domingo, 18 de octubre de 2009

Demais congresos provinciais



Xosé Manuel Barreiro será o primeiro que poderá continuar coas rendas do seu partido en Lugo, onde aspiran a recuperar a Deputación Provincial en mans socialistas.
Confirmou que volverá apostar por Balseiro como Secretario Provincial.


O de Pontevedra será a finais de Novembro, onde Rafael Louzán preséntase á reelección como Presidente Provincial. Aínda non anunciou a quen colocará na Secretaría Provincial, aínda que algúns temos os nosos favoritos.
Á cita estarán convocados un millar de compromisarios e uns 400 invitados.

O reto que se marca a dirección provincial será o de recuperar as alcaldías de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e noutros sitios onde o pp agora non goberna, mais sí que o tivera feito noutros tempos, como pode ser o caso de Cotobade, concello, a verdade, sendo obxectivo, no que ningún partido, uns por acción e outros por omisión, están a facer moitos méritos para acadar o apoio dos veciños.
Por outra banda, penso que nos concellos onde se teñen os mellores resultados non haberá ningún problema.
Sorte.

No hay comentarios: