lunes, 2 de marzo de 2009
Galicia votou polo cambio no día da última victoria de Adolfo Suárez e na xornada en que o Madrid se pón a 4 puntos do Barcelona: DÍA REDONDO
Cun 99´85% de voto escrutado, o Partido Popular de Galicia foi o gran vencedor nestas eleccións autonómicas.
Cunha participación do 70%, unha porcentaxe moi alta, os galegos foron ás urnas a apoiar masivamente o cambio de goberno na Xunta de Galicia.
Un 1 de marzo de fai de 30 anos, España dáballe a maioría parlamentaria a Adolfo Suárez. Onte Galicia, catro anos despois de perder o goberno, votou a Alberto Núñez Feijoo coma Presidente de tódolos galegos. A historia, ás veces, non ten casualidades. Dende o centro político e polos cidadáns.
O R.Madridl tamén consguiu reducir a súa distancia co Barcelona e poñerse a 4 puntos de diferencia.
A miña valoración subida en youtube por Olalla Sánchez, de campaña móvil.
Ourense, Lugo, A Coruña e a miña provincia, Pontevedra, votaron popular.
Nin Quintana nin Pachi Vázquez puideron coa hexemonía do PP e de toda a lista da provincia; nin Teresa Táboas, Touriño e Caride puideron con Feijoo. Incluso en concellos como Poio, Cotobade ou Pontevedra gobernados por bipartitos gañou o Partido Popular ampliamente. Aínda que non son as mesmas eleccións, os cambios nestes concellos, antano populares, están a punta de tiro.
Agora, confiaremos na formación dun goberno de progreso, centrado nos galegos e en Galicia, fóra de divisións e de todo tipo de desgbernos bipartitos.
Día redondo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Quintana, no engañó a nadie, Touriño fue invisible y el pueblo reclamó su derecho a ser libre. Un día para sentirse orgulloso de ser gallego.
Se non é molestia, tómoche prestado o vídeo.
Coincido con Almau. Un día de orgullo patriótico, tanto rexional coma nacional.
Un día redondo y al Carallo .
Les vino muy ien a muchos que hablaban en nombre de Galicia cuando no representaban ni a una cuarta parte de los gallegos.
Jorge, tienes que poner los videos de youtube un poco más pequeños para que no te solapen la columna derecha del blog.
P.D :POr cierto en el video, pareces uno del telediario que tiene la tele delante que le va diciendo todo. Que animalada ¡¡ jaja
XDD
Un abrazo
Como prá salvación das instituciós faise agora necesario un pacto de Estado antre PSOE e PP --pra que o PSOE goberne no País Vasco, pra que o PNV e o BNG perdan protagonismo en Madrid--, ese pacto necesario debe posibilita-lo abandono de apoio ó BNG pontevedrés que lle está a dá-lo PSOE, co que pasaría a goberna-lo partido máis votado nos comicios locales, o PP.
Pero que faga as cousas con sentido, lonxe do trinque urbanístico e desgarro ambiental.
A ver se aínda se poden moitas das monstruosidades aquí ideadas polos nazionalitaristas.
Parabéns pola vitoria. Para min é un día triste pero é o que hai, hai que recoñecer a vitoria do opoñente e seguir traballando. Ten Feijoo catro anos por diante para demostrar con feitos que paga a pena confiar catro anos máis nel ou optar por outras posibilidades.
Saúdos
Parabéns á dereita/centro-dereita galega, parabéns a ti tamén.
Eu, persoalmente lamento moito o resultado, pero foi unha victoria moi clara e non podo máis que aceptala.
Unha reflexión: Levades 3 anos e medio decindo que o PP gañara as eleccións anteriores e que polo tanto debería ser o PP quen gobernase xa que bipartito non era máis que a unión de perdedores.
Por outro lado, en Euskadi é máis que previsible que sendo o PNV sexa o PSE-PSOE quen goberne (con máis ou menos apoio explícito do PP).
Non cres que agora a vosa argumentación se cae agora, que lle falta consistencia ó tantas veces repetido da unión de perdedores?
(por certo coa mesma porcentaxe que na Galiza nas eleccións anteriores, 25+15 escanos)
Evidentemente no terceiro párrafo quería decir o seguinte:
Por outro lado, en Euskadi é máis que previsible que, sendo o PNV quen gañou as eleccións, sexa o PSE-PSOE quen goberne (con máis ou menos apoio explícito do PP).
parabéns aos vencedores...agora estaremos atentos ao que fan.
un saúdo
Publicar un comentario