viernes, 6 de marzo de 2009

Feijoo asegura que ama y respeta profundamente el gallego, pero no lo impondrá

El presidente del PPdeG asegura que, como futuro presidente de la Xunta, protegerá y promocionará al gallego.

El presidente del PPdeG y futuro presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha asegurado hoy que «ama y respeta profundamente» el gallego y que lo protegerá y lo promocionará, aunque señaló que «eso es una cosa y otra es imponer cualquiera de las dos lenguas de Galicia».

El tema de la derogación del decreto será uno de los caballos de batalla del nuevo ejecutivo gallego. Una explicación mala puede ser peligroso para un partido que como dijo Fernando Ónega es el "partido galleguista", a quien siempre se le ha visto como el auténtico partido galleguista de nuestra autonomía.

Alberto sabe diferenciar perfectamente entre la libertad y la imposición; entre el galleguismo integador y el nacionalismo; y entre los derechos de los padres y el reconocimiento oficial de las dos lenguas de Galicia.

Como persona bilingüe, teoría que he llevado siempre a la práctica en este Blog con artículos en los dos idiomas, estaré siempre convencido de que tener dos lenguas y la posibilidad de expresarme en ambas es una riqueza cultural que hay que proteger y promocionar.

Esperaremos acontecimientos sobre este asunto.

5 comentarios:

Gzsempre dijo...

papaconadas
e logo ata agora estábanse a mermar os dereitos dos demáis cando se aprendían as dúas linguas cooficiais ao 50%?
o decreto de fraga,archiconservador, aprobado polo pp?

non é isto unha baixada de pantalóns para gañar votos en mADRID, para contentar aos Galicia Bilingue, Falange española e upeideiros? todos sabemos quen está detrás..

o galego é a lingua natural de galicia e debe ser promocionada,
polo asoballmento historico que sufriu e ningun de vos se manifestaba por iso. A lingua imposta salvaxemente foi o español e non corre perigo nin sufre danos históricos.

unha lingua non discrimina a ninguén porque TODOS somos quen de aprendela, unha e moitas, sobre todo desde os alicerces da educación, e non fai mal ningún senón todo o contrario..

a Feijoo o que lle conviña era estudar linguas, e a moitos españolitos máis tamén que da pena velos pechados no monolinguismo (ainda que vaian de "bilingues") sendo un pais europeo..

Nel dijo...

Ola, Jorge

Haberá que esperar pero dáte conta que o que apunta Feijoo, non sei se por se sentir acurralado o outro día no programa de Jiménez Losantos, teoría que expuxo a vosa compañeira de partido María José Bravo na tertulia da Radio Galega, non é un sistema bilingüe, senón a creación de dous sistemas monolingües. Ademais de que é inviábel, pois como recoñeceu Feijoo habería que:
- asumir un 20% ou un 30% máis de profesorado,
- duplicar grupos nos centros educativos,
- obrigar ao traslado forzoso de alumnos,
- negar a liberdade do profesorado para escoller os libros das súas materias que pensan idóneos (porque non todos están traducidos a unha ou outra lingua),
- apostar por un plano formativo serio, con liberación da carga horaria (mesmo excedencias enteiras) para o profesorado que terá que impartir mates, EF ou CCSS en inglés (recordemos 30, 30, 30, que é a outra posibilidade que manexou estes días), etc.

No caso do inglés, pode provocar unha reacción contraria no alumnado e os pais e nais xa que se non se cambia o enfoque metodolóxico o ensino desta lingua non está garantido. Eu recibín 8 anos clases de inglés e podo ter un dominio gramatical medio pero para fallar rien de rien, como puiden comprobar hai pouco. Que a sociedade galega domine inglés non é un esforzo tan só do ensino senón de toda a sociedade: querería a sociedade galega ver todas as series e filmes en versión orixinal en subtítulos? Iso si axudaría como pasa en Polnia, Portugal ou Finlandia, países todos cun dominio do inglés moito máis alto ca nós. Impartir as mates en inglés pode volverse en contra do inglés. un idioma apréndese cando se fai obrigado falalo. Unha boa medida sería mandar os rapaces non 15 días senón 3 meses a Irlanda... Hai cartos? Calidade do ensino é iso, non segregar.

Igualmente, hai que cambiar xa o enfoque do ensino do castelán e o galego para apostar por un enfoque comunicativo e práctico no ensino das linguas, e integrar as dúas materias, obrigar aos departamentos de ambas a organizárense xuntos. E ao galego, que ocupa un lugar secundario na sociedade e na educación por motivos que todos coñecemos, haberá que seguir impulsándoo con medidas de fomento e suo.

Derrogar un decreto para satisfacer a uns grupos concretos é un erro, sobre todo se ese decreto é consensuado polo PP até o último minuto, cando se retirou da mesa. Ese decreto recolle punto por punto unha medida recollida e aprobada por unanimidade no Plan Xeral de 2004, impulsado polo goberno do PP. Ollo: Feijoo era vicepresidente e sancionou positivamente, polo tanto, ese decreto.

Co das Galescolas debería ter moito ollo, por exemplo, as 5 garderías que funcionan cunha liña infantil integramente en lingua galega foi respaldad por todos e cada un dos pais e nais deses nenos, de maioría, como podemos supoñer, castelanfalante. Outro erro previsíbel é trasladar parte do esforzo investidor da Xunta en garderías cara ao negocio privado como anunciou Feijoo. Debería explicarlles aos galegos que a praza dun neno nunha Galescola moderna, de calidade e con persoal preparado (todos os profes teñen o título de maxisterio ou pedagoxía, cousa que non ocorre na privada) cústalles 30€ aos pais, só 30€.

Palmou ou Rafael Cuíña non pensan o mesmo que Feijoo. Quizais Feijoo non acredite moito no que dixo nos micrófonos de FJL. Terá que recapacitar motio e pensar se paga a pensa crear un ensino de 2 monolingüismo. Eu non o quero, por moi galegofalante consciente e militante que sexa. Son realista e aposto por un ensino plurilingüe, moderno, que capacite os rapaces en moitas linguas. Miñas irmás, con fillas en idade escolar, tampouco: son case exclusivamente castelanfalantes no día a día e queren o galego na escola.

Saúdos

GzSempre dijo...

Dacordo con nel
dicir que non quere dividir coas linguas e despois vai ser precisamente o que vai facer "deixando que escollan os pais" como se dunha democracia directa se tratase, é un paradoxo
que agardamos impacientes a ver como resolve,
sen caer na desfeita.

un chapuceiro vamos.

Anónimo dijo...

Pero, ¿desaparecería senón se obriga?. A min pareceme moi triste que desaparezca unha lingua. Hai miles de linguas en extinción no mundo. Nom sei que pensar...

Jorge Cubela dijo...

Gracias polos comentarios.

Eu non podo tirar as campás ó vuelo porque Feijoo aínda non tomou posesió do cargo e polo tanto... as palabras as leva o vento.

Aquí ninguén vai a atentar contra o galego porque o primeiro partido galego e autonomista é o PP.

Agora ben, se os tiros non van por onde me gustaría non atinedes que eu serei o primeiro crítico.

Apertas