viernes, 21 de diciembre de 2007

Centenario do himno


Onte celebrouse o centenario do estreno do Himno de Galicia na Habana, Os Pinos de Eduardo Pondal, coa música de Pascual Veiga.

Desde 1907, o himno galego foi cantado por rexionalistas e, tamén, agraristas, sendo o crego Basilio Álvarez o seu líder político, nos seus actos polo que, a día de hoxe, o himno é unha das principais tradicións culturais de Galicia, por ser un símbolo xa centenario.

Quen fora un dos precursores do Rexurdimento literario e un dos máximos expoñentes da literatura do rexionalismo galego, Eduado Pondal, tivo o ben de deixarnos para a historia e para o sentimento de TÓDOLOS galegos, sexan da ideoloxía que sexan, un fermoso e humilde himno que a EMIGRACIÓN GALEGA estrenou Na Habana-Cuba.


Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?


Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?


Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a rendezón da boa
nazón de Breogán.

"Déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro"
Eduardo Pondal

7 comentarios:

Sísar dijo...

Difiero contigo querido amigo en este post. Te voy a dejar parte del post que hice en su día con motivo del día de Galicia.

Quiero reseñar a continuación el origen de nuestro himno al que aprecio por su sentimiento pero no por su letra, como suele ocurrir con casi todos los himnos históricos europeos (véase caso del francés o inglés), debido al infortunio de no ser Curros Enríquez el elegido para la posteridad.

José Fontenla Leal fue el precursor de nuestro himno en la emigración, en la Habana. Se lo encargó a Manuel Curros Enríquez (uno de los mayores exponentes del Rexurdimento gallego, que residía en La Habana) que escribiese la letra, y a José Castro "Chané" la música, pero Curros no fue capaz de componer la letra rápidamente y Fontenla decidió escoger el poema de Pondal con la música de Veiga extraído de una publicación en La Habana.

Para despertar alguna mente inquieta dejaré a continuación un poema de Pondal dónde hace apología de la violación:

Queixumes dos pinois, 47. En Obras Completas, 113, tomo I

Pilleina antr´os pinos soa,
alba de medo tornou;
quijo fugir, mais non pudo,
que sabe que peixe eu son.

Rogárame de rodillas,
de rodillas me rogou;
tembrou comoa vara verde
qu´estremece a virazón.

Cal quen teme ser oída,
dixo: "Pïdocho por Dios...¡

"Estás fresca -lle contesto-,
vente a min con oracións¡

Non solta nunca o raposo
a galiña que pillou,astra zugarlle o mel todo
non solta a fror o abellón,
nin a branca e doce pomba
larga o montesío azor"

Jorge Cubela dijo...

Actualmente la crítica feminista gallega ha cuestionado parte de su obra, por considerarla expresión de la violencia patriarcal contra las mujeres.

Una parte de las interpretaciones afirman que Pondal distingue en su obra dos tipos de mujer: un prototipo pasivo próximo al ideal romántico, que sólo sirve como objeto de adoración o de placer, y el prototipo de la "virgen celta", la doncella guerrera capaz de morir heroicamente por su pueblo.

Sísar: de los genios sólo hay que resaltar en la mayoría de los casos su obra porque como personas puede que no hayan estado a la altura de la ética...

De Curros Enríquez hay testimonios que aseguran que era un hombre muy autoritario y que incluso pegaba a su mujer...

Que eso sea apología de la violación... puede ser, pero en muchos poemas de Pondal, como de Lorca la personificación de la violación trata de describir el sufrimiento de las mujeres!

Saludos

Jorge Cubela dijo...

Lo importante es que es nuestro himno, legalizado por el Estatuto de Autonomía, pasando a formar parte de nuestra historia y de nuestros símbolos más tradicionales. :P

Jorge Cubela dijo...

Estuve reflexionando:

¿En qué estás en desacuerdo? yo sólo hablo del himno y de que me parece precioso, en eso difieres conmigo? o ¿simplemente estás en desacuerdo en que sea este el poema que nos simbolice? dime, dime.

Me sorprende que tengas un debate en tu yo interno sobre si es justo que Os Pinos fuese elegido como nuestro himno... jaja

Eres grande Abal, Grande.

Sísar dijo...

No me gusta lo de fermoso y humilde himno porque la letra es casi fascista. Sí que me encanta el sentimiento que quiere transmitir, la emotividad, pero su letra mejor dejarlo aparte.

El poema de Pondal no fue escrito directamente para el Himno, sino que era un poema que había escrito hacía algún tiempo y el número de estrofas no es el mismo que la parte que se canta.

Y tampoco me gusta que en todo el himno no se mencione la palabra Galicia y sea sustiuida por otra afecciones. Es mi opinión personal.

Anónimo dijo...

fascista? que morro tendes..
feixista é a vosa herencia que ainda non dades renegado dela

tevye dijo...

"El poema de Pondal no fue escrito directamente para el Himno"

Iso acontece con bastantes himnos, véxase o caso da Marseillaise en Francia, ou co God Save the Queen no Reino Unido, Amhrán na bhFiann (A canción do soldado) en Irlanda, els Segadors en Catalunya, e un longuísimo etcétera.

E se nos poñemos coas melodías, o himno de España pouco ten de orixinal como himno, xa que a Marcha de Granaderos tardou preto de 100 anos en ser considerada como himno oficial. Do mesmo xeito ocorre co de Alemaña, que ten como melodía parte dun cuarteto de corda de Haydn e que incluso foi logo himno dos emperadores austrohúngaros.

E tomara que o himno fose escrito por Curros, seguramente se tería deixado de miudeces melancólicas e tería pasado ao anticlericalismo e defensa das clases populares da súa maltratada Galiza.

Tocante ao poema de Pondal sacado á palestra dicir, ademais de que resulta francamente triste que cada vez que se pretende facer a menos a Pondal se recorre ao mesmo poema, que non podemos sacar as cousas de contexto.
Queixumes dos Pinos pode ser encadrado dentro do Ossianismo, aquel movemento iniciado polo escocés MacPherson que se adicaba a escribir poemas cun certo senso épico primitivo atribuíndolle a súa autoría a Oisín, poeta fillo do heroe mítico Fionn Mac Cumhaill.
Neste poema Pondal recolle un monomito que aparece en todas as culturas, @ moz@ forzad@. Pensemos en Zeus e Ganímedes (transformándose o deus en aguia para raptar ao rapaz), CuChulainn e Emer (no canto de pedirlle a man ao pai, simplemente raptouna), o drama da gaélica Deirdre; practicamente todos os semideuses gregos como Heracles, Aquiles, Xasón, etc, eran froitos de violacións.
Ollo, non estou facendo apoloxía da violación, pero acontece que Pondal recolle ese monomito e dalle un carácter costumista galego.
Está ben ou mal? Pois supoño que depende dos gustos. A min, particularmente paréceme un mal poema, cun tema bastante repulsivo.
Pero ben, e un tema que figura en todas as facetas da arte; Degas pintou un cadro titulado "A violación", e non digamos nada obras de Tiziano, Rubens co "Rapto de Europa", ou Dalí coa "Violación de Leda"... e ninguén crucificou a eses pintores. No teatro, pensemos na "Violación de Lucrecia" de Shakespeare. E en escultura botémoslle unha ollada ao "Rapto de Perséfone" de Bernini. Tede en conta que cando falo de rapto, despois dese rapto ven o resto.

E, finalmente, gustaríame saber en qué parte atopa Sisar fascista o himno. Se é porque fala de voz (lingua), cultura, pasado, nazón... entón case todos os himnos poden ser calificados de fascistas.

Saúdos.