jueves, 23 de julio de 2009

Lembrando a Antón Fraguas


O verán ten as súas vantaxes e unha delas é ter máis tempo para ler todo o que hai pola casa.

Ando investigando sobre cotobadeses que tiveron certa relevancia na vida pública, polo menos dentro da súa zona ou ámbitos culturais. Dalgúns falarei nouto momento como dun irmán do meu avó, cuia obra foi recollida na primeira edición da Real Enciclopedia de Galicia, Casimiro Cubela, crego de Tomonde, liripo (Cerdedo) e Sta Maria de Trasmonte na Coruña, mais hoxe gustaríame facelo sobre Antón Fraguas, unha das figuras máis senlleiras da nosa cultura e merecente de moitos máis recoñecementos dos que ata o dagora se lle deron.

O seu pai foi o responsable en Cotobade do Partido Galeguista durante a súa creación polos Bóveda e Castelao. Ideas que el poría en práctica nada máis chegar a Pontevedra, onde se modou para poder seguir estudando.

Foi un dos máis importantes artífices xunto a Cuevillas ou Otero Pedraio, entre outros, da creación do Seminario de Estudos Galegos, un dos xermes para a orixe do PG e que tanta importancia tivo para aceptar o Estatuto de Autonomía do 36. Ademais, foi cronista oficial de Galicia e un dos testimonios máis salientes da Xeración Nós.

Quen queira coñecer máis fondamente a realidade histórica galega recoméndolle sinceiramente que lea a Fraguas, que foi todo un iluminado no saber desta bendita terra en moitísimos trazos.

En 1951 tivo a honra de seren nomeado membro da Real Academia Galega ocupando o posto do seu amigo Castelao.

En 1977, el mesmo participa na Fundación do Museo do Pobo Galego, do cal sería o seu primeiro Director.

Dedicou toda a súa vida ás investigacións histórica e etnógrafica de Galicia, desenvolvendo unha vastísima obra que hoxe en día descansa pola súa donación no propio Museo en Bonaval.

Evidentemente foi un dos galeguistas máis importantes de Galicia e, por suposto, o foi de Cotobade, para quen ser galeguista "non era máis que ser amante da nosa terra". Outro dos motivos de dignidade na súa persoa. Nunca dividiu á xente por ideoloxías.
Dentro de pouco conmemórase o Día de Galicia.
Na súa lembranza.

1 comentario:

. dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=keQskOsu_XA

Que final... :_(