viernes, 11 de diciembre de 2009

Valoración persoal

Como cada ano a USC celebrou Eleccións a representantes de alumnos ás Xuntas de Facultade.

Son unhas eleccións caracterizadas por ser anuais, algo que deixará de ser así -pasando a ser cada dous anos- si algunha vez conséguese aprobar a Reforma de Estatutos da USC.

Este ano foron unhas eleccións moi importantes posto que Dereito bateu índices de participación con 500 persoas acudindo ás urnas, superando a cifra de 320 persoas do ano pasado -un 17´5% do censo- que supuxera o índice máis alto até o momento.

Para os que conformamos a candidatura de Foro Alumnos de Dereito foron 15 días previos de intenso traballo, tendo en conta que foi unha lista moi seleccionada que partiu de cero, sen orzamento, sen medios informáticos nin técnicos e con moi pouca axuda.

A nosa guía foi moi práctica: coller o touro polos cornos, pór toda a carne no asador e baixar á area a loitar como os vellos gladiadores de outrora sen máis medios que o traballo persoal, indo alumno por alumno convencendo das nosas propostas.

A estas eleccións á Xunta de Facultade presentáronse 5 asociacións estudantís: AiD, Agir, Comités, IESGA e FAD.

Elixíanse 26 representantes; como unha asociación non pode acaparar máis do 70% da representación, só se podían presentar 18 por lista; nós presentamos 17, saíndo todos elixidos, e os 9 restantes foron para AID, sumando 5 postos máis, xa que no terceiro ciclo non se presentou ningún candidato e correron lista para o segundo sector, que somos nós.

Todas as asociacións partían con certa vantaxe valorando que case todas tiñan implantación e medios para traballar. Nós desde FAD, e eu, particularmente, con humildade, séntome tremendamente gratificado pois que conseguiramos este apoio para a nosa candidatura e uns resultados electorais históricos -ningunha asociación nin ninguén tivo nunca 238 votos nunhas Eleccións en Dereito- sendo a primeira vez que nos presentabamos é moi ilusionante para traballar si cabe con máis dedicación e esforzo para faceres valer tódolos nosos representantes na Xunta de Facultade, nas Comisións e ante o Reitorado.

CAF, despois de ser durante 20 anos a forza hexemónica na nosa Facultade, por primeira vez non terá ningún representante en Xunta de Facultade.

IESGA subiu en moitos votos, polo que felicito aos seus membros.

Gustaríame brindar a miña man a CAF e a IESGA para colaborar en todas as propostas nas que esteamos dacordo, felicitarlles pola gran actitude que mantiveron durante o día das Eleccións e animarlles a seguir traballando, algo que xa demostraron todos estes anos.
Tamén quero felicitar a Rubén Ponce, un currante nato, e a todos os integrantes de AID que saíron elixidos como representantes e brindarlles a colaboración de todo FAD.

Finalmente, dar as infinitas gracias a tódolos participantes nestas eleccións, porque con esta participación colocamos a Dereito nos comentarios de toda a USC.

Moitas gracias!


1- Jorge Cubela López, 238. De Cotobade (PO)

2- Rubén Miranda Gonçalves, 237. De Xunqueira de Espadanedo (OU)

3- Rubén Barros Iglesias, 236. De Caldas de Reis (PO)

4- Diego García González, 228. De Cervo (LU)

5- Yolanda Busto Padín, 227. De Moraña (PO)

6- Ana Mato Salgado, 224. De Toques (CO)

7- Rocío Quinteiro Villanueva,223. De Cotobade (PO)

8- Iago Seijo Fraga, 221. De Cangas (PO)

9- Pablo Cadarso Rebolledo, 219. De Vigo (PO, xD)

10- Leticia Domínguez Susavila, 217. De Catoira (PO)

11- Álvaro Romero Maneiro, 217. De Santiago (CO)

12- Lorena Novo Seco, 216. De Pontevedra (PO)

13- Santiago Posse Cobas, 215. De Vigo (PO)

14- Mario Velo Martínez, 215. De Mazaricos (CO)

15- Pablo Fernández García-Armero, 212. De Vilalba (LU)

16- Jaime González Guimeráns, 208. De Pontevedra (PO)

17- Marta Pereira Rodriguez, 202. De Santiago (CO)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabens a todos os candidatos!

Yolanda dijo...

Pontevedra manda eh!:D
ganar las elecciones fue el mejor regalo de cumpleaños!jaja

Me siento aogullosisima de estar en FAD!

Gracias a todos!

Anónimo dijo...

A verdade é que foi un placer traballar ao teu lado para conseguir esta gran victoria. Sigue así, chegaras lexos

Rubén Miranda Gonçalves dijo...

Sr Cubela, felicidades pola entrada que hoxe nos brinda. Sen dúbida, é un pracer poder comentar no seu blogue. Non me cansarei de repetir que estou moi satisfeito cos resultados, non só por que gañamos as eleccións, senón porque a xente depositou en nós unha confianza que endexamáis se apreciou na facultade. Unha abrumadora participación que demostrou, en gran parte, a insatisfación que o alumnado tiña supoño que, en relación coas outras asociacións que había. Non sei, é o que se me vén á cabeza a simple vista.
Quero agradecer tamén persoalmente a todos os que nos votaron, porque moitos de vós xa erades coñecidos, pero eu, persoalmente, era a miña primeira vez que me presentaba a unhas eleccións, e que a xente me consolidase como o segundo máis votado, pois satisfaime e dame forzas para traballar e seguir a diante co noso proxecto. Espero non defraudar ao alumnado.
Foron moitas as persoas que me felicitaron, moitos me dixeron: "confiamos en vós" "eu voteivos, agora non fagades coma os outros", "chegou o cambio a dereito" outros até se lle vía na cara que estaban contentos por deixar aos CAF sen representación, xa que me decían que non concebían que na facultade de Dereito estiveran eles de representantes, eu non opinei, as súas razóns terán.
Pero bueno, o caso é que gañamos, sacamos toda a lista de candidatos, e agora estamos á vontade do alumnado para velar por eles.

Apertas!! e sobre todo, moita forza!!

Anónimo dijo...

Moitos parabéns para todos!!!