jueves, 1 de julio de 2010

VIII Congreso de Novas Xeracións

Hoxe a Xunta Directiva das Novas Xeracións convocou un Congreso Rexional para o día 31 de xullo, que servirá para suceder ó equipo que estes anos liderou María Seoane Romero.

Co visto bo do Secretario Xeral dos populares, Alfonso Rueda, as NNXX prepararanse para un tempo ilusionante, de fonda actividade, onde os candidatos que se queiran presentar terán por diante a obriga de patear toda Galicia, as locais de NNXX e exercer un contacto permanente cos miles de afiliados da organización política xuvenil do PPdeG, aínda que, sobre todo, será un período de debate interno, no que agardo non haxa moitos exabruptos que desperten diferencias persoais, para as que algúns non nos prestaremos nin estaremos presentes, mais sí para o debate interno se alguén quere pasar consulta.

Novas Xeracións ten que ser a parte máis viva e activa do partido, na que as persoas que queiran aportar sumen; que os compañeiros que teñan puntos de vista diferentes non sexan vetados ou condeados ao ostracismo, accións máis propias doutras organizacións como a laboura de control que exerce a dirección da UPG en Galiza Nova.

Dou por seguro que será un debate sosegado, tranquilo e prudente, mais co firme compromiso de ser a correa de transmisión entre os sectores xuvenís galegos e o noso partido.

Sumar por adicción.

É a humilde opinión dun simple militante desta organización.

Saúdos.

No hay comentarios: