sábado, 3 de julio de 2010

O poder municipal a debate

Hai sectores políticos en España, tanto da esquerda con representación minoritaria como da dereita recentralizadora, que están a aproveitar o debate da crise para atacar a Organización Territorial de España.

Entre este debate xorden, ao mesmo tempo, voces serenas e reflexivas sobre a conveniencia ou non da fusión de municipios pequenos ou da posibilidade de mancomunar certas prestacións, así como, segundo a quen lle interesa, a supresión das Deputacións Provinciais.

Falando de fusión, aínda que puidese haber certo consenso entre os partidos políticos do arco parlamentario sobre o réxime local , que alcalde daría o seu beneplácito sen oposición a unha posible fusión con outro municipio, dándose o debate identitatio que supón cambiar os límites territoriais do pobo e os termos municipais para ser absorvido por outro?

Son un defensor da fusión de municipios pequenos. Mesmo, e sería o máis realista, mancomunar certas prestacións, creando redes de prestación de servicios entre concellos limítrofes, o que aforraría custos, multiplicaría a eficiencia e tamén a optimización dos resursos.

O concello, como administración máis próxima ao cidadán, é prestadora de servicios que responden ás necesidades específicas dos seus veciños.

O que si tería que estar máis controlado son as actuacións dos gobernos municipais que en certos casos gobernan a man de prevaricación e adxudicando obras e servicios sen concurso e, en moitos casos, nos que sí o hai non hai seguridade xurídica, dándose cuestións en que un concurso de adxudicación se publica e dura o tempo xusto para que só as empresas amigas poidan optar nestes casos.

No hay comentarios: