sábado, 17 de octubre de 2009

Baltar


Ter coñecemento de algo dende unha idade temperán é motivo de que chegados a certa etapa da vida poderíase pasar calqueira proba de actitude case sen facer máis esforzo que toda a instrucción recibida.

O xoves, en rolda de prensa, só e sen ningún cargo do partido, José Manuel Baltar Blanco fixo pública a súa firme intención de liderar o PP ourensán no vindeiro congreso provincial.

Xosé Manuel Baltar Blanco mostrouse desexoso de emprender a campaña interna para defender a súa concepción da política e o seu proxecto para o PP ourensán que, dixo, será "centrista, reformista e, sobre todo, galeguista".

Aquí vos deixo o enlace ó seu blogue persoal Manuel Baltar.


Ten o meu particular apoio e deséxolle tódolos éxitos de aquí en diante.


Moita sorte.

No hay comentarios: