martes, 5 de enero de 2010

Galego e Decreto

Como amante da Historia, das tradicións, do coñecemento das culturas, da filosofía socrática do intelectualismo moral, son un devorador de lecturas variadas segundo o momento e as apetencias cotiás de cada día.

É nestes nadales das nosas vidas cando as persoas en Galicia debemos falar como seres individuais, facendo uso da nosa liberdade para opinar e, así, non caer en discursos feitos ou que xa nos veñen dados por asociacións convertidas ao extremismo como Galicia Bilingüe ou A Mesa pola normalización lingüística.

A deriva lingüística, división como a chaman algúns nos círculos políticos, produciuse por unha percepción da cidadanía de tratar de impor o galego no "Decretazo Bipartito" (o cal, o Consello Consultivo declarou non conforme a dereito), algo que non é consecuencia da casualidade, senón pola falta de consenso que houbo entre Goberno e Oposición á hora de elaborar un novo Decreto que desenvolvese a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade durante o mandato de Albor.

Entendo que ante a percepción xeneralizada de moitos pais de que aos seus fillos váiselles a falar só en Galego exista unha reacción que se concentre nesa plataforma que se fai chamar "Bilingüe", polo cal, cuestiónome o seguinte: cando a súa situación de ataque frontal ao galego reverta a situación que din que hai de acoso ao español e sexa o galego o que estea menospreciado, eles mesmos sairán á rúa a defender o bilingüismo?, xa que calquera situación de diglosia debe ser denunciada sexa cal for a lingua ou idioma maioritario, polo que albisco moito "antigalleguista", separando a estes das persoas que a boa fe non queren que se impoña ningún idioma no ensino.

Doutra banda, serei sempre fiel á fala e á lingua galega que falaron os meus devanceiros e non á que nos tratan de vender, que está a ser levada por algúns sectores galizos ao lusismo, contra cuia deriva loitaron no seu tempo Eladio Rodríguez ou Lugrís Freire; termos cultos en -cc, ct, pt-, por exemplo, están a perderse. Qué avance para o galego converter "Diccionario en Dicionario"!!.
Tamén, reivindico a lingua dos poetas do Rexurdimento como Marcial Valladares, Curros ou Rosalía de Castro, que se esforzaron a eito por dignificar a fala do pobo, dirección, a cal, Risco aconsellounos ir cando no ano 1921 expresou "Non soubemos traballar cientificamente o leigado cultural de Rosalía e Curros". E, como non, aos que falaron o galego da súa zona dialectal pondo como exemplo a Anxel Fole nos fermosos contos da "Lus do Candil".

Ese é o legado que defenderei sempre, o dos nosos devanceiros, o que ten que perdurar, fronte a xente disfrazada de "Bilingües" que nos seus comezos dín o meu apoio como, tamén, fronte a ese nacionalismo excluínte que nos quere aproximar a "PortuGaliza" escapando de todo o que cheire a ter orgullo de ser galego como tamén orgullo de ser español e formar parte de España.

Quixera seguir falando de normativas lingüísticas aínda que non son especialista niso, pero unha vez lido e analizado o Texto do borrador do Decreto no ensino non universitario, parécenme preocupantes as posicións dos que xa tiñan preparadas as súas reaccións fose cal for a dirección deste borrador.

Cualifícoo como o menos malo que podía sair, paréceme un Decreto con sentido común e ambicioso ao introducir o inglés. Un Decreto que defende, protexe e fomenta o galego como así se manifesta na Disposición segunda como "lingua na administración educativa" e no Art. 10 onde se establecen "os Equipos de dinamización da lingua galega nos centros dependentes da Consellería".

- en Ed. Infantil, o profesor expresarase na lingua que fale o alumnado, coidando que adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra
lingua oficial de Galicia, dentro dos límites da etapa ou ciclo.
Para o que se consultará aos pais nas preinscricións.
Cada centro educativo deberá facer constar non seu proxecto lingüístico
de centro as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que
o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da lingua
oficial non predominante.

- en Educación primaria, as materias lingüísticas impartiranse na lingua
de referencia (Lingua Galega en Galego e Lingua Castelá en Castelán); Das materias Coñecemento do medio natural, social e
cultural e Matemáticas, unha impartirase en galego e outra en castelán (como na miña época, cando sempre estudaba Coñecemento en Galego e Matemáticas en Castelán, só que agora se elixirá cal en galego e cal en castelán); Cada centro
educativo decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias, establecendo un equilibrio nas horas
semanais ofertadas en galego, en castelán e en lingua(s) estranxeira(s).

- en Secundaria e Bacharelato, garantirase a adquisición da
competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais
da comunidade autónoma e potenciarase a adquisición dunha
competencia efectiva en lingua(s) estranxeira(s), principalmente en lingua
inglesa. Con esa finalidade, establecer que un tercioo das horas semanais
ofértese en galego e outro tercio en castelán, e prevese que o tercio
restante se poida impartir en lingua(s) estranxeira(s).

Aseméllase á época en que eu estudei en infantil e primaria; agora, equiparando en Bacharelato e ESO o galego ao castelán, sumando unha necesaria lingua estranxeira, o inglés, na formación.


En definitiva. Comecemos pola base. O Decreto debe estar dirixido a todos e non a posicións excluintes duns ou doutros.

23 comentarios:

Rubén Miranda Gonçalves dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
xesús lópez fernández dijo...

Ben, rapaz.
Solidarízome, sobre todo, na defensa que fas do galego dos devenceiros, canto máis achegado á lingua popular, mellor.
Cando a RAG deixou de sere intérprete do leigado popular, da lingua como creación social; cando os infiltrados na RAG comezaron co seu traballo de enxeñería lingüística pra ver de converti-lo noso idioma en portugués, comezou a morre-la nosa alma ante o acoso estalinista dos infiltrados.
E o malo é que xa non se sabe de quén poida permanecer na RAG con actitude realmente investigadora e independente, como a de Xesús Ferro Ruibal, do que hai que consulta-los seus traballos en La Voz de Galicia, publicados no momento do debate orixinado polas últimas normas, que non foron elaboradas pola RAG como tamén denunciaron daquela Alonso Montero ou Franco Grande.
As normas do Diktatt estalinista convertiron o galego actual nunha especie de libreto prás óperas bufas nas que poden rematare moitos dos discursos zafios da xente que vai á política como profesión e non co obxetivo --se queres, ouxetivo-- de defende-la presdencia deste país, Galicia.
Un corial saúdo. Que non decaia o teu ánimo,
Xesús.

xesús lópez fernández dijo...

Repara naas erratas:
Quixen decir: "devanceiros", "achegados", "defende-la presencia deste país".
Crearon un problema de identidade onde non existía.
Reitero saúdos.

Tomeza dijo...

Botaba de menos artigos coma este Jorge.

Galicia sempre adiante.

Gran categoría moral a túa dando leña a uns e outros, GB e A mesa, non te retires nunca, pois o PP agarda por xente coma ti, disposta no ancestral compromiso de defender ao país.

Bo ano

Miguel A. dijo...

Bó post e estou dacordo en varias liñas. Por exemplo, é incuestionable que fora cal fora o decreto, o nacionalismo iba a botarse enriba de Feijoo.

Por outra banda, este decreto é unha chapuza, pero ata certo punto. Non é o que se esperaba, nin sequera é bó, pero é o menos malo que puido saír de aí.

Coma Feijoo, era a opción menos mala que tiñan os galegos enriba da mesa.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Jorge, personalmente y como amante de toda nuestra cultura; en la cual está incluida la lengua de nuestra tierra, me gustaria dar mi opinion personal sobre tu post.

En aspectos generales estoy muy de acuerdo contigo pero me he quedado impactado en como llamas extremistas a la asociación de galicia bilingüe, la cual creo que como ciudadanos solo quieren que haya libertad de elección y no una impsición.

Yo como ciudadano de a pie no quiero que nadie me imponga el idioma que tengo que estudiar que hablar o en cual experesarme, ya que como todos sabemos en nuestra comunidad hay dos lenguas oficiales
el gallego y el castellano y todos tenemos que ser repetados sea cual sea el que usemos.

