domingo, 13 de junio de 2010

Telmo Martín, 10 de xullo

O 10 de xullo será cando e Pontevedra será onde.

A modo de eslogan tipo Xacobeo, quero indicar cando será o momento en que a maquinaria do aparato local dos populares porá o contador a cero de cara ás municipais do vindeiro maio de 2011 coa presentación de Telmo Martín como aspirante á alcaldía da cidade do Lérez.

Despois dos magníficos resultados recollidos nas urnas no pasado ano 2007, creo que Telmo e o seu equipo deben aspirar a todo por e para Pontevedra e, porque non dicilo, estou firmemente convencido de que o esforzo será descomonual.

Tras 8 anos sendo Alcalde de Sanxenxo, 4 anos líder da oposición en Pontevedra, empresario de gran éxito, Telmo conta cun aval de experiencia moi acreditado.

Acostumado a patear, traballar e ilusionar, os pontevedreses estou seguro que apostarán por el como garantía de futuro.

Telmo Martín, 10 de xullo.

No hay comentarios: