lunes, 5 de octubre de 2009

Profesor á rúa por usar blogs como recurso didáctico


Ás veces penso que algúns terían que preocuparse dos erros e non incidir neles.

Veño de saltar da cadeira tras ler en Vieiros que un mestre vasco foi despedido por usar os blogues como método de estudo.

Non me parece soamente unha decisión aberrante senón que é moi triste que unha cousa como esta teña que ser motivo de noticia hoxendía.

Este mestre, humildemente, ten o meu apoio, e non só o apoio senón que animo a moitos outros a darlle a ben o seu.

Isto non só é unha ataque contra a liberdade de cátedra, xa que ten moito máis fondo.

Os blogues cada día están moito máis presentes na sociedade como medio de traballo, como instrumento de opinión, e son as novas xeracións de nenos e nenas as que mellor entenden deles, polo que é unha boa ferramenta para que poidan motivarse a estudar xa que está comprobado que cando os alumnos empregan as novas tecnoloxías o seu rendemento é moito maior.

Por último, espero que a xente que o despediu recapacite, que desgraciadamente a educación vasca ten outros problemas máis graves que ese.

1 comentario:

. dijo...

Heilsa!

Tenho visto blogs de estudo moi interesantes, se poden aprender moitas cousas. Eu também me solidarizo con ese mestre vascón.

¡Avogado! :P

Por certo, as Olimpiadas... Mmm... Ese texto está sen finalizar. Nom estavas tan convencido,hihi.

Salve Et Victoria!