A mi, al igual que a muchos estudiantes, nos resulta mucho mas sencillo estudiar escribir y expresarnos oralmente en castallano; por lo tanto la imposición en los centros docentes del idioma gallego puede perjudicar a los propios estudiantes, por otro lado también puede suceder lo contrario que haya estudiantes que prefieran el gallego como lenguan habitual por eso, la libertad es esencial en la elección e la lengua.

Otro punto muy importante a tocar es la importancia del inglés en los centros educativos que para una buena insercción en el mundo laboral es mucho mas importante al gallego, sin menospreciar para nada lengua de mi tierra, por lo tanto deberiamos centrarnos mas en lenuas extrangeras como el inglés que en lenguas maternas como el gallego que aunque la hiporesía de algunos les haga pensar que esta en "peligro de extinción" esto no es asi porque la cultura de un país o de una tierra nunca desaparece de un dia para otro.


Jorge Couto

Anónimo dijo...

Es que lo que faltata en Galicia es sentido común. Yo, habiendo votado, al PSOE, comparto este decreto. Es tan lengua de Galicia el gallego como el castellano y si, por encima, metemos el inglés, mejor que mejor.

Es el primer acierto fuerte de la Xunta.

Anónimo dijo...

Rojilloooo!!!!!

Arriba España y arriba el castellano

Anónimo dijo...

Para usares o galego, primeiro tés que saber falalo.

Bernabé González dijo...

boas!

brevemente. despois de ler o artigo do meu amigo Jorge Cubela, gostar ... Ver más...íame dicir que cada un pode ter, faltaría máis, diferentes opinións sobre esta cuestión, xa que non é un tema nada sinxelo.

con todo, dou boa fe do galeguismo de jorge e da súa defensa desta Terra e da nosa lingua.
probablemente, Jorge non discrepe no fondo cos demais membros no debate. pode que si diverxa nos métodos. gosten ou non, o razoamento de Cubela é bo, aínda que debatible, e amosa moi ben o pragmatismo que se atopa no centrismo que el sempre ven defendendo coherentemente.

Anónimo dijo...

Couto creo que o termo extremista é por unha postura inamovible. Non ó confudamos con termo extremismo que escoitamos moitas veces nos medios e que refírese ao uso da violencia.

César Abal

Anónimo dijo...

Si queremos que haya clases en inglés hay que rebajar todas las lenguas, como se consigue si no?

Anónimo dijo...

Tenían que expulsarte de Nuevas Generaciones por decir lo que dices.

Anónimo dijo...

Expulsar te tenían que expulsar a ti por desgraciado.

Lo que hace falta en las organizaciones juveniles es gente que sepa pensar por sí misma como Jorge y respetar a los demás.

David Carrillo

Artur Souto dijo...

O do inglés está ben. Pero eu sempre defendín por razóns de interese común unha porcentaxe maior de galego ca castelán nas aulas. Non se teñen as mesmas facilidades para practicar os dous idimas neste país, e iso requiere accións institucionais.

Sísar dijo...

http://www.farodevigo.es/galicia/2010/01/06/ninos-conocer-gallego-hachazos-ahora/400699.html

Recomiendo su lectura.

Manuel dijo...

Curiosa a traxectoria de Marga Leis

http://www.elmundo.es/papel/2008/09/15/espana/2495400.html

Anónimo dijo...

todo lo que no sea asegurar la libertad de decisión de los padres sobre la lengua vehicular de sus hijos es una tomadura de pelo, carente de sentido que va contra la libertad de los individuos, porque yo sepa que hablar gallego-portugues no e suna obligacion en la CE como si lo es que todos conozcamos el castellano.

Por eso digo ahora que Feijoo es un cobarde , no cumplio su propuesta electoral y nunca mas lo volvere a votar.

M.Saintmarine

Luis dijo...

Lo bueno de Feijoo es que no es ningún extremista y ha planteado el asunto desde una óptica de responsabilidad cara al futuro.

Completamente de acuerdo contigo George ;) Ahora hay que convencer a los upeydeistas de GB

Anónimo dijo...

