domingo, 1 de agosto de 2010

Novos tempos para Novas Xeracións

Onte celebramos na capital de Galicia o VIII Congreso Rexional das Novas Xeracións de Galicia.

Un día moi emotivo polo que significa ter que lle dar o adeus á que foi ata o de agora a nosa Presidenta e amiga, María Seoane, que coa súa xestión revitalizou esta organización en todas as comarcas do noso país, en concellos pequenos e cidades.

Pola contra, onte eliximos ó futuro líder dos militantes da nosa organización, Javi Dorado, con capacidade demostrada en política e no mundo xuvenil con suma experiencia.

Son novos tempos para unha promoción de mozos e mozas moi xóvenes ós que o noso novo Presidente lles dá a oportunidade de estar ao seu carón para traballar, patear e axudar en todo o que poidan no que el lles pida e teñan que facer con lealdade e compromiso.

Especialmente, quero resaltar o nombramento de Juanfran como novo Secretario Xeral.
É un amigo e compañeiro de Trabada, Lugo, con perfil conciliador, integrador e moi disposto para escoitar a todos.

Particularmente, estou moi ilusionado da oportunidade que me brindou Javi de ser o responsable dentro do novo Comité Executivo da área de Política Lingüística e Educación.

Gracias a todos.

1 comentario:

xesús lópez fernández dijo...

Noraboa, rapaz.
Lembrádevos da lección de Novoneyra: "o galegués é a lingua da non-patria".
Xa ves que este ano nen montaron os do Bloque pontevedrés o esparate do Día das Letras Galegas, porque Uxío comprendera, xa daquela, que eles eran os verdadeiros nemigos do país, da súa lingua, da fala viva.