sábado, 16 de junio de 2007

No vagón de cola


Onte cumpríronse 30 anos das primeiras eleccións xerais da nosa democracia. As cortes formadas tra-las eleccións nomearon unha comisión encargada de elaborar unha constitución que exemplificase a vontade de profundizar no recoñecemento dos dereitos civís e políticos, na protección da diversidade cultural de España e na creación do Estado das Autonomías. Aquí poñíase fin a 300 anos de centralismo borbónico instaurándose un tipo de estado que fixese que a administración fose máis cercana ao individuo coa configuración das CCAA por primeira vez, xa que as rexións autónomas que así se constituíron na II República facíano sen deixar de ser o Estado unitario.

O autogoberno foi o que fixo posible que Galicia saia no mapa das autopistas, nas citas culturais ou que teñamos institucións propias e sinais de identidade. A unidade dos galegos aséntase arredor do noso Estatuto e do noso parlamento. O noso Estatuto, aprobado no 1981, supuxo para nós e para o futuro de Galicia a primeira etapa de reinserción económica e de desarroio máis importante da nosa historia. Levamos 25 anos convivindo sen conflictividades máis que aquelas creadas polos nacionalismos excluíntes.

Hoxe, 25 anos despois, España vive un proceso de remodelación autonómico abandeirado polo señor Zapetero e que aínda segue sen estar claro para que fins...Cataluña aprobou o seu dentro de terribles polémicas ao non contar nun 60% do seu texto cun contido constitucional, feito manifestado polo seu expresident Pasqual Maragall, gran hipócrita por permitir elaborar unha lei de tal importancia sen ser legal. É un exemplo do que nos está a gobernar en España e en Galicia. O contido soberanista do texto catalán é claro, pero que se puido facer xa que a maioría dos seus parlamentarios son nacionalistas ou "nacional-socialistas". Nun dos seus artigos obrigan ao Estado a invertir 2200 millóns de euros ao ano, dos que Galicia perderá de recibir entre 200 e 400. Nós, os galegos/as, estivemos sempre no vagón de cola do estado e na historia do progreso ata a chegada dos gobernos populares.

Hoxe as reformas irresponsables patrocinadas polo noso presidente do goberno, quen paralizou o plan Galicia elaborado polo anterior goberno, están a establecer CCAA de primeira e de segunda categoría política, de primeira os rupturistas e de segunda os fieis aos principios constitucionais de solidariedade, máis igualdade entre os españois e lealtade á unidade da patria. Galicia, onde maioría do seu parlamento é non-nacionalista, vive o seu proceso estancado xa que a minoría nacionalista trata de impoñer un termo que a maioría dos galegos non queren, o de nación, sendo isto para eles o máis importante en contraposición do finanzamento ou as cotas de poder e autogoberno, pero claro estamos a falar con nacionalistas do s.xIx enclados no leninismo da Upg, eles son os responsables de que non poidamos ser o exemplo de comunidade con cotas de autogoberno máis alto dentro dos límites constitucionais e de comunidade fiel á unidade do Estado, cumprindo o principio básico e perdido pola esquerda de igualdade entre os españois.

Esta foto, con Quintana como líder do Bng, non permitirá avanzar a Galicia aínda que haxa acordo entre Touriño e Feijoo, xa que estamos vendidos a un bigoberno, co que Touriño non está en condicións de pactar con Feijoo se non quere romper a coalición, por iso cómpre un cambio nas próximas eleccións da man de Núñez Feijoo, para poder pactar un estatuto que non cuestione o sentir maioritario da sociedade galega.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

o PP non `pode marchar ben cando non lle deixan marchar. Vive de genoveses e non de compostelans. asco sempre os q non poden falar sen deixar o chupete.

Anónimo dijo...

ENCE FORA DE PONTEVEDRA, AUMENTO DE CANCROS NUN ALARMANTE PORCENTAXE

Silvio Falcón dijo...

Contesteiche no meu blog. Unha aperta.

https://www.blogger.com/comment.g?blogID=34352885&postID=7288580863440347900

Silvio Falcón dijo...

Bon, mellor mira aqui. Que iso da erro.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/06/tan-doado-esquecer.html

Silvio Falcón dijo...

Dúas cousas queríache dicir, con respecto ao teu comentario sobre o nacionalismo.

Primeiramente, un nacionalismo tolerante e integrador, como pretende ser o do BNG e como é o que eu sinto, non é conservador. É solidario na medida que non impón, realiza unha labor pedagóxica que respecta as opcións das persoas. Pero penso que aquí non nos imos poñer de acordo jaja.

Polo resto, sí que lle teño moito asco aos "novos nacionalistas" que nunca falaron galego e agora téntano (inútilmente). E tamén critico fortemente ese "nacionalismo tranquilo" que non sei quen inventou.

Son Beirista, a moita honra. E son dos que liga o progreso ao nacionalismo, como a gran maioría dos que estamos no BNG. Iso sí, en tódolos sitios "se cuecen habas".

Jorge Cubela dijo...

O proceso no que os fillos mataron ao seu pai no BNG non foi nin leal nin xusto cunha persona que foi quen levantou ese partido, coa actual política anti-liberal que están realizando no goberno doulle un plazo mínimo de estabilidade.

Anónimo dijo...

Gran publicación Jorge, no sé quién eres, pero se ve que eres un chaval con grandes conocimientos en la materia ;P.
Quintana que se vaya con toda su tropa hipócrita que dice amar a Galicia y habla en Portugués a una isla y funden ahí un estado, pero bueno, mejor que siga él, así el BNG no subirá en la vida. Núñez gobernará en breves, tú lo sabes, yo lo sé y todos lo sabemos.

Un saludo camarada

Fd: Pablo