Lo que pasa con Jorge es que no sabe donde está, ni en qué milita, ni nada. A la rica oportunidad. Y todos los que lo alabáis sois igual de trepas. Si está cantado.

Nel dijo...

Jorge, un saúdo logo de moito tempo sen andar blogueando por Pontevedra. Recómendoche unha lectura que, se cadra, pódoche dar outra visión do decreto, moi malo na miña opinión, un verdadeiro despropósito pedagóxico e político. Como son profesor, heiche de dicir que advirto unha grande malestar entre os meus compañeiros e das familias, que vai en aumneto a medida que se está informando dos prexuízos deste borrador. Saberás xa que houbo hoxe folga e manifestación, bastante exitosas tendo en conta a precipitada organización (coa que non estou de acordo nalgunhas cousas), pero non vou entrar nela. Vou sinalar un aspecto que é fundamental: todos os sindicatos de profesores (mesmo ANPE), asociacións de nais e pais da pública, sindicatos de estudantes maioritarios, movementos de renovación pedagóxica, asociaciósn de equipas directivas, etc. están en contra e fano con análises bastante acaídas en xeral. Eu recoméndoche esta ligazón e unha lectura reflexiva. Estamos todos os que criticamos este pésimo borrador equivocados? Somos todos extremistas e radicais? Merecemos o tratamento que nos está dando Feijóo e os medios públicos galegos? Fomos coaccionados para ir á folga (Miranda e Feijóo dixeron)? O galego é un muro (dixo o conselleiro)? A cultura galega vive acomplexada e ensimesmada (Varela dixit)? Heiche de dicir que a cada insulto que chega da cúpula do goberno e o PP é acollido con maior incredulidade e sorpresa polo profesorado e por sectores bastante amplos da sociedade.

Esta é a lectura que che recomendo:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/coordinadora/especiais/novo_decreto.php

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/coordinadora/especiais/novo_decreto.php#anc8

Saúdos

Anónimo dijo...

Moitas gracias Nel polo teu comentario e as túas sinceiras palabras.

Lereino con moito gusto.

A verdade que non escoitei esas afirmacións por parte do Goberno, pero seguro que non ían co sentido que ti entendeches, pois sería antipolítico ter actitudes desa calaña.


Eu non me referirei nunca coma radicais ás xentes que defenden a protección da nosa bendita lingua, tan só critico e ataco a movementos asociativos como GB ou A Mesa Pola Norm. Lin. por non cederen nos seus plantexamentos para o ben das dúas linguas oficiais desta nacionalidade histórica.

Eu estou a favor do trilingüismo, mais paso a paso, xa que os docentes non están preparados para impartir as materias en inglés, polo que concordo co Presidente Feijoo namentras establecer un 50% para cada lingua oficial.

O Galego vive e vivirá se os que smos galegos temos vontade de falalo.

Saúdos amigo.

Jorge C.

Nel dijo...

Ola, Jorge

Acabo de atopar esta presentación na rede, que creo que aclara bastante ben como se acadou un consenso no 2007 (o texto bebe literalmente do PLNLG de 2004) e como o PPdG rompeu ese acordo horas despois. É moi esclarecedor:

http://www.slideboom.com/presentations/130332/UN-DECRETO-SEN-CRETO

Hoxe, El País informa de que as Escolas Católicas de FEREGA-CECA súmanse ao rexeitamento ao borrador.

Un saúdo

PD: se os traslados me achegan ao Morrazo gustaríame botar a andar un blog de actualidade marinense para sumarme á Ponte Vella, ao blog de César Abal (marcha?)... mais quen sabe onde acabarei...

PD2: noraboa pola vitoria en Dereito. Sen coincidir coa vosa visión "liberal" recoñezo que os CAF e outros colectivos da órbita nacionalista pivotan en demasía na súa función de correas de transmisión de certa parte do BNG. Iso é lexítimo, claro, pero primeiro está o traballo universitario e logo outras causas. Os CAF sempre houbo xente moi válida e fixéronse e fanse cousas boas mais deben reflexionar sobre as estratexias.