miércoles, 19 de enero de 2011

CUBELA PROXECTA ENTRE AS SÚAS PROPOSTAS DE GOBERNO A CREACIÓN DUN CAMPO DE HERBA SINTÉTICA PARA COTOBADE

Cotobade, 19 de xaneiro de 2011.-

O deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, recibiu está mañá no Pazo provincial ó portavoz do PP de Cotobade, Jorge Cubela. Durante a xuntanza de traballo se abordaron, principalmente, temas relacionados co deporte no municipio de Cotobade.

En concreto, o representante local comentou que, de cara a lograr que as actuacións en materia deportiva en Cotobade sexan máis eficientes, incluirá na súa proposta electoral para as municipais de 2011 algunhas iniciativas neste eido. Entre elas, cómpre destacar a creación dun campo de herba sintética de última xeración, de características similares ás dos setenta que a Deputación está a instalar por toda a provincia.




A maiores, Cubela faloulle a Sotelo das necesidades máis perentorias do equipo de fútbol de Caroi, co que ten adquirido un compromiso de futuro para a realización dalgunha obra de mellora no campo, e do equipo de fútbol sala Tenorio FS, para o que solicitou a colaboración da Deputación con diferentes materiais deportivos.

Herba artificial de última xeración.

Os campos de herba artificial de última xeración que a Deputación está a instalar por toda a provincia, ofrecen unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó do céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Ademais, xa están recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA.

70 campos de fútbol por toda a provincia.

A Deputación está a impulsar un plan pioneiro que posibilita a construción de máis de 70 campos de fútbol de herba artificial de última xeración repartidos por toda a provincia. Estas actuacións requiren un investimento duns 36 millóns de euros. Moitos dos 70 campos proxectados están funcionando xa a pleno rendemento.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

"Os campos de herba artificial de última xeración que a Deputación "
¿Que pinta a deputación, cando as van a suprimir para que deixen de ser un viveiro de ineptos?¿Cotobade necesita gastarse ise diñeiro nun campo de futbol?¿non cres que sería mellor gastalo nun plan de fomento do emprego?.¿E a necesidade máis importante nestes momentos de cotobade, ter un campo de herba artificial?´Quizais esa panda de ineptos que te asesoran dende arriba(que engañan a moitos galegos pero non nova xente preparada que se da conta das cousas) te este asesorando mal.Porfavor reflexiona.

Jorge Cubela dijo...

Como os campos de herba artificial están proxectados para toda a provincia non me gustaría, si son elixido Alcalde, que o meu Concello, Cotobade, sexa menos que municipios como Campo Lameiro ou A Lama, de menor poboación que Cotobade, que xa contan cun Campo de Fútbol que a Deputación proxecta para 70 de toda a provincia.

O fomento do emprego é o eixe fundmaental do meu proxecto. De feito foi o primeiro que trasmitón ós veciños de Cotobade en canto me elixiron como prioridade máxima.
E,para iso, dotaremos de chan industrial a un concello no que os seus autónomos se teñen que ir ós polígonos veciños pola falta de xestión do goberno municipal para que Cotobade conte cun Polígono Empresarial.

Os únicos asesores que teño son os veciños de Cotobade, que están a redactar coas súas propostas o meu programa. E, por iso, presentaremos un programa realista e cumprible, polo que non prometeremos facer "o Vaticano".

Un saúdo e gracias pola opinión.

Anónimo dijo...

Igual si hay sintético se animan a retomar equipos como el Carballedo o el Tenorio, o se estabiliza unas escuelas municipales de fútbol con todas las categorías, unas instalaciones así tirán mucho. Lo que me sorprende es que Lina lleve 6 meses esperando que le contesten para la reunión y solicitar el campo de hierba, y ni caso en la diputación, no quiero ser mal pensado, pero el tema me da mucho asco, sin non votades o pp como campolameiro e a lama, de sintético nada, ese es el mensaje de la diputación.LA-MEN-TA-BLE

Jorge Cubela dijo...

A proposta fíxena eu como compromiso de Goberno, non a Deputación.

Se goberno terei que negocialo de tú a tú coa Deputación e a Xunta. Algo que non foron capaces en 8 anos.

Porque Louzán non recibiu ningunha petición do Alcalde cando o recibiu na Deputación ao respecto.


É a mostra de que en Cotobade hai dous gobernos, dous gobernos que vai cada un polo seu lado.

Louzán a quen ten que recibir é ó Alcalde como xa fixo.

Saúdos.