viernes, 13 de agosto de 2010

Falo de alguén, que ninguén se dea por aludido...

Non pasan os días sen que nos poidamos preguntar polas consecuencias das nosas decisións, a razón das nosas vidas ou porqué camiño debemos trazar camiñar.

Posiblemente, nada teña resposta máis aló do que verdadeiramente sintamos no noso foro interno, mais tampouco hai porque claudicar en tomar calquera postura ante unha decisión.

As respostas mal reflexionadas, deixadas irse por ilusións de trotamundos, sinxelamente non teñen máis resultados que o de non poder deter a tempo o que no seu momento, posiblemente, fora o mellor proceder.

Sen ningunha lóxica, as sentencias das nosas decisións só poden estar condenadas ao fracaso e á colisión frontal co noso "e se...tomara a outra decisión"

Cando escoitas as indicacións e advertencias dos que recoñeces que che aprecian, non é que deban producir nun mesmo a sensación "de agora quedeime máis indeciso", senón que valoras o que realmente unha opinión dentro da subxectividade poida chegar a ser obxectiva.

Xeralmente, moitas das nosas decisións na vida marcarán o devir do noso futuro máis inmediato con apreciación de continuidade.

Seremos cautos, aínda que non son suxeito de dicir calquera cousa á realización dunha ilusión que me foi transmitida pola mera e sinxela visualización do cumprimento do deber e o traballo responsable sen solicitar nada a cambio.

Pero bueno, é noite, xa me empeza a entrar o sono...

No hay comentarios: