martes, 26 de octubre de 2010

Jorge Cubela nomeado presidente da xestora do PP de Cotobade

Cotobade, 26 de outubro de 2010-


A Xunta Directiva Provincial someteu onte a aprobación a conformación da xestora que se encargará da dirección do partido en Cotobade.

A militancia do PP xa propuxera, o pasado mes de setembro, a Jorge Cubela como posible candidato do Partido Popular á alcaldía de Cotobade, e á espera de que o Comité Electoral Provincial tome unha decisión definitiva, foi nomeado presidente da xestora do Partido Popular desta localidade.

A intención de Cubela é comezar agora “un traballo decisivo para o PP local de cara ás eleccións de 2011, xa que o obxectivo do Partido Popular neste momento é que os veciños coñezan de primeira man o proxecto do PP, independentemente de quen sexa o candidato”.


O novo presidente local asegura que “o labor do Partido Popular vai de seguro atraer e sumar máis xente á estrutura do partido, pois temos unha idea clara do que queremos para o noso municipio en sectores primordiais como o económico, laboral ou cultural que de seguro van resultar do interese de todos e que pensamos transmitir a través do percorrido por todas e cada unha das parroquias e con reunións veciñais”.


El PP nombra a Cubela presidente de la gestora en Cotobade (La Voz de Galicia)

El PPdeG ratifica la gestora de Cotobade y la candidatura de Jorge Cubela (Diario de Pontevedra)

5 comentarios:

o blog de xesús lópez dijo...

Xa tiña noticia que agora vexo confirmada. Moita sorte. Xesús.

Jorge Cubela dijo...

Moitas gracias, Mestre.

Sei que fuches dos que se alegrou de corazón.

Apertas Xesús

o blog de xesús lópez dijo...

Ledo de corazón, claro que sí. Pero éso de Mestre, que dís, non vai conmigo, xa sabes.
Reitero, que non che falten as forzas. Xesús.

Marcos dijo...

Enhorabuena, Jorge. Eres de los que sabes que un cargo es una carga, por lo que estoy convencido de que trabajarás duro para liderar el partido y para poner en marcha un proyecto ilusionante para tu pueblo.

¡Mucha suerte!

Nel dijo...

Ola Jorge,

Hai moito tempo que non pasaba por este blog. Ando moi desconectado da política pontevedresa ultimamente. E visítote para felicitarche polo teu nomeamento como candidato do PP en Cotobade, feito que acabo de descubrir na Voz ao ler que tamén un mozo vai encabezar a lista do BNG nese concello. En fin, savia nova para un concello, como tantos outros, avellentado, pero non falto de futuro. Noraboa (a pesar da foto con Louzán, permíteme algo de crítica tamén pero o cacique de Ribadumia é superior a min) e sorte.