A maioría dos concellos galegos teñen un presuposto inferior a un millón de euros, a metade do que a Xunta se gastou en dependencias de Touriño.
Os galegos teñen dereito a saber se máis de dous millóns de euros que se empregan en dependencias da presidencia da Xunta é un gasto razoable ou non e se medio millón de euros nun coche fantástico para o presidente é algo razoable ou non.
Para min, as políticas de austeridade e as políticas de despilfarro son incompatibles.
Hai que lembrar que a maioría dos concellos galegos teñen un presuposto inferior a un millón de euros, ‘e se nos gastamos nunha das dependencias do presidente o que se gastan dous concellos ao ano... sobra calquera tipo de comentario e aclaración’.
Os comportamentos escuros e as explicacións escuras non din nada, nin do presidente nin da democracia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario