os Estatutos fan remisión a unha lei electoral propia para regular as cuestións do réxime electoral pero que teñen que respectar á LOREG, que regula as normas básicas e de xeral aplicación, deixando unha porta aberta a que as leis autonómicas poidan determinar certos aspectos sobre o réxime electoral.

Pola nosa banda, a nosa Comunidade Autónoma aprobou a Lei Electoral 8/1985 de 13 de agosto, Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia.

O noso Estatuto garante a elección do Parlamento autonómico por sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo.

Por outra banda, é típico nos sistemas electorais atoparse inscrito no Censo (historicamente era voluntario, mesmo en EEUU sigue sendo así), garantindo que a persoa que vota cumpre con tódolos requisitos, cunha dobre finalidade lóxica:

- Que non voten os que non teñen dereito a facelo.
- Os que teñen dereito que non voten máis dunha vez e tampouco que voten en lugar e no nome doutras persoas.

Por estes motivos, é inadmisible que en 30 anos de democracia ninguén tivese interese en reformar esta Lei, que como Lei orgánica que é necesita a maioría absoluta do Congreso para a súa modificación, é dicir, un amplo consenso, o cal non se produciu aínda, xa que como se adoita dicir, pasando o día, pasou a romaría.

En definitiva, Galicia apoiará sempre ao noso Presidente para que presione ao Goberno de España neste sentido para que as palabras non queden en intencións e si cheguen a converterse en feitos.

Adiante.

2 comentarios:

Carlos Vázquez Padín dijo...

Home Jorge, quen no seu dia se dedicou a facer medrar o CERA para que esa bolsa de votos sen neng ... Ver más...ún tipo de control democrático e que controlaba quen tiña os resortes alí foi Manuel Fraga que que eu saiba é o fundador do Partido Popular, non un extra que pasaba por alí, o PP estaba encantado con este pucheirazo que controlaba ata que se deu conta que o PSOE ao controlar o goberno central seria quen controlaria o pucheirazo e xa non eles que foron os "inventores deste tinglado completamente antidemocrático". Falas de maioria absoluta e pareceme lembrar que o PP a tivo nas cortes de 2000 a 2004 pero entorno a este asunto calquera partido que goberne ainda sen maioria absoluta pode reunir apoios con facilidade o problema é que tanto PP como PSOE cando están na oposición piden o seu cambio e cando gobernan e a poderian cambiar donde dije digo digo Diego porque o partido gobernante é o beneficiado.

Acabamos de ver aos bolivianos residentes en España votar en urna, os caboverdianos teñen urna en Burela cando hai eleccións, etc e España non ten capacidade para facelo????. Ten capacidade pero nen o PP nen o PSOE son partidos de fondas crenzas democráticas como revela o feito de que non condenan todas as ditaduras sexan de esquerdas ou dereitas por igual, isto só o fai Converxencia XXI en Galicia.

Lembrate desta conversa, como o PP gañe as xerais no 2012 donde dije digo digo Diego e continuaremos cun pucheirazo que non se da nin nas repúblicas bananeiras.

Jorge Cubela dijo...

Boas Carlos!! un pracer que me dedicaras tanto tempo no teu comentario.

Eu creo que tódolos partidos que pasaron pola Moncloa teñen a súa parte de responsabilidade.

O PP estivo 8 anos e o PSOE pasou pola Moncloa entre Felipe e ZP uns 20 anos, tempo tivérono todos.

Agora, parece que hai acordo para a súa reforma, pero debe de facerse xa. Bono comprometeuse con Feijoo a axilizar o proceso; non vexo aínda novidades respecto diso. Quen ten hoxe en día o mando é o goberno central.

Particularmente, porque sexa do PP non falo en nome do PP, senón sobre o que eu penso que está ben e o que está mal como cidadán, de aí a crítica que fago sobre esta situación, que penso é compartida pola maioría de galegos e de españois.

É un tema que non pode esperar máis, xa que as municipais están ao virar a esquina... polo ben da democracia espero que non nos penetremos en 2012 con este tema non?

Saúdos!